Dragon Ball Super
Dragon Ball Super | |
---|---|
![]() | |
Tipo | serie de televisión de anime ![]() |
Xénero artístico | anime e manga de acción, anime e manga de aventuras, anime e manga fantástico e anime e manga de ciencia ficción ![]() |
Lingua orixinal | lingua xaponesa ![]() |
Franquía | Dragon Ball ![]() |
Autoría | |
Creador/a | Akira Toriyama e Toyotarō ![]() |
Temática | |
Ambientado en | Terra (Dragon Ball) ![]() |
Narrador/a | Enric Isasi-Isasmendi (en) ![]() ![]() |
Obra derivada
| |
Publicación | |
País orixe | Xapón ![]() |
Compañía produtora | Toei Animation ![]() |
Distribuidor/a | Netflix, Crunchyroll e Hulu ![]() |
Emisora orixinal | Fuji Television ![]() |
Formato de distribución | vídeo baixo demanda ![]() |
Datas | |
Comezo | 5 de xullo de 2015 ![]() |
Remate | 25 de marzo de 2018 ![]() |
Cronoloxía | |
Dimensións | |
Episodios | 131 ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | dragonballsuperofficial.com ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Dragon Ball Super (ドラゴンボール超(スーパー) Doragon Bōru Sūpā?) é un anime baseado no manga de Akira Toriyama. Estreouse o 5 de xullo de 2015 no Xapón, cunha duración de 25 minutos por episodio e con 100 capítulos previstos inicialmente.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A historia do anime desenvólvese seis meses despois da derrota de Majin Buu, cando a Terra se converteu unha vez máis nun lugar pacífico, e retrocontinuando cos acontecementos das películas Dragon Ball Z: A batalla dos deuses e Dragon Ball Z: A Resurrección de Freezer, ademais de contar a historia posterior a estes acontecementos.[2][3][4]
Lista de episodios
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Lista de episodios de Dragon Ball Super.
Produción
[editar | editar a fonte]18 anos despois do final de Dragon Ball GT, púxose en fase de produción Dragon Ball Super, unha nova serie de animación que continuará coas aventuras de Son Goku e demais personaxes da franquía. Segundo publica a páxina oficial, Toei Animation anunciou o que sería a nova saga Dragon Ball Super, un novo anime de Dragon Ball que se estreou en xullo do 2015. De acordo á páxina web, trátase dun proxecto orixinal, unha secuela de Dragon Ball Z, de mans de Akira Toriyama, autor da manga de Dragon Ball. O anime emítese cada domingo desde o 5 de xullo de 2015, ás 9 da mañá a través da canle Fuji TV, entre outros.
Despois do último filme de Dragon Ball Z, A resurrección de F, dirixido por Tadayoshi Yamamuro e que se estreou o 18 de abril de 2015 no Xapón, Osamu Nozaki, produtor de Fuji TV, engadiu que: «A medida que lía o guión que xa me pasou Akira Toriyama, os meus soños co proxecto comezaron a expandirse. Un inimigo mesmo máis forte que Buu ou Freezer pode aparecer».[cita requirida]
Akira Toriyama, creador da serie orixinal, participa no guión e deseño dos novos capítulos de Dragon Ball. Kimitoshi Chioka encárgase da dirección, mentres que Naoko Sagawa e Atsushi Kido, xunto a Osamu Nozaki establécense como produtores.[5]
O manga de Dragon Ball Super comezou a publicarse no mes de xuño de 2015 na revista xaponesa V Jump. Akira Toriyama acreditou que se utilizarán os conceptos e historias orixinais.[6]
Kazuya Yoshii encárgase do opening de Dragon Ball Super coa canción Chōzetsu☆Dynamic. Yukinojo Mori, coñecido por escribir a letra das cancións dalgunhas películas de Dragon Ball e da serie Dragon Ball Z Kai, é quen escribiu tamén a letra desta canción, O primeiro ending é Hello, Hello, Hello interpretado polo grupo Good Morning America, mentres que o segundo é Starring Star interpretado polo grupo Keytalk.[7]
O 14 de xuño de 2015, foi lanzado o primeiro teaser, de Dragon Ball Super, onde apareceron personaxes como o Kaiō Shin do leste, Piccoro, Son Gohanda, Señor Satán, Vexeta, Son Goten, Toranks, Son Goku, Bills, Wiss, Champa e Vaos no cal se mostrou que a serie non tería continuidade con Dragon Ball GT.[8]
A serie contará con, polo menos, 100 capítulos. da saga despois da última película[9]
Tadayoshi Yamamuro, director das películas, confirmou unha historia posterior ás películas, que incluirá aos personaxes Champa e Vados.[4][10][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Dragon Ball, la nueva serie, tendrá 100 capitulos.
- ↑ http://www.hobbyconsolas.com/noticias/dragon-ball-super-donde-encaja-cronologicamente-118140
- ↑ Dragon Ball Gets 1st New TV Anime in 18 Years in July Arquivado 04 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. animenewsnetwork.com.
- ↑ 4,0 4,1 mentions that Toriyama’s “original thing” will follow.
- ↑ Dragon Ball, la nueva serie, tendrá 200 capítulos lifeboxset.com.
- ↑ El manga de Dragon Ball Super acompañará al nuevo anime Arquivado 18 de agosto de 2015 en Wayback Machine. dragonball-super.org.
- ↑ Dragon Ball Super ya tiene opening y ending hobbyconsolas.com.
- ↑ Vea el primer adelanto de ‘Dragon Ball Super’ | El Heraldo elheraldo.co.
- ↑ DRAGON BALL SUPER CONFIRMA QUE TENDRÁ 100 EPISODIOS es.ign.com.
- ↑ Dragon Ball Super Manga Moves Ahead with Champa Material kanzenshuu.com
- ↑ Champa & Vados Voice Actors Revealed in “Dragon Ball Super” kanzenshuu.com