Obrint Pas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Obrint Pas
OrixeValencia, Países Cataláns
Xénero(s)Ska, rock, reggae
Selo(s) discográfico(s)Propaganda pel Fet
45 revolucions
MembrosXavi Sarrià: guitarras e voz
Jaume Guerra: baixo
Miquel Gironès: percusión, dulzaina e voz
Ximo Tomàs Maki: batería
Robert Fernàndez: guitarra
Miquel Ramos: teclados, samplers e voz
Albert Benavent: trompeta
Chola: bases
Marcos Úbeda: trombón
Jaume Figueres: son
Na rede
http://www.obrintpas.com
Facebook: 20971782022 Twitter: obrintpas MySpace: obrintpas Youtube: UCBHDy6i_tQcWOjczk47PQyA Spotify: 2FURpqYsZpi99ySpKCOyQE Last fm: Obrint+Pas Musicbrainz: cf23db24-d797-4fcf-929a-e03a8e00bb25 Songkick: 264475 Discogs: 1280032 Allmusic: mn0000411628 Deezer: 100816 Editar o valor em Wikidata

Obrint Pas (en catalán, abrindo paso) é un grupo de música procedente do país Valenciano. A súa música é unha mestura de rock, ska e reggae, con melodías e instrumentos tradicionais, entre os que destaca a dulzaina. A temática das súas cancións adoita xirar en torno a cuestións tales como o independentismo catalán, a unidade territorial e lingüística dos Países Cataláns e a defensa do seu idioma, así como da súa cultura e tradicións. Tamén trata temas antifascistas e antirracistas.

Compoñentes[editar | editar a fonte]

  • Xavi Sarrià (guitarra e voz).
  • Albert Benavent (trompeta).
  • Jaume Guerra (baixo).
  • Robert Fernández (guitarra).
  • Miquel Ramos (voz e teclado).
  • Marcos Úbeda (trombón).
  • Marc Guardiola (batería).
  • Ximo Tomas -Maki- (batería).
  • Miquel Gironés (voz, percusión e dulzaina).
  • Jaume Figueres (son).

Historia[editar | editar a fonte]

Concerto de Obrint Pas en Leganés (Madrid) co motivo do III Festival Interpobos, organizado pola Asociación Cultural Haydée Santamaría.

Obrint Pas formouse no ano 1993 entre as aulas do I.E.S Benlliure de Valencia. No 1994 gravan a súa primeira maqueta coa que participaron na fase final do III Tirant de Rock. Durante os anos posteriores, a banda toca en diversos festivais e concursos, que lle axudan a consolidar a súa marca.

O seu primeiro disco chega en 1997 co nome de La revolta de l'ànima (composto de cinco pezas). Despois veu Obrint Pas', no 2000, que foi o primeiro traballo que fixeron co selo discográfico de Propaganda pel Fet. Mais a consolidación do grupo comezaría con Terra (2003), un proxecto no que probaron sorte con novos estilos. Logo gravaron La flama (2004), co que se asentaron noutros países. O seu seguinte disco foi un directo En moviment (2005) realizado nun concerto celebrado en Valencia, co motivo do 25 de abril, na honra de Ovidi Montllor. Grazas a En moviment estiveron varias semanas na lista dos discos españois máis vendidos.

No 2006 levaron a cabo unha xira Internacionalista Tour 2006, coa que traballarían en países de toda Europa, polas nacións oprimidas do Estado español e por algúns países de América do Sur. A xira internacional marca un punto de inflexión na banda, editando en abril do 2007 Benvingut al paradís. En novembro do mesmo ano publican Del Sud. El País Valencià al ritme dels Obrint Pas (Editorial Mina), un traballo peculiar. A idea é explicar, a modo de ensaio-reportaxe periodística e a través das cancións e da traxectoria do grupo, os últimos quince anos de historia do país Valenciano a nivel político, social e cultural. Os autores son os xornalistas valencianos Antoni Rubio e Hèctor Sanjuan.

Co paso dos anos, Obrint Pas consolidou a súa proxección no estado español con actuacións en festivais como o Viña Rock de Albacete, Extremusika de Badaxoz, Lumbreras Rock de Murcia, Derrame Rock de Asturias, Festival por los Derechos Sociales de Andalucía, Festichan, Mostra das Culturas, Lenguas Vivas, Día da Patria, Castañazo Rock e Festival de Poesia do Condado de Galicia; Kilometroak, Sagarrondotik, Bilboko Aste Nagusia, Arabatakada do País Vasco; Baitu Rock de Burgos; Festival Interpueblos i Internacionalista de Madrid así como salas e centros sociais. Ao mesmo tempo, continuaron recorrendo o mundo en xiras por países de Europa como Alemaña, Italia, Países Baixos, Francia, Bélxica, Austria, Bosnia, Croacia, Suíza, Portugal, República Checa ou Eslovenia, así como países de América do Sur como Venezuela e Cuba, e de África e Oriente Medio como Marrocos e Palestina.

O 7 de novembro do 2008, no blog do grupo destacaba a noticia do primeiro libro de ficción escrito por Xavi Sarrià titulado Històries del Paradís e publicado pola Editorial Bromera. Un libro que conta vinte e cinco historia que ocorren simultaneamente en diferentes puntos do planeta. En decembro de 2010 fixeron a súa primeira xira no Xapón cunha gran resposta do público nipón.

O 8 de abril de 2011 saíu ao mercado o seu novo disco-libro Coratge. Despois de catro anos sen publicar ningún disco, o grupo publica este disco-libro de 15 cancións e 90 páxinas escritas por escritores, poetas, músicos e xornalistas como Eduardo Galeano, Isabel-Clara Simó, Vicent Partal, Raul Zelik, Angela Jackson, Pascual Serrano, David Segarra, Feliu Ventura, Cesk Freixas, Manuel Baixauli, Marc Granell, Elvira Cambrils, David Fernández, Laia Altarriba etc. O disco-libro Coratge entrou directamente no número 12 da lista de vendas de todo o estado español.

Discografía[editar | editar a fonte]

Maquetas[editar | editar a fonte]

  • Obrint pas (1994)
  • La nostra hora (1994)
  • Recuperant el somni (1995)

Álbums[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

  • Tirant de Rock (1994)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]