Kaiō do norte
| Kaiō do norte | |
|---|---|
| Obra | |
|
Presente na obra
| |
|
Universo ficticio
| |
|
Franquía
| |
|
Actor de dobraxe
| |
| Biografía | |
|
Data de falecemento
| |
|
Sexo
| |
| Actividade | |
|
Docente de
| |
| Wikidata |
Kaiō do norte (北の界王 Kita no Kaiō?) é un personaxe de Dragon Ball. Tamén chamado Kaiō-sama ou Kaito, é o encargado do goberno da parte norte da Galaxia, onde se atopa a Terra. É un ser azul, con antenas, que vive xunto co seu mono (Bubbles) e o seu lucecú (Gregory) no Planeta Kaiō. Adestra a calquera que chegue ó seu planeta tras atravesar o Camiño da Serpe.
Ó comezo do adestramento Goku debe atrapar a Bubbles e golpear a Gregory para que se acostume á gravidade do planeta, aproximadamente 97.8 m/s², 10 veces a gravidade da Terra. Foi o creador das técnicas Genkidama e Kaiō Ken, aínda que nunca as puido poñer en práctica ensinoullas a Son Goku no tempo que estivo adestrando con el, quen si logrou dominalas.
Ten a capacidade de observar todo o que ocorre no seu territorio, a galaxia do norte, grazas ás súas poderosas antenas, coas que tamén pode comunicarse telepáticamente.
Kaiō Sama morreu, xunto a Bubbles, Goku e Gregory cando Goku levou a Célula ó seu planeta usando un transportación instantánea. Ó chegar alí Célula explotou destruíndo o planeta.