Saltar ao contido

Javi Maneiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJavi Maneiro
Biografía
Nacemento3 de outubro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
A Pobra do Caramiñal, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Membro de


Francisco Javier Vázquez Maneiro, coñecido como Javi Maneiro ou Maneiro, nado na Pobra do Caramiñal o 10 de decembro de 1973,[1] é un cantante galego de música rock, coñecido principalmente por ser o vocalista dos Heredeiros da Crus e de Jabón Blue.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1992 Javi Maneiro, "o fillo da Necha", participou na fundación dos Heredeiros da Crus en Castiñeiras, Ribeira, xunto a Tonhito de Poi, Tuchiño, Fran Velo e Avelino Ares. Entrou como o vocalista principal da banda, cuxo primeiro disco, A cuadrilla de Pepa a loba, saíu en 1994. A ese primeiro traballo seguíronlle outros cinco discos de estudo, un dobre disco en directo (o primeiro da historia do rock en galego)[2] gravado na festa da Dorna de Ribeira, xiras por toda Galicia con algunha saída pola Península e mesmo fóra dela (concertos en Portugal, Londres e Nova York)[3] colaboracións co Xabarín Club e unha enorme popularidade entre a mocidade galega.[4] Nas súas cancións destacan o uso da gheada e do seseo e as letras desenfadadas, en ton humorístico e en ocasións de temática sexual, que levantaron máis dunha polémica con grupos feministas e o clero.[5]

En 2005 a banda separouse. Javi fundou o grupo Jabón Blue con músicos de Galicia e Madrid. En 2006 presentaron o primeiro disco, La música va por dentro, coa novidade de que as letras estaban escritas en castelán e compostas polo propio Maneiro. O grupo gravou catro discos ata a súa separación. En xaneiro de 2012 os Heredeiros da Crus anunciaron o seu regreso para un concerto en Ordes. As 3.000 entradas vendéronse en só 48 horas.[4] O que ía ser un único concerto de reunión[6] converteuse nunha volta definitiva. En 2013 publicaron un novo disco de estudio, Jard rock con fe, e en 2019, Derretidos.

Paralelamente aos Heredeiros, comezou unha carreira en solitario como "Maneiro". En marzo de 2017 publicou o seu primeiro traballo, Furtivos. Para a súa realización iniciou unha campaña de mecenado coa que tentaba reunir 10.000 euros.[7] A campaña foi un éxito e a cifra mesmo superou a cantidade prevista.[8] Presentou o disco en abril na Sala Capitol de Santiago de Compostela.[9] En 2019 publicou o seu segundo disco en solitario, Acaricia mis arrugas.[10] Segundo el mesmo, o motivo de empregar o castelán nas súas letras é chegar a máis público.[8] En decembro de 2020 saíu á luz o seu terceiro disco, Palabras de un desconocido.[11]

Ten realizado colaboracións con numerosas bandas e artistas como Astarot, Dakidarría,[12] Iván Ferreiro,[13] Raiba,[14] Tregua,[15] Cuarta Xusta,[16] Trasnochando[17] ou Jacobo Paz & Dos Mundos.[18]

O 19 de agosto de 2022 rompeulle unha vea na cabeza mentres tocaba cos Heredeiros da Crus en Pantón,[19] o que levou á banda a suspender os concertos do que restaba de ano[20][21] En xuño de 2023 volveu aos escenarios e publicou o seu cuarto disco en solitario, titulado Un bonito despertar.[22]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Con Heredeiros da Crus

[editar | editar a fonte]

Con Jabón Blue

[editar | editar a fonte]

En solitario (Maneiro)

[editar | editar a fonte]
  1. Díaz Ageitos, A. (2018). Heredeiros da Crus. Cuadrilla de Pepa a Loba. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. p. 194. ISBN 9788491214304. 
  2. "Heredeiros da Crus lanzan o primeiro directo de rock feito en galego". 6 de outubro de 2000. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  3. ,"El regreso de Heredeiros da Crus". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "El ‘jran día’ de Heredeiros". El País (en castelán). 2 de marzo de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  5. "Heredeiros da Crus regresan en su XX aniversario tras ocho años de silencio". El Mundo (en castelán). 2 de marzo de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  6. "Os Heredeiros da Crus volven aos escenarios para celebrar o seu 20 aniversario". 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  7. "«Cando un leva a música na alma non ten máis remedio que seguir tentándoo»". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  8. 8,0 8,1 "Javi Maneiro: «Nacín con Heredeiros, aprendín con Jabon Blue e agora sigo o meu camiño»". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xullo de 2018. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  9. "Entrevista a Maneiro, que presenta su primer disco en solitario: “Furtivos”" (en castelán). 25 de abril de 2017. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  10. "'Acaricia mis arrugas' é o novo álbum de Javi Maneiro". CRTVG. 11 de febreiro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  11. "Javi Maneiro presenta 'Palabras de un desconocido'". CRTVG. 15 de decembro de 2020. Consultado o 27 de decembro de 2020. 
  12. DAKIDARRÍA "Terra" - Videoclip oficial (Youtube). 6 de marzo de 2013. 
  13. "Javi Maneiro e Iván Ferreiro xuntos en 'Lágrimas Felices'". CRTVG. 17 de xaneiro de 2018. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  14. "Correlingua 2010". Consultado o 20 de setembro de 2019. 
  15. "Mario (Tregua): “La música es currar, currar, currar y currar”" (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  16. "O grupo melidense Cuarta Xusta presenta o seu primeiro disco". www.gzmusica.com. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  17. "Primer disco del grupo Trasnochando" (en castelán). 30 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  18. "Jacobo Paz & Dos Mundos". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2019. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  19. "El cantante de Heredeiros da Crus sufre un accidente cerebrovascular en pleno concierto". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-08-29. Consultado o 2022-08-30. 
  20. ."Heredeiros da Crus suspende concertos pola enfermidade do seu cantante, Javi Maneiro". G24. Consultado o 2022-08-30. 
  21. Novás, G. (2022-09-06). "Heredeiros da Crus cancela todos sus conciertos «como mínimo» hasta final de año". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-09-06. 
  22. "Maneiro volve en solitario co álbum "Un Bonito Despertar"". 30 de maio de 2023. Consultado o 6 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]