C-19

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

C-19 (人造人間 19号 Jinzō'ningen Jū-kyū gō?) é un personaxe do manga e anime Dragon Ball. Foi creado polo Doutor Guero para acabar principalmente con Son Goku. A chegada dos Guerreiros Z non lle supuxo un problema xa que derrotou a Goku con relativa facilidade, xa que este sufrira dunha doenza cardíaca.

Cando Goku sufriu a enfermidade da que lle avisou o Toranks do futuro e quedou fóra de combate, apareceu Vexeta transformado en Super Guerreiro. C-19 pediulle ó Doutor Guero enfrontarse a este.

Durante a batalla Vexeta deixouse agarrar para saber por onde absorbían a enerxía, cando descubriu que a absorbía pola palma da man, arrincoullas e esmagounas co pé. Cheo de desesperación, C-19 intentou fuxir, pero unha bóla de enerxía de Vexeta destruíuno finalmente.

En Dragon Ball GT logra fuxir do inferno xunto a outros, e aparece destruíndo unha cidade. Son Goten e Toranks destrúeno de novo coa mesma enerxía coa que o derrotou Vexeta, sendo enviado de novo ó inferno.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]