A batalla dos deuses
| A batalla dos deuses | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
A batalla dos deuses (ドラゴンボールZ 神と神 Doragon Bōru Zetto: Kami to Kami?), é o 18ª filme baseado na serie de manga e anime Dragon Ball, e o 14ª da etapa Dragon Ball Z, foi estreado no Xapón o 30 de marzo de 2013. É o primeiro filme de Dragon Ball en 17 anos que se estrea nos cines, sendo o anterior O camiño cara ó máis forte estreado en 1996 co gallo do décimo aniversario. Ó contrario que outros filmes de Dragon Ball, esta foi unha produción longa duración e non como parte de Toei Anime Fair (antigamente Toei Manga Matsuri).
É o primeiro filme xaponés da historia estreado en IMAX Digital Theaters, e foi lanzado en Blu-ray e DVD o 13 de setembro de 2013. A batalla dos deuses foi o primeiro filme considerado como parte oficial do argumento de Dragon Ball, e está ambientado no tempo do capítulo 517 do manga orixinal. De feito, o creador do manga, Akira Toriyama, estivo moi involucrado no proxecto.[1] O argumento trata sobre Beerus, o deus da destrución, que aprende sobre a derrota de Freezer a mans de Son Goku. Vendo en Son Goku un opoñente á súa altura, Beerus, xunto co seu compañeiro Whis, viaxa á Galaxia Norte para retar a Son Goku a unha batalla.[2] A primeira historia arco de Dragon Ball Super, a nova serie da franquía Dragon Ball, volve contar os eventos de A batalla dos deuses. Algúns detalles foron alterados e algunhas escenas e diálogos foron engadidos para completar a trama arco de 14 episodios.
Foi estreado en galego o 12 de marzo de 2017 a través da tvG2.
Personaxes
[editar | editar a fonte]| Personaxe | Actor de dobraxe xaponés |
|---|---|
| Son Goku | Masako Nozawa |
| Vexeta | Ryō Horikawa |
| Son Gohanda | Masako Nozawa |
| Piccoro | Toshio Furukawa |
| Krilín | Mayumi Tanaka |
| Yamcha | Tōru Furuya |
| Ten Shin Han | Hikaru Midorikawa |
| Toranks | Takeshi Kusao |
| Son Goten | Masako Nozawa |
| Puar | Naoko Watanabe |
| Oolong | Naoki Tatsuta |
| Mestre Mutenroi | Masaharu Satō |
| Bulma | Hiromi Tsuru |
| Chichi | Naoko Watanabe |
| C-18 | Miki Itō |
| Señor Satán | Unshō Ishizuka |
| Majin Boo | Kōzō Shioya |
| Videl | Yuko Minaguchi |
| Dende | Aya Hirano |
| Pilaf | Shigeru Chiba |
| Shenron | Kenji Utsumi |
| Kaiō do norte | Jōji Yanami |
| Gotenks | Masako Nozawa Takeshi Kusao |
| Ox-King | Ryūzaburō Ōtomo |
| Mai | Eiko Yamada |
| Shu | Tesshō Genda |
| Doutor Briefs | Jōji Yanami |
| Nai de Bulma | Yoko Kawanami |
| Beerus | Kōichi Yamadera |
| Whis | Masakazu Morita |
| Yogen-gyo (Seer) | Shoko Nakagawa |
| Muller policía | Kaori Matsumoto |
| Chef de sushi | Shinichi Karube |
| Narrador | Jōji Yanami |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Anime News Network, ed. (14 de xullo de 2012). "New Dragon Ball Film Set Between 517th & 518th Manga Chapters". Consultado o 13 de novembro de 2012.
- ↑ Anime News Network, ed. (3 de decembro de 2012). "2013's Dragon Ball Z: Battle of Gods Film Story Outlined". Consultado o 9 de decembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A batalla dos deuses na IMDb (en inglés).