Son Goku
| Son Goku | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Papel
| |||||||||
|
Tipo personaxe
| |||||||||
|
Parte de
| |||||||||
| Obra | |||||||||
|
Primeira aparición
| |||||||||
|
Universo ficticio
| |||||||||
|
Franquía
| |||||||||
|
Creador/a
| |||||||||
|
Inspirado en
| |||||||||
|
Interpretado por
| |||||||||
|
Actor de dobraxe
| |||||||||
| Biografía | |||||||||
|
Lugar de nacemento
| |||||||||
|
Asasinado por
| |||||||||
|
Grupo étnico
| |||||||||
|
Sexo
| |||||||||
|
Personalidade
| |||||||||
|
Cor do pelo
| |||||||||
| Actividade | |||||||||
|
Residencia
| |||||||||
|
Membro de
| |||||||||
| Familia | |||||||||
|
Nai
| |||||||||
|
Pai
| |||||||||
|
Cónxuxe
| |||||||||
|
Irmá/n
| |||||||||
|
Fillo/a
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Son Goku (孫 悟空 Son Gokū?, tamén chamado Goku) é un personaxe de ficción e o principal protagonista da franquía Dragon Ball creada por Akira Toriyama. Baséase en Sun Wukong, o personaxe central de Viaxe ó Oeste, mais Toriyama cambiou moitas das súas características para que fose máis orixinal. Goku é introducido como un estraño neno con rabo de mono que practica artes marciais e posúe unha forza sobre-humana.[1] Aínda que inicialmente se pensaba que era terráqueo, despois revélase que Son Goku é parte dunha raza guerreira extraterrestre coñecida como os Guerreiros do espazo,[2] e que naceu no Planeta Vexeta. O seu nome de Guerreiro do espazo, Kakarotto ou Kakarot (カカロット?), provén da deformación do inglés Carrot (キャロット Kyarotto?, cenoria).
Dragon Ball segue a Goku mentres adestra en varias artes marciais e procura por todo o planeta as Bólas do Dragón. A través das súas aventuras atopa moitos outros personaxes que comparten obxectivos semellantes, como Bulma que viaxa con el para atopalas Bólas do Dragón. Cando Goku medra, el xa é un dos máis fortes guerreiros da Terra e protéxea de malvados que queren danar o seu planeta de adopción. Son Goku é descrito como despreocupado e inocente, mais é rápido ó aprender novas técnicas na loita. Como outros personaxes da serie, Son Goku ten a habilidade de concentrar o seu chi para empregar varios ataques de enerxía, sendo o máis destacado a súa Onda Vital, un ataque que lanza unha onda de enerxía azul das súas mans.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Toriyama, Akira (15 de setembro de 1985). "1 ブルマと孫悟空". 孫悟空と仲間たち. Dragon Ball (en Japanese) 1. Shueisha. ISBN 1-56931-920-0.
- ↑ Toriyama, Akira (15 de maio de 1989). "197 孫悟空の過去!!". かつてない恐怖. Dragon Ball (en Japanese) 17. Shueisha. ISBN 1-56931-930-8.