Freezer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Freezer (フリーザ Furīza?) é un personaxe do universo de Dragon Ball creado por Akira Toriyama, que aparece primeiro no manga e despois na súa adaptación ó anime en Dragon Ball Z. Freezer tamén aparece no especial de televisión O pai de Goku, en dous filmes de Dragon Ball Z, en The Plan to Eradicate the Saiyans e en Dragon Ball GT.

Freezer é membro dunha raza descoñecida que se pode transformar en formas con menor poder (que son as que empregan acotío para manter o seu poder oculto e controlar a súa forza). Outra das súas características é que pode vivir flotando no espazo exterior, sen necesidade de respirar. O seu nome provén dunha deformación do inglés freezer (フリーザー furiizaa, conxelador), que tería relación co nome do seu pai, do seu irmán e o do seu fillo.

Curiosamente, mentres que os seus homes viaxan voando, el prefire facelo nunha máquina, aínda que tamén ten a habilidade de facelo. Freezer é un guerreiro que conxuntamente con seu pai e irmán, quere conquistar todo o universo. Por este motivo, coa súa impresionante forza e poder, reuniu un devastador exército para conquistalo. Non lle importa matar e torturar á xente de todo o universo para poder conseguir os seus malvados desexos de conquista. É considerado como o primeiro grande inimigo de Son Goku, seguido de Célula e o Majin Boo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]