Yajirobe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yajirobe (ヤジロベー Yajirobē?) é un personaxe do manga e anime Dragon Ball. Adoita pelexar cunha catana. Poderíase considerar un personaxe agregado á serie para que a aventura de Son Goku non se convertese nun monólogo trala morte do seu amigo Krilín. Aparece por primeira vez na saga de Piccoro Daimaō cando Gokū, estando moi famento, come un enorme pescado que Yajirobe estaba cociñando. Durante a discusión posterior a ese incidente chega Cymbal para conseguir a bóla máxica que Yajirobe tiña. Tras unha breve pelexa na que Yajirobe elimina a Cymbal cortándoo e coméndoo, Yajirobe convértese no novo compañeiro de Gokū debido á gran cantidade de comida que este lle prometeu.

Participa no 23º Tenkaichi Budōkai cunha máscara, pero cando esta a piques de se clasificar á fase estelar é derrotado por Kamisama disfrazado de terráqueo.

En Dragon Ball Z, é considerado un guerreiro Z, se ben Kamisama o recruta para adestrar no Templo de Kamisama xunto a Ten Shin Han, Krilín, Yamcha e Chaoz antes da chegada de Vexeta e Nappa á Terra, finalmente decide non participar directamente na loita. Aínda así tivo un papel relevante na loita de Son Goku contra Vexeta, ó cortarlle a cola coa súa espada cando estaba transformado en Ōzaru.

Despois diso a súa participación reduciuse a ser un personaxe secundario e espectador, quedando a vivir na Torre de Karín e levándolle os feixóns máxicos a Goku e ós demais.

No futuro[editar | editar a fonte]

Yajirobe vive exactamente igual ata a chegada de Freezer e o Rei Cold. Neste futuro tampouco vai xunto ós demais a combatelos, porén no Futuro alternativo, Toranks non nacera aínda, e polo tanto non puido ir a salvalos. Son Goku foi quen se encargou de derrotalos grazas á técnica de Transportación coa cal puido chegar a tempo á Terra. Despois disto Yajirobe seguiría na Torre de Karin tranquilamente como no tempo de Dragon Ball e sen saber nada sobre os androides, ó igual que os outros guerreiros Z. Tras isto Yajirobe volvería a reunirse con todos pola morte de Son Goku por unha enfermidade do corazón, e uns anos despois aparecerían dous androides (o C-17 do futuro e a C-18 do futuro) completamente distintos, que non son tan fortes como no tempo de Dragon Ball, pero a súa misión non era a morte de Son Goku, senón causar caos e destrución. Yajirobe combatería a estes androides xunto ós demais, pero morreu ó terceiro ano de loita.

Esta é a historia do filme: Un futuro diferente

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]