ZOO é un grupo musical valenciano en lingua catalá. Nado no 2014 e activo até mediados de 2024,[1] o seu estilo céntrase no rap, o hip hop, o rock e o ska pero tamén mestura ritmos electrónicos.[2] As letras das cancións son políticas.
Xurdiu no 2014 da man de Panxo (Toni Sánchez), exmembro de Orxata Sound System e de Sophy Zoo, grupo de rap en castelán en activo dende 2008.[3]
Tempestes venen del sud foi o seu primeiro álbum, que contiña "Estiu", e foi producida pola discografía "Propaganda pel fet" e que foi lanzado o 21 de outubro do ano 2014.[4] O segundo disco, Raval, foi lanzado no 2017.[5][6] Durante o ano 2018, publicaron catro sinxelos máis: Robot, Omertà, Cançons d'ofrena e Karrer de l'amargura (Basque remix). Todos os sinxelos de 2018 foron recompilados no EP EP2K18.