Piccoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Piccoro (ピッコロ Pikkoro?) é un personaxe de ficción da serie de manga e anime Dragon Ball creada por Akira Toriyama. Piccoro aparece por vez primeira como reencarnación do malvado Piccoro Daimaō no capítulo #161 do manga, titulado 孫悟空勝つ!! (Son Gokū Katsu!!?), publicado o 22 de febreiro de 1988. É un demo inimigo do protagonista Son Goku. Porén, máis tarde revélase que en realidade é membro dunha raza de alieníxenas chamados namekianos, que son os principais responsables da existencia das Bólas do Dragón. Despois de que Son Goku o derrotase, Piccoro únese a el e ós seus amigos para poder derrotar a outros inimigos poderosos. É o adestrador do primeiro fillo de Son Goku, Son Gohanda, co cal está moi unido.

Xurdiu tras separarse de Kamisama, e se un dos dous morre, o outro tamén. Odia ó seu alter ego, aínda que é moito máis forte e menos malvado que o seu pai, en parte debido ó seu adestramento con Son Gohanda. Ó final chega a converterse no Namekiano máis poderoso da historia, cun poder (en Dragon Ball GT) moi superior mesmo ó de Célula perfecto, e nun dos máis poderosos Guerreiros Z só por debaixo de Goku, Vexeta e de Oob aínda que no último capítulo pódese observar que aumentou o seu nivel a límites incribles dende a súa estancia no inferno, chegando a superar a moitos dos Guerreiros do espazo. É ademais o personaxe favorito do mesmo Toriyama.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]