Bulma
Bulma (ブルマ Buruma?) é un personaxe da serie de manga e anime Dragon Ball. É unha rapaza que inicia a busca das Bólas do Dragón no primeiro capítulo da serie xa que desexa atopar un mozo. O seu nome provén dunha deformación do inglés Bloomers (ブルマー burūmā?, braga). É a representación do personaxe Xuanzang da lenda chinesa Viaxe ó Oeste.
Ana Lemos ponlle voz na dobraxe galega da serie.
Características[editar | editar a fonte]
Bulma é o primeiro personaxe de Dragon Ball co que ten contacto Son Goku na súa busca das sete Bólas do Dragón para pedir un desexo. A súa aparencia e a dunha rapaza con cabelo celeste (cor lila no manga), que ó comezo da serie ten 16 anos, é filla do Doutor Brief, un afamado científico fundador da Capsule Corporation e creador das famosas cápsulas Hoi-Poi. Vai en busca das bólas de dragón provista de todo tipo de vehículos e artefactos tecnolóxicos sumamente útiles. Aínda que carece de habilidade para o combate, a súa intelixencia é moi superior a dun ser humano normal, sendo ela a creadora de moitos inventos, como por exemplo o Radar que indica con precisión, a localización das bólas de dragón