Raditz
Raditz | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Guerreiros do espazo, personaxe de anime e personaxe de manga ![]() |
Obra | |
Primeira aparición | Dragon Ball Z: Saga Raditz ![]() |
Presente na obra
| |
Universo ficticio | universo de Dragon Ball ![]() |
Franquía | Dragon Ball ![]() |
Biografía | |
Circunstancias morte | homicidio ![]() |
Asasinado por | Piccoro ![]() |
Sexo | home ![]() |
Familia | |
Nai | Gine ![]() |
Pai | Barduck ![]() |
Irmá/n | Son Goku ![]() |
[ Wikidata ] |
Raditz (ラディッツ Radittsu?) é un personaxe de ficción do manga e anime Dragon Ball Z. É un guerreiro do espazo. É o irmán máis vello de Son Goku e o primeiro fillo de Barduck e Gine. O seu nome provén dunha deformación do inglés Radish (ラディッシュ Radisshu?, Ravo).
Características
[editar | editar a fonte]Como todos os guerreiro do espazo, ten un físico notable, cabelo negro longo e rabo, como tódolos da súa raza. Tamén é quen de transformarse en Ōzaru coa lúa chea e emprega un dispositivo (Scouter) para detectar o potencial enerxético dos seus inimigos.
Descoñécese a idade exacta de Raditz, pero debeu vivir o tempo abondo como para coñecer os costumes dos guerreiros do espazo en profundidade. Debeu coñecer a seu pai, Barduck, e probablemente tamén ó seu irmán Kakarot (Son Goku) ó pouco de nacer. Normalmente, acéptase que a súa idade é máis avanzada que a de Vexeta e que non foi eliminado por Freezer ben por un simple descoido, ben por non ter un poder o suficientemente grande como para ser considerado como unha ameaza a longo prazo.