Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
O tabasaran é unha lingua caucásica que pertence á familia de linguas lezguias. É falada polo pobo tabasaran, que vive no sur de Daguestán. Existen dous dialectos principais: o norte (khanag) e o sur. É unha lingua literaria baseada no dialecto do sur, e é unha das linguas oficiais de Daguestán.
O tabasaran é unha lingua ergativa. Os nomes teñen até 48 casos diferentes. O sistema verbal é relativamente sinxelo; os verbos concordan co suxeito en número, persoa e clase.