Vituco Neira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVituco Neira

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoAríns Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico , guitarrista , cantante , locutor de radio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


José Víctor Neira Calzadilla, máis coñecido como Vituco Neira, nado en Aríns, é un músico galego.

É coñecido principalmente por ser o líder, vocalista e guitarrista do grupo de rock Ruxe Ruxe. Forma parte tamén da banda Barbitúricos e traballou durante anos na radio, presentando o programa musical Planeta Furancho, na Radio Galega, e colaborando noutros programas como Aberto por reformas ou Diario Cultural.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1996, xunto a outros amigos do instituto formou a banda Ruxe Ruxe, converténdose no vocalista e guitarrista do grupo. En 1999 sacaron o seu primeiro disco, ao que seguiron outros catorce durante as seguintes dúas décadas, así como concertos por toda a Península e mesmo fóra dela.[1][2] En 2014 formou un grupo en paralelo a Ruxe Ruxe, chamado Barbitúricos, para o que se xuntou con Xurxo Pinheiro (Xenreira, Malandrómeda) e José Manuel Piedra (Desequilibrio mental, Astarot), e ao que máis tarde se uniu Fidel Vázquez.[3] En abril de 2023 presentouse o grupo Malabesta no que Vituco forma parte como vocalista compartindo proxecto con X.M. Piedra na percusión e os músicos de jazz David Regueiro na guitarra, Ismael Cabaleiro no violín e Diego de Lera no contrabaixo.

Traballou na radio, colaborando no programa Aberto por reformas, presentado por Xurxo Souto na Radio Galega, e en 2009 comezou a presentar o seu propio programa musical, Planeta Furancho, na Radio Galega Música.[4] En febreiro de 2015 Vituco Neira anunciou que o 29 de maio dese ano, e despois de máis de 1400 programas, estaba prevista a última emisión do programa, o que provocou protestas e mobilizacións do sector musical galego,[5][6] chegando o tema incluso ao Parlamento de Galicia.[7][8] Actualmente forma parte do equipo do Diario Cultural da Radio Galega e escribe sobre música galega no semanario cultural "Faro da Cultura" do xornal Faro de Vigo.

Discografía[editar | editar a fonte]

Entrevista no 2017.

Con Ruxe Ruxe[editar | editar a fonte]

Con Barbitúricos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ruxe Ruxe e o orgullo rock da aldea". Nós Diario. 13 de febreiro de 2020. Consultado o 18 de febreiro de 2020. 
  2. "Biografía de Ruxe Ruxe". lafonoteca.net (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2020. 
  3. "Os carteis dos festivais de verán enchen ocos". 9 de marzo de 2018. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  4. "La Radio Galega renueva su programación para "volver a ser referente" y alcanzar los picos de audiencia "de hace 4 años"" (en castelán). 4 de setembro de 2009. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  5. "Músicos e ouvintes mobilízanse por Planeta Furancho". 26 de maio de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  6. "Esixen con música que a CRTVG repoña “Planeta Furancho” e “Aberto por reformas”". Sermos Galiza. 24 de maio de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  7. "A CRTVG resta importancia á fin de 'Planeta Furancho' polo seu "seguimento minoritario”". 30 de xuño de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 
  8. "Radio Galega y Radio Galega Música: Estrenos y novedades en la programación" (en castelán). 21 de setembro de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]