Bandeira de Daguestán
Bandeira de Daguestán | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 26 de febreiro de 1994 (orixinal) 19 de novembro de 2003 (modificada) |
Cores | Verde Vermello Azul |
A bandeira de Daguestán (en ruso: Флаг Дагестана; en ávaro: Дагъистаналъул байрахъ; en azarí: Dağıstan bayrağı) é un dos símbolos da república federal rusa de Daguestán. Foi adaptada despois da transformación da RASS de Dagestán na república actual dentro da federación rusa. Foi oficialmente adoptada o 26 de febreiro de 1994. Componse de tres franxas horizontais de cor ver (polo islam),[1] azul (polo mar Caspio),[1] e vermello (pola coraxe e fidelidade).[1] O 19 de novembro de 2003 a proporción da bandeira foi cambiada dende a orixinal 1:2 a 2:3, e a franxa da metade de azul claro a azul escuro.
Esquema de cores[editar | editar a fonte]
O esquema de cores oficiais foi declarado o 19 de novembro de 2003.[2]
![]() Esquema de cores |
Verde | Azul | Vermello |
---|---|---|---|
CMYK | 100-0-50-42 | 100-66-0-35 | 0-80-86-16 |
HEX | #009349 | #0039A6 | #D52B1E |
RGB | 0-147-73 | 0-57-166 | 213-43-30 |
Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]
Despois da formación da República Autónoma Socialista Soviética de Daguestán, a partir da República Montañosa do Cáucaso Norte en 1921, Daguestán tivo varias bandeiras seguindo o modelo das outras Repúblicas Autónomas, primeiro como bandeiras vermellas coas iniciais da república (é dicir, "ДАССР") e despois unha bandeira da república co mesmo nome. Coa caída da Unión Soviética, Daguestán deixou caer o А (para Автономная, "autónomo") da súa bandeira e a inscrición rezaba simplemente "ДССР".[3] Unha bandeira con franxas horizontais azuis e amarelas puido usarse brevemente en 1993 e 1994 ata que se adoptou unha variación do tricolor horizontal actual en 1994.[3]
Bandeira do Imanato do Cáucaso no século XIX (Imanato de Daguestán).
Bandeira da República Montañosa do Cáucaso Norte, 1917–1920.
Bandeira da República Autónoma Socialista Soviética de Daguestán (1925–1927).
Outras bandeiras[editar | editar a fonte]
Varios pobos de Daguestán idearon as súas propias bandeiras étnicas:
Bandeira do pobo ávaro de Daguestán.
Bandeira do pobo agul de Daguestán.
Bandeira do pobo cumuco de Daguestán.
Bandeira do pobo lak de Daguestán.
Bandeira do pobo nogai de Daguestán.
Bandeira do pobo lezguio de Daguestán.
Bandeira do pobo rutul de Daguestán.
Bandeira do pobo tabasaran de Daguestán.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 The World Encyclopedia of Flags, Alfred Znamierowski (pub. Hermes House, 2002), p. 160
- ↑ "Символика". Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2021. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Flags of the World (1999–2001). "Dagestan on Flags of the World". Arquivado dende o orixinal o 2008-10-21. Consultado o 2008-12-19.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira de Daguestán ![]() |