Anime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Wikipe-tan

O anime (アニメ, anime, en xaponés) é o nome co que se coñece a animación xaponesa. Sería algo como a extrapolación dos mangas (bandas deseñadas xaponesas) para as pantallas de televisión.

A palabra anime ten significados diferentes para os xaponeses e para os occidentais. Para os xaponeses, Anime é todo o que sexa deseño animado, sexa el estranxeiro ou nacional. Para os occidentais, Anime é todo o deseño animado que veña do Xapón.

No século XX destacou un modelo de estudio produtor de animes chamado Studio Ghibli, o cal foi responsábel de animes como "A Princesa Mononoke" e "Grave of the Fireflies", e tamén a TOEI, responsábel de animes como Sailor Moon, Saint Seiya ou Digimon, ou ou incluso creadores como Satoshi Tajiri, en Pokémon.

Son moi famosos os actores de dobraxe, coñecidos alí como seiyuu.

Características principiais[editar | editar a fonte]

Recoñécese pola variedade de xéneros e polo profundas que son as súas historias, pero sobre todo polo estilo artístico. É unha forma de arte expresamente comercial, e a maioría das series de anime está orientada a públicos moi concretos.

A animación do anime é moi particular, comparada coa occidental. Os estudios teñen preparado técnicas para reducir o esforzo en facer unha serie, tales como usar a mínima cantidade de fotogramas por segundo (8 fps), a repetición de escenarios, personaxes que se deslizan pola pantalla, diálogos que permiten animar unicamente as bocas dos falantes (animación limitada é o término técnico), deixando estático o resto...

Tipos de anime[editar | editar a fonte]

Pola orientación de audiencia:

kodomo (nenos) shôjo (rapazas) shônen (rapaces) seinen (adultos) josei (mulleres adultas)

Por xéneros (tamén serven para o manga):

Otros xéneros, paralelos ós occidentales son: aventuras, acción, ciencia-ficción, comedia, deportes, drama, fantasía, romance... E outros temas que se adoitan tratar, tales como colexiais, demos, artes marciais, maxia...

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]