Akira Toriyama

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Akira Toriyama
Nome completo鳥山 明
Nacemento5 de abril de 1955 e 1955
Lugar de nacementoNagoia e Prefectura de Aichi
Falecemento1 de marzo de 2024
Causahematoma subdural agudo
NacionalidadeXapón
Alma máterOkoshi Technical High School
OcupaciónMangaka, artista de jogos eletrônicos, character design, director artístico, guionista, escritor, ilustrador, produtor de televisión e director de cinema
CónxuxeNachi Mikami
Coñecido porO doutor Slump e Arale, Dragon Ball, Dragon Ball Super, Dragon Quest, Chrono Trigger e Blue Dragon
PremiosShogakukan Manga Award, cabaleiro da orde das Artes e as Letras e sen etiquetar
Na rede
IMDB: nm0868066 Allocine: 92974 Rottentomatoes: celebrity/akira_toriyama Allmovie: p289428 Metacritic: person/akira-toriyama TV.com: people/akira-toriyama
Instagram: akira.toriyama iTunes: 721977069 Last fm: Akira+Toriyama Musicbrainz: 7b2cdd35-1f5b-47e3-a878-50fdc4352e8e Discogs: 1077906 WikiTree: 鳥山-1 Genius: Akira-toriyama Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Akira Toriyama (鳥山 明, 'monte de aves', 'luz'), nado en Nagoya (prefectura de Aichi) o 5 de abril de 1955 e finado o 1 de marzo de 2024,[1] foi un debuxante de manga e deseñador de personaxes xaponés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e comezos[editar | editar a fonte]

Dende neno amosou unha marcada aptitude para o debuxo. Malia a oposición dos pais, entrou en 1974 á Escola Superior Industrial de Aichi para estudar deseño gráfico. Un ano despois saíu da universidade para se dedicar a debuxar manga.

A súa vida de debuxante de manga comezou cunha publicación na revista semanal Shōnen Jump de Shueisha. Máis tarde crearía moitas historias que tamén serían publicadas nesa revista e, posteriormente, recollidas en tomos.

Popularidade[editar | editar a fonte]

Grazas ós seus populares personaxes, Toriyama foi inmensamente popular no Xapón e no estranxeiro. Non obstante, malia o seu éxito, seguiu a vivir en Aichi e, aínda que non estaba apartado da vida pública da súa cidade, a súa fama deulle algúns problemas, por exemplo, cando había rumores de que faría algunha aparición en Toquio, a oficina de gobernación preocupábase porque polo xeral multitudes de admiradores se ateigaban preto da súa casa para observalo saír e, incluso, acompañalo en caravana ata o aeroporto. Este fenómeno di moito sobre a popularidade do Sr. Toriyama.

Malia a súa fama, en xeral, a Toriyama non lle gustaba a exposición nos medios de comunicación colectiva, foron moi raras as ocasións nas que algún xornalista conseguiu facerlle unha entrevista ou sacarlle unha foto para un xornal.

Pasamento[editar | editar a fonte]

O 8 de marzo de 2024, BIRD STUDIO e CAPSULE CORPORATION TOKYO anunciaron o pasamento de Akira Toriyama o día 1 de marzo debido a unha hemorraxia subdural aguda. Toriyama faleceu aos 68 anos de idade.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Debutou coma debuxante en 1978 coa historia Wonder Island, que foi publicada na revista semanal Shōnen Jump. A partir deste intre, creou unha serie de historias curtas, Tomato e Today's Highlight Island, todas tiveron unha moderada aceptación entre os admiradores e grazas a isto o autor tivo a posibilidade de realiza-la súa primeira serie. Moi lonxe estaba aínda Toriyama de imaxina-lo futuro que tiña por diante no mundo dos medios de comunicación.

Manga e anime[editar | editar a fonte]

O primeiro éxito: Dr. Slump[editar | editar a fonte]

O salto á fama chegou co Dr. Slump, que se publicou na mesma citada revista entre 1980 e 1984. Grazas a ela recibiu en 1981 o Premio de Manga outorgado pola editorial Shogakukan. A aceptación do manga foi masiva e, menos dun ano despois da súa aparición, o 8 de abril de 1981, estreouse o primeiro episodio da serie de animación. En total, recopiláronse 18 volumes de manga (40 en España, publicados por Planeta) e a serie de televisión superou os 240 episodios, chegando ó seu remate o 19 de febreiro de 1986. O Dr. Slump conta as aventuras absurdas do profesor Senbee Norimaki, da súa creación, un robot con forma de cativa de 10 anos chamada "Arale", e dos demais habitantes dun lugar moi estraño chamado Vila Pingüín.

Tocando o ceo con Dragon Ball[editar | editar a fonte]

A serie que faría famoso a Akira Toriyama dentro e fóra do Xapón, ó punto de chegar a se-lo debuxante de manga máis coñecido do mundo, foi Dragon Ball. Toriyama escribira unha historia curta chamada Dragon Boy, antes de escribilo Dr. Slump, pois Dragon Ball é a reelaboración de Dragon Boy e o seu argumento consiste nas aventuras de Son Goku e os seus amigos, no medio da procura das sete bólas máxicas que coa súa unión pódese invoca-la presenza do dragón Shenron, que pode conceder un desexo. A fórmula de buscar bólas, enfrontar perigos e, irse superando a un mesmo, repítese insaciablemente ó longo de tódolos tomos.

Máis aló da magnífica aceptación alcanzada coa publicación do manga, o verdadeiro éxito véu cando as historias do Dr. Slump, e Dragon Ball se converteron en anime. Estas alcanzaron un enorme nivel de audiencia. Particularmente Dragon Ball, que xerou unha cantidade masiva de roupa, videoxogos e todo tipo de xoguetes facendo alusión ós personaxes, tanto heroes coma viláns. Tan grande foi o éxito da serie que incluso se volveu popular fóra do Xapón, de xeito que en practicamente tódolos países americanos se transmitiu e obtivo os maiores niveis de audiencia; non tardou Dragon Ball en se converter nun fenómeno cultural, por exemplo, frases como teño que aumenta-lo meu ki fixéronse moi populares durante os anos 90, facendo alusión a diálogos ou situacións da serie.

A serie animada de Dragon Ball Z (o nome que recibiu unha vez que Son Goku se fixo adulto) foi dobrada ó galego, catalán, éuscaro, castelán, inglés, francés, italiano, portugués e a lista segue. A serie elaborada pola compañía Shueisha concluíu en 1996 e ata ese ano foi transmitida de 7.00 p.m a 7.30 p.m pola cadea Fuji Telecasting, do Xapón.

Despois de Dragon Ball, ¿que?[editar | editar a fonte]

Nese mesmo ano de 1996, a compañía rival de Shueisha, Toei tentou continuar coa historia, pero Toriyama negouse a producir máis manga de Dragon Ball, polo que se limitou a lle dar permiso á compañía para facer unha serie coma continuación de Dragon Ball Z, na que el se limitaría a se-lo asesor e a deseñar de xeito básico os personaxes. Así comezou Dragon Ball GT, que non gozou do mesmo éxito das series anteriores (Dragon Ball e Dragon Ball Z).

Os traballos que realizou Toriyama despois de Dragon Ball foron historias curtas (de entre 100 e 200 páxinas), entre as que se atopan Cowa!, Kajika e Sandland, e algunhas historias dunha soa entrega, coma as de Neko Majin.

En xeral, dende que rematara o manga Dragon Ball, Toriyama non foi quen de crear unha historia de igual repercusión. Máis ben, estivéronse editando recompilacións do seu antigo traballo, no que se coñece coma o Taller de teatro de Akira Toriyama. Algúns afirman que Toriyama está a se dar un longo descanso antes de sacar unha historia xenial que o absorberá por outros dez anos, coma Dragon Ball, outros sosteñen que, simplemente, a súa veta creativa chegou ó final e aportan como proba que os seus traballos máis recentes non gozaron de éxito comercial e que algúns deles, notablemente as historias de Neko Majin, non son outra cousa que parodias nas que apenas se respira a pasada gloria de Dragon Ball.

Videoxogos[editar | editar a fonte]

A sensibilidade de Toriyama coma deseñador e os seus trazos limpos levárono a traballar no deseño dos personaxes e algúns monstros de varios videoxogos. De xeito, particular, na popular serie Dragon Quest (coñecida coma Dragon Warrior fóra do Xapón, por mor de que no Occidente a frase Dragon Quest é propiedade intelectual de Dungeons & Dragons). Tamén foi o deseñador dos personaxes do xogo de rol Chrono Trigger de Super Nintendo e de Super Famicom e o popular xogo de pelexas Tobal No. 1 de PlayStation e tamén da súa secuela Tobal No. 2, que só foi editada no Xapón.

Lista de traballos[editar | editar a fonte]

Manga[editar | editar a fonte]

Deseño de personaxes de videoxogos[editar | editar a fonte]

Programas de televisión[editar | editar a fonte]

  • Apple pop, a secuencia de inicio (o opening) do programa infantil ポンキッキ ("Pon Kick")

Outros[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ricardo Suárez (8 de marzo de 2024). "O creador de Arale e Dragon Ball, Akira Toriyama, morreu aos 68 anos". Nós Diario. 
  2. "[Information ; Dear Friends and Partners]". SITIO OFICIAL DE DRAGON BALL (en inglés e castelán). Consultado o 2024-03-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]