José Moldes Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Moldes Castro
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor em Wikidata
Barro, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 1987 Editar o valor em Wikidata (71/72 anos)
Barro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , inventor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFrancisco Moldes Fontán Editar o valor em Wikidata
PaiÁngel Moldes Barreiro Editar o valor em Wikidata

José Moldes Castro coñecido como José de Moldes, nado en Porráns (Barro) en 1915 e finado no mesmo lugar o 4 de decembro de 1987,[1] foi un inventor galego, creador do primeiro automóbil deseñado e construído en Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ángel Moldes Barreiro, alcalde de Barro, na súa xuventude foi tesoureiro do Partido Galeguista, antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Posteriormente montou negocios de ferraxería e madeira en Barro e a súa comarca.

Deseñou en 1949, e construíu, en 1950, o primeiro automóbil en Galicia, bautizado como El Coso que circulou pola provincia de Pontevedra durante máis de tres anos, ata que en 1953 foi retirado da circulación por orde do Xefe de Obras Públicas.[2] A escritora Emma Tilves Pazos recolleu testemuña:

La seducción por la modernidad fue capaz de tentar a José de Moldes con el empeño de diseñar y construir un coche; una nueva propuesta de vehículo hecha desde Porranes (Porráns) mucho antes de que la Seat pusiera a la venta su popular seiscientos. Apenas queda más memoria del invento que las referencias orales de los que participaron en el proyecto y unas pocas fotografías de Reinaldo hechas en el taller de bicicletas mientras lo estaban haciendo. Se sabe que llevaba un motor de gasolina de tres caballos, que se decía que era un motor de regar adaptado, que tenía tracción trasera hecha con una cadena de bicicleta y que contaba con un habitáculo para dos plazas, además de espacio trasero para carga. Llegó a estar en circulación e incluso a superar las bromas de los chicos que le metían clavos en las ruedas, pero, después de más de tres años rodando y haciendo servicios de mercancías y pequeños viajes entre la clandestinidad y la aventura, en 1953 el jefe de obras públicas de Pontevedra ordenó “…que ese coso no salga más a la carretera”. Fue una paradoja que la orden de su retiro definitivo de circulación fuese también la que lo bautizaría porque a partir de entonces el coche de José de Moldes fue conocido de broma como O Coso […].[3]

O seu fillo, o político, profesor e diplomático Francisco Javier Moldes Fontán recordábao así:

Cuando lo trajo a Industria a Pontevedra creo que le faltaban algunos detalles técnicos, pero se quedaron maravillados. Yo apenas tenía ocho años y recuerdo que el coche estuvo después muchos años aparcado en el taller.[4]

El Coso anticipouse ao Pegaso Z-102 da autárquica ENASA, deseñado polo catalán Wifredo Ricart, ao primeiro SEAT (1953), o 1400, de deseño italiano (FIAT) e ao Renault 4CV, de deseño francés e producido por FASA desde 1953, o único que chegou a ser realmente popular. Tamén se anticipou aos primeiros automóbiles Barreiros, do ourensán Eduardo Barreiros, con quen Moldes tivo relación, que tardaron en aparecer -en 1954- polas trabas administrativas dos sucesivos gobernos de Franco durante os anos cincuenta.[5] Non foi casual que en 1953, xusto o ano da comercialización dos primeiros automóbiles españois[6], o representante provincial do Ministerio de Obras Públicas ordenase retirar da circulación o automóbil de produción artesanal de José Moldes, que ata ese momento circulara sen problemas pola provincia durante máis de tres anos.

Xunto co catalán Eusebio Cortes Cherto, que construíu os seus coches entre 1946 e 1950, Moldes foi, entre 1949 e 1953, un dos pioneiros que mobilizaron o seu enxeño ante a práctica ausencia dunha industria española do automóbil durante a primeira etapa de autarquía da posguerra.[7][8][9]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Nélida Fontán Rodríguez, tataraneta de Domingo Fontán,[10] e foi pai de Carlos e Francisco Javier Moldes Fontán e avó de Diego Moldes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 5-12-1987, p. 57.
  2. TILVES PAZOS, Emma, Barro en Imaxes: Arquivo Reinaldo, Editorial: Asociación Cultural Barosa / Xunta de Galicia; Cap. A locomoción, Pág. 29. Nº páginas: 108 pp. ISBN 978-84-613-3029-4; data publicación: 6-1-2009
  3. TILVES PAZOS, Emma, Ibídem.
  4. http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2010/11/27/0003_8874499.htm
  5. GARCÍA RUIZ, J.L. (2000), Barreiros Diesel y el desarrollo de la automoción en España, 1954- 1969, Documento de Trabajo N. 2003, Fundación Empresa Pública, Programa de Historia Económica, Madrid
  6. GARCÍA RUIZ, J.L. y SANTOS REDONDO, M. (2001), ;Es un motor español! Historia empresarial de Barreiros, Editorial Síntesis / Fundación Eduardo Barreiros, Madrid.
  7. HERNANDEZ MARCO, J.L. (1996), La oferta automovilistica en España antes del Seat 600: 1906-1957, en Economia Industrial, 307, pp. 131-48.
  8. La evolución de la industria automovilistica española, 1946-1999: una perspectiva comparada. JL García Ruiz - 2001.
  9. Ibíd.Una época en la que el parque automovilístico español aún no llegaba a las 100.000 unidades, apenas se matriculaban 2.500 vehículos, y la producción nacional era prácticamente artesanal, una cifra ínfima comparada con las del lider en producción, EE.UU., que sólo en 1950 produjo en sus fábricas 7 millones de automóviles.
  10. Arquivo familiar