Vantroi
Vantroi | |
---|---|
Orixe | Cidade de México, México ![]() |
Período | 1992 - actualidade |
Xénero(s) | Rock, ska, punk |
Membros | Gerardo González (Guitarra e Voz) Barrabás (Baixo e Coros) Zeus (guitarra) Carlos "la Mafi" (Batería) |
Na rede | |
www.vantroi.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Vantroi é un grupo de rock nado en México en 1992. Durante máis de 10 anos deron concertos por todo México, e tamén percorrerón a xeografía española xunto a bandas como Rosendo, Reincidentes, Boikot, Soziedad Alkoholika, Extremoduro, Ska-p etc. Participaron en festivais como Festimad, Viña Rock, Derrame Rock, Extremúsika, Tintorrock etc. como tamén no Arezzo Wave Festival (Italia) e o Foro Social Mundial (Venezuela).
O nome do grupo procede do guerrilleiro Nguyen Van Troy, quen durante a guerra de Vietnam foi capturado nun intento de atentado contra o secretario de estado norteamericano Robert McNamara e o embaixador Henry Cabot Lodge. Posteriormente foi torturado e asasinado.
As letras do grupo loitan contra as inxustizas, como por exemplo a situación que viven os indíxenas mexicanos e outros pobos do mundo, solidarizándose co desastre do Prestige ("Chapapote de Corrido"), aínda que tampouco faltan cancións sobre a súa terra, de amor-desamor e de simple diversión.
En todos os seus anos de vida o grupo sufriu varios cambios de formación, chegándose a contar 54 membros que se foron trocando na historia de Vantroi.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Hemos dicho Basta (Maqueta), 1993
- ¡No Nos Moverán!, Warner Music México 1996
- Bajo Palabra, Producciones B.K.T. 1999
- ¡¿ ...Otra Vez Frijoles?!, Pepedote Records / Bliss Records 2001
- Para No Morir De Locos, Pies Records / P&P 2005