A Universidade Antonio de Nebrija conta con dous campus. O da Dehesa de la Villa alberga o Centro de Estudos Hispánicos, a Nebrija Business School, a Escola Politécnica Superior Arquitectura, e varios programas da Escola de Posgrao. Atópase na cidade de Madrid.
No campus da Berzosa están situadas as facultades de Ciencias Sociais, de Ciencias da Comunicación e das Artes e as Letras. Sitúase en Hoyo de Manzanares, xunto a Torrelodones, lindando coa vía de servizo da estrada da Coruña (A-6). Este campus conta coa súa recreación virtual en 3D dentro da plataforma Google Earth.
No Centro Universitario San Rafael-Nebrija, situado no centro de Madrid na rúa Serrano, impártense as titulacións de Ciencias da Saúde.
Conta con programas internacionais, uns con dobre titulación e outros que facilitan aos estudantes españois a posibilidade de realizar cursos en universidades de Europa, Estados Unidos ou Canadá, así como a asistencia de alumnos estranxeiros recibidos nos seus campus.
A Fundación Antonio de Nebrija, unha fundación privada de carácter cultural e docente promove a concesión de bolsas e premios de investigación, a convocatoria de foros, actos académicos, conferencias e congresos, así como ao desenvolvemento de actividades universitarias, culturais e sociais. A súa sede atópase na rúa Cea Bermúdez nº 59 de Madrid.