Estado Libre de Fiume
- Esta páxina refírese ó período histórico posterior á Primeira guerra mundial na que a cidade de Rijeka, ou Fiume fora un estado independente. Para a información sobre a cidade moderna de Fiume ver Rijeka.
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Capital | Rijeka | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 28 km² | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 30 de decembro de 1920 | ||||
| Disolución | 22 de febreiro de 1924 | ||||
| Sucedido por | Reino de Italia e Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos | ||||
| Organización política | |||||
| Forma de goberno | república | ||||
| • Xefe do goberno | Gabriele d'Annunzio | ||||
| Moeda | Coroa de Fiume | ||||
O Estado libre de Fiume (croata: Slobodna Država Rijeka, italiano: Stato libero di Fiume, cómpre dicir que tanto Fiume como Rijeka significan río en galego) foi un estado independente que existiu en Fiume (actual Rijeka) entre 1920 e 1924. A cidade sitúase sobre a costa do mar Adriático. Orixinariamente porto de Hungría, Fiume foi obxecto de disputas territoriais entre Italia e Iugoslavia trala primeira guerra mundial.
En 1919, un exército italiano —composto por militares de baixo rango e paramilitares ás ordes do ditador e poeta italiano Gabriele d'Annunzio— ocupou a cidade establecéndoa como Estado soberano desde 1920 a 1924 (a chamada Rexencia italiana de Carnaro). Co ascenso de Mussolini ó poder, tralo golpe de 1922, o Estado libre de Fiume foi ocupado por tropas fascistas. Dous anos máis tarde, a cidade foi anexada a Italia e o territorio adxacente pasou a formar parte de Iugoslavia polo Tratado de Rapallo.
Fiume padeceu un intenso bombardeo por parte dos aliados durante a segunda guerra mundial. Co retiro de Italia do Eixo, as tropas alemás ocuparon a cidade. O 3 de maio de 1945, os partisanos iugoslavos liberaron Fiume da ocupación nazi. Finalmente, en 1947, a cidade foi cedida a Iugoslavia tralo Tratado de París e a poboación de orixe italiana foi evacuada. A partir de entón, Fiume pasou a ser a cidade iugoslava de Rijeka no que actualmente é Croacia.
