Dragon Ball Z Kai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dragon Ball Kai»)

Dragon Ball Z Kai
FormatoAventuras, Acción, Comedia, Drama, Shōnen
Creado porAkira Toriyama
IntérpretesAnimación
País de orixe Xapón
Episodios98
Produción
Duración24'x Cap.
DistribuidorToei Animation, Arait Multimedia
Emisión orixinal
Canle de orixeFuji TV
Formato de imaxe4:3 (DVD) / 16:9 (TV)
Primeira emisión5 de abril do 2009
Derradeira emisión27 de marzo do 2011
Na rede
http://www.toei-anim.co.jp/tv/dragon_kai/
IMDB: tt1409055 Filmaffinity: 867241 Allocine: 5554 Rottentomatoes: tv/dragonball_z_kai Metacritic: tv/dragon-ball-kai Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dragon Ball Kai (ドラゴンボール 改 Doragon Bōru Kai?, Dragon Ball Kai) é un anime que pretende ser máis fiel ó manga Dragon Ball de Akira Toriyama, tendo como base a serie Dragon Ball Z, para celebrar o vixésimo aniversario da serie (Dragon Ball Z naceu o 26 de abril do 1989).

Sinopse[editar | editar a fonte]

Dragón Ball Z Kai comeza cinco anos máis tarde que de Dragon Ball, despois do matrimonio de Son Goku e mais Chichi. Raditz, un misterioso guerreiro do espazo, chega á Terra para atopar ao seu irmán, Son Goku. Foi así como é que Son Goku se decatou que vén sendo dun planeta de Saiáns, que foi derruído, e que só ficaron catro superviventes.

En base a este fío argumental, terán lugar as contendas entre os amigos de Son Goku e os distintos inimigos que ameazan o destino da Terra e do universo: androides, Saiáns e criaturas supremas.

Concepto e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A Toei Animation decidiu reconstruír, a través dunha segunda montaxe, e remasterizando Dragon Ball Z unha nova versión. A isto chamáronlle Kai, que segundo co kanji 改 significa "cambio", "actualización", "curtar", é máis curta pola redución dos episodios, que se benefician dunha imaxe e son en HD, en contra da censura que posúe.

No Xapón, a serie saíu ó ar o 5 de abril do 2009, finalizando o 27 de marzo do 2011, racionando un episodio por semana na televisión Fuji.

En Galiza, a serie emítese na tvG2 baixo o título de Dragon Ball Z Kai dende o 12 de decembro do 2011, de luns a venres no espazo Xabarín Club redifusionando os capítulos polas mañás, polas tardes e na madrugada. Nas mañás dos sábados e domingos redifusiónanse os capítulos da semana.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

Son Goku

Artigo principal: Son Goku.

É un dos máis fortes guerreiros da Terra e a protexe de malvados que queren danar o seu planeta natal de adopción. Goku é descrito como despreocupado e inocente, pero é rápido ó aprender novas técnicas na loita. Como outros personaxes da serie, Goku ten a habilidade de concentrar o seu chi para empregar varios ataques de enerxía, sendo o máis destacado a súa Onda Vital, un ataque que lanza unha onda de enerxía azul das súas mans.

Vexeta

Artigo principal: Vexeta.

Orgulloso e soberbio, viuse inmerso nunha continua disputa con Son Goku. Sempre emprega forza letal, ata cos mesmos guerreiros Z. É o primeiro grande inimigo en Dragon Ball Z, ao pertencer á raza dos Saiáns. Despois dos acontecementos posteriores á saga de Freezer, convértese no antiheroe máis destacado da serie, casa con Bulma e teñen un fillo chamado Toranks.

Son Gohanda

Artigo principal: Son Gohanda.

Fillo de Son Goku e de Chichi, unha humana. Vive nunha pequena casa co seu pai, súa nai e seu avó. Foi adestrado ós catro anos por Piccoro ó que considera o seu mestre e mentor.

Toranks

Artigo principal: Toranks.

Fillo de Vexeta e de Bulma. Viaxa do futuro para advertir a Goku sobre os androides malignos que mataran nun futuro alternativo a Goku e ós seus amigos e consegue salvalos. Toranks é amábel e honrado, ó contrario que o seu pai.

Krilín

Artigo principal: Krilín.

É o mellor amigo de Son Goku. Morre a mans de Freezer no planeta Namek, ae despois no futuro alternativo de Toranks causado polos Androides C-17 e C-18.

Piccoro

Artigo principal: Piccoro.

Xurdiu tras separarse de Kamisama, e se un dos dous morre, o outro tamén. Odia ó seu alter ego, aínda que é moito máis forte e menos malvado que o seu pai, en parte debido ó seu adestramento con Son Gohanda.

Secundarios[editar | editar a fonte]

Chichí

Artigo principal: Chichi.

É a nai de Son Gohanda e a muller de Son Goku. Sempre vela pola seguridade dos dous e desexa que Son Gohanda sexa un home de proveito na vida.

Mestre Mutenroi

Artigo principal: Mestre Mutenroi.

Foi o mestre de Son Goku e Krilín. É un home intelixente, creador da famosa técnica Onda Vital.

Kamisama

Artigo principal: Kamisama.

Deus da Terra. Para lograr converterse en Kamisama tivo que expulsar toda a súa maldade, desta forma xurdiu Piccoro. Se un dos dous morría, o outro tamén. Ademais, Kamisama é o creador das Bólas do Dragón. Adestrará a tódolos guerreiros que cheguen ata o seu Templo.

Bulma

Artigo principal: Bulma.

É unha rapaza que carece de habilidade para o combate pero a súa intelixencia é moi superior a dun ser humano normal, sendo ela a creadora de moitos inventos.

Inimigos[editar | editar a fonte]

Os Saiáns

Artigo principal: Guerreiros do espazo.

Son a raza de guerreiros pertencentes ó universo de Dragon Ball que habitaron o Planeta Vexeta antes da súa destrución a mans do vilán Freezer, quen os mantivo baixo o seu mando. Porén, o seu maior temor era que fóra certa a Lenda do Super Guerreiro. E cando se decatou de que Barduck (O pai de Son Goku) estaba incrementando o seu poder decidiu por seguridade, destruír o Planeta Vexeta. Os poucos superviventes acaban traballando baixo as ordes de Freezer, cando toman contacto con Son Goku e con toda a historia do seu pasado.

Freezer

Artigo principal: Freezer.

Foi o culpable pola destrución do Planeta Vexeta e tamén pola exterminación dos Saiyains pois, temía que de entre eles xurdise o Lendario Súper Saiyán. Na procura das bólas máxicas de Namek, Freezer afrontase con Son Goku e os seus amigos, mais ceiba a carraxe deste ó matar a Krilín, creando o seu peor pesadelo. Con todo, Son Goku déixao vivo e retorna na Saga de Célula, onde é morto por Toranks.

Os Androides

Artigo principal: Androides (Dragon Ball).

Teñen aspecto semellante ós humanos, pero son considerablemente máis poderosos. Foron creados polo Doutor Guero, unha persoa que se viu prexudicada no pasado por Son Goku. Están mesmo ó nivel de habilidade que un saián. As creacións do Doutor Guero pódense separar en dous tipos: Primeiro os Androides, C-16, C-19 e C-20, este último controlado polo cerebro do mesmo doutor; e os chamados bioandroides, C-17 e C-18, que en realidade son cyborgs e Célula.

Célula

Artigo principal: Célula (Dragon Ball).

Célula foi creado para absorber os androides e así se tornar nun ser perfecto. Célula é constituído de células de Son Goku e os seus amigos e mais de Freezer, podendo así utilizar a Onda Vital. El atinxe a súa meta ó superar o seu nivel perfecto e consegue matar a Son Goku e mais a Toranks, mais é destruído pola Onda Vital de Son Gohanda.

Lista de episodios[editar | editar a fonte]

Dobraxe[editar | editar a fonte]

Personaxe Actor de dobraxe
Galicia
Actor orixinal
(Seiyū)
Narrador Daniel Lema Jôji Yanami
Son Gohanda (avó) Xoán Carballido Shigeru Chiba
Son Goku Antón Rubal Masako Nozawa
Son Gohanda Antía Álvarez Jiménez Masako Nozawa
Chichi Teresa Santamaría Naoko Watanabe
Piccoro Coté Sansegundo Toshio Furukawa
Bulma Ana Lemos Hiromi Tsuru
Krilín Óscar Fernández Mayumi Tanaka
Mestre Mutenroi Gonzalo Rei Chao Masaharu Satō
Vexeta Suso Álvarez Ryō Horikawa
Raditz Xoán Diéguez Shigeru Chiba
Bardock Damián Cortés Masako Nozawa
Nappa Matías Brea Tetsu Inada
Rei Enma Daio Xoán Carballido Daisuke Gōri
Yamcha Damián Cortés Toru Furuya
Ten Shin Han Julio Lorenzo Hirotaka Suzuoki
Chaoz Alfonso Agra Hiroko Emori
Chaoz Beatriz Bravo (Subst.) Hiroko Emori
Yajirobe Norberto Vilanova Mayumi Tanaka
Oolong Antía Álvarez Jiménez Naoki Tatsuta
Puar Caterina Martínez Naoko Watanabe
Baba a vedoira Antía Álvarez Jiménez Mayumi Tanaka
Kamisama (Deus) Alfonso Agra Takeshi Aono
Kamisama (Deus) Xoán Carballido (Subst.) Takeshi Aono
Kamisama (Deus) Alfonso Agra Bin Shimada (Ep.66)
Señor Popo Xoán Carballido Yasuhiko Kawazu
Karín Antía Álvarez Jiménez Ichirō Nagai
Ox (Gyumao) Norberto Vilanova Daisuke Gōri
Ox (Gyumao) Norberto Vilanova Ryūzaburō Ōtomo (Subst.)
Kaiō do norte Norberto Vilanova Jôji Yanami
Kaiō do norte Xosé Tanas (Ep.86) Jôji Yanami
Gregory Daniel Lema Yûsuke Numata
Dr. Brief Xoán Carballido Jôji Yanami
Nai de Bulma Cristina Aldrey Yôko Kawanami
Nai de Bulma Antía Álvarez Jiménez (Subst.) Yôko Kawanami
Freezer Alfonso Agra Ryūsei Nakao
Dodoria Xoán Diéguez Yukitoshi Hori
Cui Damián Cortés Naoki Imamura
Zarbon Julio Lorenzo Hiroaki Miura
Ancián Muri Iñaki Baliño Ryôichi Tanaka
Ancián Muri Julio Lorenzo (Subst.) Ryôichi Tanaka
Ancián Muri Xoán Carballido (Ep.86) Ryôichi Tanaka
Dende Ruth Pazos Tomiko Suzuki
Nail Norberto Vilanova Mori Katsuji
Grande Ancián Xoán Carballido Junpei Takiguchi
Ginyu Daniel Lema Hideyuki Hori
Jeice Damián Cortes Daisuke Kishio
Recoome Xosé Tanas Kenji Utsumi
Burter Julio Lorenzo Yukimasa Kishino
Guldo Iñaki Baliño Yasuhiro Takato
Toranks Iñaki Baliño Takeshi Kusao
Rei Cold Xoán Diéguez Ryūzaburō Ōtomo
Doutor Guero (C-20) Xoán Diéguez Kouji Yada
C-19 Xosé Tanas Yukitoshi Hori
C-17 Daniel Lema Shigeru Nakahara
C-18 Susana Sampedro Miki Itō
C-16 Xosé Tanas Hikaru Midorikawa
Célula Norberto Vilanova Norio Wakamoto
Señor Satán Matías Brea Daisuke Gōri
Locutor do Torneo de Célula Monti Castiñeiras Tamotsu Nishiwaki
Pizza Maika Aguado Kumiko Nishihara
Macarroni Alfonso Agra Kazunari Tanaka
Tortelini Xosé Ramón Lojo Hisao Egawa

Música de Dragon Ball Z Kai[editar | editar a fonte]

Para interpretar os diferentes temas do anime os responsábeis da serie contrataron a diferentes grupos de pop xaponés moi aclamados no seu país. Estes son os temas na súa versión galega[2] e os capítulos nos que soan:

Inicio[editar | editar a fonte]

  • 1. "Alma de Dragón" [Dragon Soul] de Takayoshi Tanimoto. (Eps. 1-98).

"Vamos sempre afortunados,
atopalo ha ser doado.
Un paraíso hai,
e o noso espírito vaise liberar!
..."

Final[editar | editar a fonte]

  • 1. "Si! Escáchao! Coidado! Escáchao!" [Yeah! Break! Care! Break!] de Takayoshi Tanimoto. (Eps. 1-54).

"Ata o límite de todo o meu poder,
vou voando ata o ceo infinito irei.
A forza intensa do meu corazón,
non se detén e sente a emoción.
..."

  • 2. "Ás do corazón" [Kokoro no Hane] de AKB48. (Eps. 55-98).
(Non hai versión galega deste tema).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "SDI Media Iberia S.L. (Santiago de Compostela)". Wiki A dobraxe en galego. Consultado o 2022-06-12. 
  2. Debido ás restricións do copyright e a incompatibilidade coa licenza da Wikipedia só se presenta, como cita, o comezo do texto de cada canción.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]