Copa do Rei de Rugby 2019-2020
2018-2019 << 2019-2020 >> 2020-2021![]() | |
Organizador | F.E.R. |
---|---|
Edición | 87ª |
Equipos | 4 |
Na tempada 2018-2019 levarase a cabo a 87ª edición da Copa do Rei de rugby, o torneo nacional máis antigo do rugby español, organizado pola F.E.R..
Disputarán esta competición da Copa do Rei os catro equipos que queden en primeiro lugar nos resultados habidos na primeira volta da División de Honra de cada un dos catro grupos de tres equipos que foron creados por sorteo entre os doce equipos que constituían a División de Honra, de xeito que cada equipo xogue dentro do seu grupo un encontro como local e outro como visitante.
As eliminatorias de semifinais disputaranse a partido único, por sorteo entre os catro equipos clasificados. A final disputarase a partido único entre os dous vencedores das semifinais no campo designado pola federación.
Clasificación a través do torneo de liga[editar | editar a fonte]
Os doce equipos da División de Honra foron agrupados por sorteo de tres en tres, resultando catro grupos. Empregando os resultados da primeira volta do campionato de liga quedarán clasificados para as semifinais da Copa do Rei os primeiros clasificados de cada grupo.
Nesta tempada adoptouse o novo sistema de puntos bonus por ensaios. En anteriores edicións o bonus ofensivo acadábase anotando catro ensaios ou máis. Dende a tempada 2019-2020 o bonus ofensivo acádase gañando o encontro anotando tres ensaios ou máis que o equipo rival. Por outra banda os puntos bonus defensivos seguen acadándose cando se perde o encontro por unha diferenza de sete puntos ou inferior.
|
|
Torneo da Copa do Rei[editar | editar a fonte]
O Copa do Rei comezará propiamente coas semifinais, de xeito que nesta edición o torneo contará oficialmente con catro participantes e constará de tres encontros: as dúas semifinais e a final.
- Semifinais: Encontro único (22 de decembro de 2019) [1]
- VRAC 11-15 Alcobendas
- El Salvador 31-20 Barcelona
- Final: Encontro único
- Cadro da competición
Semifinais | Final | ||||||
22/12/19 - Pepe Rojo (Valladolid) | |||||||
![]() |
11 | ||||||
![]() |
15 | ||||||
26/4/20 - Ruta de la Plata (Zamora) | |||||||
![]() |
|||||||
![]() |
|||||||
22/12/19 - Pepe Rojo (Valladolid) | |||||||
![]() |
31 | ||||||
![]() |
20 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Alcobendas y El Salvador jugarán la final de la Copa del Rey en Zamora, artigo en Marca. (en castelán)