Conversa usuario:Toliño/Arquivo 5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Índice

Corchete[editar a fonte]

Poderías revisar o cadro deste artigo Súdwest Fryslân, sae un corchete e non sei de onde procede, revisei varias veces o cadro e non caio. Agradeceríache a axuda.--Cheluco 11:00, 1 de xaneiro de 2011 (UTC)

Modelo de información[editar a fonte]

Ola Toliño. Acudo a ti para ver se podes arranxar o modelo desta páxina [1] no que as datas aparecen desprazadas. Un saúdo e feliz ano--AMPERIO 12:12, 10 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ola de novo, nesta páxina sucede o mesmo problema Reino do Congreso. Saudos--AMPERIO 12:17, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)
Xa o arranxei eu. --AMPERIO 12:59, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)

Modelos[editar a fonte]

Moitas grazas! ;) —o anterior comentario sen asinar foi feito por Woden (conversacontribucións) o 11 de xaneiro de 2011 ás 21:41

Cursivas[editar a fonte]

Ola, Toliño. O modelo {{Título en cursiva}} non funciona nos artigos que comezan por parénteses. Tes idea de por que pode ser. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:01, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)

Gracias. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 11:22, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)

A solución que me deches non vale para eMOTIVe, sabes por que? Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:28, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)

Gracias, fillo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:22, 16 de xaneiro de 2011 (UTC)

Modelos[editar a fonte]

Olá! Sabes se existe algún modelo do tipo {{cita libro}} para publicacións periódicas. Graciñas! --Woden (eh ho?!) 14:00, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Graciñas! Se chega a ser un can trábame! xD __Woden (eh ho?!) 16:42, 20 de xaneiro de 2011 (UTC)

Olá! Estou editando Historia de Lugo e quería incluir en cada sección unha ligazón ao artigo no que se trata o contexto histórico correpondente. Usuario:Xoacas faloume do {{VT}} pero coido que pode dar a entender que o artigo relacionado trata o mesmo tema cá sección, cando non é así. Pensei en facer un modelo do tipo:

Contexto histórico: Artigo

Ou, nun estilo menos científico e máis historiográfico:

Véxase o contexto histórico en Artigo

Ou incluso:

Véxase o contexto histórico

Acodo a ti coma gurú, por aclamación popular, dos modelos ;) Que opinas disto? Hai algún consenso ao respecto? --Woden (eh ho?!) 20:22, 21 de xaneiro de 2011 (UTC)

Ok, graciñas! ;) --Woden (eh ho?!) 19:15, 22 de xaneiro de 2011 (UTC)

Modelo bosnia e herzegovina // modelo macedonia[editar a fonte]

Ola Toliño, sabes se hai estes dous modelos coa bandeiriña e o nome do pais? poderías crealos? por favor. Un saúdo--AMPERIO 12:59, 29 de xaneiro de 2011 (UTC)

Moitas grazas. --AMPERIO 14:47, 29 de xaneiro de 2011 (UTC)

Daniel Day-Lewis[editar a fonte]

Ola, creo que fuches ti o que o cambiou, senón é así perdoa. Refírome á palabra produtor por productor. En galego é produtor, sen o c. Polo menos segundo o diccionario de Ir Indo: http://www.digalego.com/. Poñédevos de acordo, porque andádelo cambiando entre ti máis Alberte, jeje. Saúdos! --Aralenorimaki 14:33, 30 de xaneiro de 2011 (UTC)

Daniel Day-Lewis[editar a fonte]

Pois non sei que pasou, de tódolos modos non ten importancia. Por outra banda, aínda que supoño que xa o saberás, na última modificación que engadiches en relación ás ligazóns externas co enlace a IMDB, este xa se podía ver premendo na ficha do actor (e penso que quedaba mellor con iso soamente, pero fágoas como queirades).--Aralenorimaki 20:04, 31 de xaneiro de 2011 (UTC)

Funcionamento das procuras[editar a fonte]

Boas, unha preguntiña a ver si me podes axudar.

Acabo de decatarme que as procuras na Galipedia non funcionan igual que na wikipedia en castelán. Na wp:es si lle dou a procurar con aport sáen tódalas páxinas que teñen algunha palabra con esa raíz, é dicir, aportaba, aportou, aportaban, etc. Pola contra si busco eiquí non me sae nada, só atopa artigos si procuro coas palabras completas. ¿Non será mellor que as procuras funcionen como en wp:es?. Eu penso que si porque esas buscas serían máis flexibeis xa que permitirían atopar raíces de palabras e tamén palabras concretas.

A segunda cuestión, si estamos dacordo na primeira, é, ¿sabes cómo se pode cambiar o buscador para que funcione dese xeito?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:41, 8 de febreiro de 2011 (UTC)

Foto do leite galego[editar a fonte]

Ó final supoño que viches que subín unha nova imaxe do anuncio do leite galego, suprimindo o signo "%", e aceptouna sen problemas. A anterior segue estando aí, nas categorías, polo que non sei se pedirche que a borres ou se prefires deixala para investigar se ese carácter é inválido ou é que a imaxe tiña outro problema. Dedide ti, xa que temos nova imaxe para o artrigo e esa xa non nos vale (e menos se non se deixa ver). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 16:41, 15 de febreiro de 2011 (UTC)

TES BLOQUEADA UNHA PÁXINA DENDE HAI CASE 2 ANOS!!![editar a fonte]

Hola Toliño. Tentei actualizar algúns datos demográficos do artigo "Galicia", concretamente aquí

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Galicia&action=edit&section=21

Descoñezo a razón pola que non estou aínda autoconfirmado, pero en calquera caso, o aviso di que bloqueaches a páxina en abril do 2009... Tiña entendido que os bloqueos son accións excepcionais e, polo tanto, non parece lóxico alongalas tanto no tempo, non?

A miña intención é actualizar os datos que figuran do 2009, cando o INE xa ten publicada unha actualización. É unha das tarefas propostas para mellorar o artigo de Galicia e conseguir que sexa un artigo destacado...

Grazas. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Fxtorres (conversacontribucións) o 22 de febreiro de 2011 ás 19:05

Preguntiña sobre títulos noutros idiomas[editar a fonte]

Teño unha pregunta para vostede ;). Estou mirando un artigo dun tipiño que ten un apartado cos seus libros. Según me dixeron os títulos teñen que poñerse no idioma orixinal, xa están así, o que pasa é que este tipiño é alemán... ¿Pode poñerse a tradución dos títulos ó galego aínda que non haxa tradución oficial dispoñible?. É que os que non saiban papa de alemán iso non lles vai servir de moito. ¿Saberás, por un casual, si hai algo nas políticas/ axuda/ guías de estilo/ etc. que fale sobre isto?. Moitas grazas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 00:23, 23 de febreiro de 2011 (UTC)

Chamadas ás referencias antes ou despois dos signos de puntuación[editar a fonte]

Ola Toliño.

Vin que nesta edición moviches a chamada á referencia (o pequeno "[1]") antes da coma. Eu, en todolos libros que vexo, e nos libros de estilo que consultei, atopo que as chamadas ás referencias poñense DETRAS dos signos de puntuación. Que pensas diso?

Apertas--. HombreDHojalata.conversa 16:29, 8 de marzo de 2011 (UTC)

  • Deixádeme intervir. Non sei se tal cousa está establecido nos libros de estilo, pero coloca-las referencias ás notas a rodapé (que iso son as nosas referencias, en definitiva) faise antes ou despois do signo de puntuación, e pegado á palabra ou separado por un espazo. Creo que depende máis de cuestións estéticas e preferencias persoais. A min gústame poñelas separadas e antes do punto ou da coma. Cando se trata dun punto final pode importar pouco, pero dentro dun parágrafo, tras un punto e seguido, parécenme un espanto. Pero é unha prefere4ncia estética miña. Sen máis trascendencia. Pedro --Lameiro (conversa) 16:44, 8 de marzo de 2011 (UTC)

Autoblock[editar a fonte]

Toliño, supoño que isto que me apunta un editor é correcto, pero non quero facer nada sen o teu visto e prace, porque non entendo moi ben de que vai o tema, aínda que parece unha chilindrada sen maior importancia. Pódeste encargar? Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:02, 10 de marzo de 2011 (UTC)

Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 18:43, 11 de marzo de 2011 (UTC)

*Xen[editar a fonte]

Ola Toliño. Xa vira que *xen era un termo borrado previamente. Pero como hai un artigo na Galipedia O xen egoísta, pensei que debería restablecerse. Aínda que penso que o apropiado sería modificar o títulio dese artigo sobre o famoso libro de R. Dawkins. --Xoio (fálame) 19:54, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Ola outra vez. Acabo de comprobar que O xen egoísta rediríxese a O xene egoíosta, así que non hai que cambiar nada. --Xoio (fálame) 19:59, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Modelo:Infpolitico[editar a fonte]

Temos un problemiña con esta edición [2], Toliño. Centos de artigos empregan ese modelo e agora no queda ben. Olla os que teñen imaxe (por exemplo Castelao)--. HombreDHojalata.conversa 19:56, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Conversa:Transferencia de materia[editar a fonte]

A ver se o dás solucionado. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:52, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Ponte de hidróxeno[editar a fonte]

  • Non me dera conta, e que o artigo Pontes de hidróxeno estaba no apartado de artigos pendentes da comunidade, e púxenme a facelo. Intentarei apañalo agora. Graciñas por avisar.Villalustre (parolo'm) 17:04, 12 de marzo de 2011 (UTC)

Meter, automaticamente, contidos de Galicitas nunha páxina da Galipedia[editar a fonte]

Ola Toliño.

Saberías facer un código para meter a cita de portada de Galicitas automaticamente nunha páxina da Galipedia? sen ter que cambiala a man cada semana, claro.[3]

Moitas gracias--. HombreDHojalata.conversa 09:46, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Eu tamén penso que non debe haber nada diso, pero moitas gracias de todas formas--. HombreDHojalata.conversa 16:37, 14 de marzo de 2011 (UTC)

Modelo Ficha da wiki en castelán[editar a fonte]

Boas, estiven mirando de traducir o modelo Ficha de templo da wiki en castelán (inicialmente para metelo nos artigos de catedrais pero sirve para calquera tipo de templo, independentemente da relixión co cal penso que é un modelo bastante bo) e vin que usa varios modelos básicos que non temos aqui, sobretodo o modelo Ficha. Penso que sería útil traducir eses modelos e traelos para o noso proxecto porque así sería moito máis doado traducir outros que teñen eles. Comecei a miralo cunhas probas que fixen no meu espacio de usuario pero como é bastante complicado antes de seguir liándome con iso quería saber si che parece ben que o teñamos aqui xa que ti sabes mellor a estrutura dos modelos que se usan na Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:28, 18 de marzo de 2011 (UTC)

Correo[editar a fonte]

Ola, Toliño. Mandeiche un correo, bótalle un ollo. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:09, 18 de marzo de 2011 (UTC)

Burócrata[editar a fonte]

Ola Toliño. Xa es burócrata. Parabéns por saires elixido, estou certo que vas ser unha axuda importantísima. Se tes calquera dúbida sobre as novas funcións, podo intentar resolvercha, aínda que se todo vai normal ti vas seguir sendo quen nos saque de dúbidas ós demais :) Saúdos. --Alberte Si, dígame? 22:47, 5 de abril de 2011 (UTC)

Toliño, parabéns polos resultados da elección, e graciñas por aceptares a proposta de ser burócrata. A comunidade hache agradecer a túa colaboración nese eido :) Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:54, 5 de abril de 2011 (UTC)
Parabéns, Toliño. --Xabier Cid Talk, please 23:13, 5 de abril de 2011 (UTC)
Parabéns, compañeiro. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:17, 5 de abril de 2011 (UTC)

Urbino[editar a fonte]

Ola, Toliño. Teño un par de problemiñas editando o artigo Urbino nos que tal vez ti me podes axudar. O primeiro, e non por iso o máis importante, é que me aparece unha chave ó principio de todo que non sei de onde sae. Por moito que busquei non dou atopado chaves de máis nin de menos. O segundo é que metín o escudo da cidade no modelo de información da ídem, pero non é visible ó gardar nin ó previsualizar. Hai modo de arranxar isto? Un saúdo e grazas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 10:41, 14 de abril de 2011 (UTC)

Xa vin que estivestes fedellando nel. Grazas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:09, 14 de abril de 2011 (UTC)

Xornal[editar a fonte]

A ver si mañá podo facelo. Outra cousa, en Commons hai unha mensaxe no menú da esquerda que está en inglés, ó final de todo pon Nominate for deletion. Dinme de alta en translatewiki e non o din atopado, ¿ti sabes ónde está esa mensaxe?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:04, 29 de abril de 2011 (UTC)

Feito! Feito!, deixeilles aviso ós que foron á reunión para que lle voten un ollo por si hai que arranxar ou engadir algunha cousa. O de translatewiki tentarei votar unha man de cando en vez, si algún día se che acumula o choio dame un toque e tentarei pasar por alí. Graciñas pola explicación da outra mensaxe, mirarei un pouco por alí a ver si o pillo. Por certo, ¿non habería que cambiar a tradución do texto Cargar o ficheiro por Cargar un ficheiro, ou simplemente Cargar ficheiro?. É que sempre que vexo esa opción penso que só se vai poder cargar un só ficheiro... Boeno, ó mellor só é impresión miña, non sei. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:19, 29 de abril de 2011 (UTC)

A mandar!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:45, 1 de maio de 2011 (UTC)

Modelo República Checa // Andorra[editar a fonte]

Ola Toliño, podes crear un modelo coa bandeiriña da República Checa, o único que atopei foi o de checoslovaquia. un saúdo--AMPERIO 11:36, 16 de maio de 2011 (UTC)

Se podes facer o mesmo con Andorra estaría moi agradecido--AMPERIO 11:43, 16 de maio de 2011 (UTC)
Moitas grazas! a verdade é que non sei onde podo mirar os que hai e poño letras ata que sae o que eu quero. Se puideras dicirme onde se mira aforrariasme traballo. Un saúdo e grazas de novo--AMPERIO 14:18, 17 de maio de 2011 (UTC)

Lusismos en Fenómeno[editar a fonte]

Claro que había moitos lusismos. Á parte dos que deixou un usuario anterior, os que puxen eu. Que non é que foran lusismos se non portugués normativo, porque estaba utilizando un anaco da páxina portuguesa correspondente. E para iso puxen o aviso ARTIGO EN EDICIÓN (que, na miña ignoracia, pensabe que era para quie ninguén intervira mentre op artigo se estaba editando). Un saúdo. ----Usuario:Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 18:32, 16 de maio de 2011 (UTC)

Tradutores e procesadores de texto[editar a fonte]

Eu non teño que ter coidado con ningún tradutor nin pocesador de texto, porque non os uso. As traducións fágoas (ben, regular ou mal) a man, coa axuda dos dicionarios pertinentes. Non sei onde viches pegadas diso na miña edición orixinal. Sería na versión doutro editor que debía ser daltónico e non viu o letreiro verde de EN USO.

No que si hai que ter coidado e en non entrar en artigos que estean en uso. Cómpre agardar un pouco a que estea editado definitivamente. No meu caso, nunca fixen uso do mes de prazo que a Wiki dá para retirar o aviso, como moito, unha semana. ----Usuario:Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 19:02, 16 de maio de 2011 (UTC)

Non sei do que me falas co das ligazóns a outras wikis. ----Usuario:Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 19:14, 16 de maio de 2011 (UTC)

Desculpa polo ds "ligazóns a outras Wikis" (e polo cabreo). Como son un novato (pese a ser un vello rosmón, como corresponde á miña condición) non sabía o que era iso: os nomes da páxina correspondente noutros idiomas que van ao final. Normalmente, nos artigos novos, "copio" os que están nalgunha páxina das que uso como fonte, engadindo (cando me lembro) o idioma que "falta", segundo a páxina usada, que normalmente é es, pt, fr, it, ca, ou en. Agora entendo xa o de procesador de texto. Para non perder a miña edición copieina en Wordperfect (son tan antidiluviano que non uso Word) e claro, ao copiar iso na wiki desaparecen os signos "raros"; por iso amañei só as palabras gregas que estaban no texto; agora xa sei que teño que "copiar" outra vez a lista de linguas dunha wiki, cando ocorra algo como o de hoxe.

Efectivemente, móvome un pouco, e sen paracaídas, porque son de ciencias, en temas filosóficos, sobre todo os relacionados coa filosofía da ciencia e a epistemoloxía, porque parece que hai poucos galipedistas filósofos. O que estou tratando de facer estes días é azulear as palabras vermellas no artigo Ciencia que, modestamente, penso que é un importante artigo. Cando acabe de contestar isto, irei ver o que me dis na Conversa:Noúmeno. Grazas polos teus parabéns, e polas túas axudas. E desculpa o meu alporizamento de antes. Pero... aínda que sexaas Toliño, non me fagas máis tolerías. ----Usuario:Xoio (Conversa Usuario:XoioÉche o que hai) 19:54, 16 de maio de 2011 (UTC)

RE: Traducións[editar a fonte]

Non sabía que en Resume había que poñer o artigo da wikipedia de onde procedía a tradución. De todos modos ás veces utilizo partes de dúas wikipedias, mestúroas, remodéloas moito en determinados capítulos, cambio os títulos dos capítulos, e nalgúns casos introduzo capítulos novos creados por min (unha das teorías sobre a orixe dos cilios, por exemplo), etc. Pero si, a partir de agora procurarei facer iso. O principal problema é que as referencias e notas que se copian, despois non saen ben, porque deben ser modelos distintos e eu non sei como se arranxa iso. Hai algunha páxina que o explique? Miguelferig Miguelferig 19:20, 16 de maio de 2011 (UTC)

erros nas referencias traducidas[editar a fonte]

Si, refírome a que as referencias e notas de páxinas traducidas saen mal e están en branco ou con mensaxes en vermello. Din que non atopan a etiqueta references ou non sae nada ou só parte da información. Seguramente o modelo non é o mesmo, pero non sei. En canto aos cambios feitos por min, xeralmente non afectan á maior parte da páxina, aínda que ás veces remodelo, cambio e mesturo capítulos enteiros. Eu podería facer esas páxinas desde cero, porque son da especialidade, pero despois é moi difícil e leva moito tempo atopar as referencias, as cales xa están aí ao copialas. E que vin tantos termos en vermello nos cadros de partes da célula, que decidín ilos poñendo en azul conforme teña tempo, e por iso estou facendo tantas páxinas sobre bioloxía. Estes días tiven moito tempo. miguelferig Miguelferig 19:38, 16 de maio de 2011 (UTC)

Cambiar o nome dunha páxina[editar a fonte]

Grazas polas túas indicacións sobre as referencias e os modelos. Aínda non tiven tempo de ver as páxinas sobre ese asunto, pero en canto teña tempo xa me poño con iso.

O motivo desta mensaxe é outro. Quero preguntar como se pode facer para cambiarlle o nome a unha páxina. Fixen a páxina Corpo Weibel-Palade (un gránulo celular raro), pero en realidade quero que se chame corpo DE Weibel-Palade, que penso que é moito máis correcto. Non foi culpa miña, simplemente cliquei no termo que estaba en vermello, que poñía corpo Weibel-Palade e xa saíu así. Non me decatei que estaba mal e agora non sei como rectificar. Modifiquei o cadro dos orgánulos para ver se funcionaba, pero non serviu de nada. Refírome a este cadro {{orgánulos}}. Miguelferig 21:56, 18 de maio de 2011 (UTC)

bloqueo de yaoming[editar a fonte]

Me estraña que o fixeran desde o meu instituto. Os profesores non creo, aínda que eu lles ensinei no curso do proxecto Abalar a facer unha wiki en wikispaces e púxenlle un exemplo de como se faría unha páxina na galipedia (pero non son ningún experto, nin moito menos, que eu son biólogo, non informático e xa ves os fallos e descoñecementos que teño). Pero tamén poden ser os alumnos. No meu centro debe haber case 100 PC nas 3 salas de ordenadores, dúas salas de profesores, biblioteca, departamentos, portátiles de Xefatura que se levan ás clases, secretaría e despachos de directiva, polo que hai moitos posibles accesos. Pero ao mellor ese Yaoming é un chinés. Eu unha vez entrei nunha páxina chinesa cando puxen mal Corpo Weibel-Palade, que saíu así mal nas 3 wikipedias (só) que teñen esa páxina, entre elas unha con caracteres orientais, e cambieillo poñendo o "de" en gl:corpo DE Weibel-Palade entre corchetes na lista de linguas final. Igual foi iso, non sei, igual lles pareceu mal. Pero creo que non lles fixen nada malo e esa corrección mínima penso que entra dentro do espírito da wikipedia. Foi porque non sabía como cambialo desde aquí, por iso despois preguntei. Miguelfernandez1 20:09, 20 de maio de 2011 (UTC)

conta alternativa[editar a fonte]

Grazas por poñerme a conta miguelferández1 como alternativa de miguelferig. Non sei o que isto supón, pero supoño que é necesario e estará ben. Con miguelfernandez1 só fixen unha páxina, a de "endosoma" creo, pero prefiro usar a de miguelferig, que espero siga funcionando ben. Miguelferig 12:17, 22 de maio de 2011 (UTC)

Modelo:Contribucións de usuario[editar a fonte]

Xa, e que onte tiven que ir para a cama e non me deu máis tempo. --Vivaelcelta 17:43, 26 de maio de 2011 (UTC)

Severiano Ballesteros[editar a fonte]

Feito! Feito!, con gusto. É importante ter este tipo de artigos, aínda que sexa co mínimo, para que de aí o usuario poida interwikear cara artigos máis completos noutras linguas. Aínda fixen hai nada o de Stephen King, que tampouco non estaba e é dos obrigados. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:55, 2 de xuño de 2011 (UTC)

Táboa[editar a fonte]

Que boa esta, Toliño![4] Sería posíbel dalgunha maneira que na primeira imaxe do xornal puxese novas e non news? Sábelos facer e tes tempo para facelo? --Atobar (conversa comigo) 11:21, 9 de xuño de 2011 (UTC)

Listo (por HombreDHojalata). Moitas grazas, Toliño. [5] --Atobar (conversa comigo) 14:00, 9 de xuño de 2011 (UTC)
Grazas a ti, Toliño, que es o que fai o traballo serio. O meu foi unha mariconada. Fíxeno nun PC corporativo, cun Windows XP prof "capado". Empreguei Microsoft(c) Paint para debuxar as letras a man alzada (pixel a pixel) modificando as letras orixinais e unha versión portable de GIMP para copialas e pegalas no arquivo final!--. HombreDHojalata.conversa 15:17, 9 de xuño de 2011 (UTC)

Reto técnico[editar a fonte]

Toliño, coma sempre, teño unha pregunta para ti (son un pouco pesado, seino).

Nalgunhas das portadas dos diferentes proxectos nas diferentes linguas aparece automáticamente, na parte superior, o nome da páxina e noutras non. Refírome o "Conversa usuario:Toliño" que aparece en letras enormes subliñado cunha liña gris pero no caso específico da páxina da portada do proxecto.

Exemplos onde aparece: na portada da Wikipedia en latín: "Pagina prima" e doutras wikis pequenas, na portada de Galicitas: "Portada" xusto debaixo de artigo-discusión e antes de "Benvidos...", a portada do wikiquote en euskara: Azala, a portada do wikiquote en inglés: "Main Page" ...

Exemplos onde non aparece: na portada da Galipedia e das grandes wikipedias, na portada do wikikiquote en castelán, o wikiquote en catalán ...

Como se fai para quitarllo? Quería facelo na Galicitas--. HombreDHojalata.conversa 10:25, 12 de xuño de 2011 (UTC)

Graciñas!, gardo o código e a ver se podo empregalo algún día. Xa falaremos--. HombreDHojalata.conversa 10:41, 12 de xuño de 2011 (UTC)

Feito o da mitocondria, pero é moito peor en ribosoma[editar a fonte]

Xa integrei a introdución que había de mitocondria no artigo, pero non integrei todo ao principio senón en distintas partes do mesmo, onde correspondía segundo o que dicía cada frase.

Un problema máis grande vai ser a páxina ribosoma, que completei recentemente. Tiña un apartado xa feito sobre funcións que penso ten algúns erros e unha redacción un tanto inapropiada. O problema procede da páxina en castelán, da que eu tamén traducín algunhas partes, pero non esa parte, porque me pareceu bastante mala. Deixei unha mensaxe na conversa da páxina co que me parece a min que está mal, e esa si que vai ser difícil de integrar. Ademais ocupa todo o espazo coas correspondencias dos codóns cos aminoácidos, e iso é máis apropiado na páxina "código xenético", que tamén existe.

Por último gustaríame saber como se fai para que facendo clic en diferentes termos vaian á mesma páxina. Por exemplo, fixen as páxinas "ARN ribosómico" e "ARN transferente", e gustaríame saber se é posible que sexan redirixidos a esas páxinas os que preman en termos como "ARNr" , "rRNA" (que a pesar de estar en inglés é tamén un termo oficial), "ARN de transferencia", "ARNt" ou "tRNA". Saúdos. Grazas. Miguelferig 18:52, 20 de xuño de 2011 (UTC)

bot[editar a fonte]

Graciñas por darlle o status de bot a Cocu, e desculpa que llo pedise só a Alberte, aínda sigo co chip mental de que hai un só burócrata activo. :) Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:29, 21 de xuño de 2011 (UTC)

Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións/Usuario:HombreDHojalata[editar a fonte]

Momento de pechala, Toliño. Ocúpaste e daslle os dereitos a HombreDHojalata. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:11, 21 de xuño de 2011 (UTC)

Moitas grazas, Toliño. E permíteme remitirme ó que lle dixen por correo a Alberte cando mo propuxo:
Ola Albert. Primeiro de nada, grazas pola confianza.
Eu pensara ofrecerme voluntario para a Galicitas, que está semiabandoada. Calquera día nola pechan, que xa o fixeron noutros casos. Precisa de alguén que lle bote un ollo de vez en cando.
A verdade é que, dende un punto de vista egoísta, o posto de administrador implica máis responsabilidade/conflitos/estrés e, como sabes, para colaborar na wiki o 99% das cousas pódese facer sen necesidade dos botóns.
De calquera xeito, se hai que botar unha man, e todos concordades, aquí estou.
Penso que durante as vacacións non vou estar menos dispoñible, ó contrario. A non ser que algún día non teña conexión, que sería raro.
Contade comigo, logo, para o que sexa.

hombredhojalata<<<arroba>>>gmail.com — 7 de xuño de 2011 15:14
--. HombreDHojalata.conversa 16:38, 22 de xuño de 2011 (UTC)

Dúas columnas[editar a fonte]

Poderías darlle o feitío para que aparezan dúas columnas paralelas ou unha cousa polo estilo, como ás veces facemos coas referencias? [6] Graciñas, Toliño. --Atobar (conversa comigo) 10:52, 24 de xuño de 2011 (UTC)

Usurp[editar a fonte]

Thank you!Vago 05:58, 5 de xullo de 2011 (UTC)

Asistente de cargas de Commons[editar a fonte]

Boas, por fin conseguín amañar a imaxe do asistente de cargas de Commons. Cando teñas un momento vótalle un vistazo por si quedara algún detalle máis e logo xa aviso para que protexan o ficheiro porque xa forma parte da ferramenta das cargas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:11, 27 de xullo de 2011 (UTC)

Moi ben, pois entón vou dicir que a protexan. Ah, e grazas pola revisión da outra páxina, a verdade é que me esquecín de repasala e mira como quedou, menos mal pasaches por alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18:38, 1 de agosto de 2011 (UTC)

Bloqueo dirección IP[editar a fonte]

Tes razón, grazas. Cambieino por unha semana--. HombreDHojalata.conversa 18:10, 2 de agosto de 2011 (UTC)

Renomear usuario[editar a fonte]

Hola Toliño. Deixei un pedido para cambiar o meu nome de usuario aquí. ¿Podería atenderlo? Moitas grazas, Dferg 09:06, 30 de agosto de 2011 (UTC)

Parabéns[editar a fonte]

e grazas por eses encabezamentos tan chulos!--. HombreDHojalata.conversa 16:00, 30 de agosto de 2011 (UTC)

Cambio de nombre de usuario[editar a fonte]

Hola, Toliño. Me he dado cuenta de que has atendido al pedido de renombramiento de MarcoAurelio, hecho ayer, pero no el mío, que he dejado ya el 11 de agosto. Pensé que la razón del retraso fuera la época de vacaciones, pero ahora me entero de que no era el caso. Si el problema fuera haber dejado mi mensaje en portugués, me podrías haber dicho, porque podría habértela traducido al menos al castellano (perdona por no escribir en gallego), pero creí que el portugués fuera al menos comprensible por usuarios españoles. Aquí está la traducción de mi pedido: "Hola, ¡espero que no haya problemas por escribir en portugués! Ya he alterado el nombre de mi cuenta para Sukigu en otras wikis (incluyendo mi wiki principal) y quería pedir el renombramiento en todos los proyectos en los que tengo ediciones. Gracias." Agradecería que mi nombre fuera cambiado, pues estoy esperando para unificar mi cuenta global hace algún tiempo. GTNS 16:53, 31 de agosto de 2011 (UTC)

Una vez más, ¡gracias! Sukigu 17:05, 31 de agosto de 2011 (UTC)
Sólo ahora leí el mensaje que has dejado en mi página de discusión en Wikipedia en portugués. Ah, comprendo, y perdón también por haber pensado que fuera el problema lingüístico; no había pensado en verificar tus contribuciones. ¡Un saludo! Sukigu 17:13, 31 de agosto de 2011 (UTC)

Bot[editar a fonte]

So nos artigos da categoría Atois? Non podo facelo en tódalas páxinas do espazo de nomes principal?--. HombreDHojalata.conversa 11:50, 4 de setembro de 2011 (UTC)

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 17:54, 4 de setembro de 2011 (UTC)
Laméntoo, levo un bo anaco dándolle voltas e lendo o meta:Pywikipediabot/Scripts e subpáxinas para adiante e para atrás, e probando, e non son capaz de facer o que precisas. Non controlo tanto :-( --. HombreDHojalata.conversa 14:57, 5 de setembro de 2011 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Feito o dos "O" x "W". Non amolas, ó contrario. Gracias a ti. E anímate, calquera día, a meterte a controlar un bot, que seguro que lle sacas partido--. HombreDHojalata.conversa 17:29, 5 de setembro de 2011 (UTC)

Mensaje[editar a fonte]

Por favor, vea en:User talk:KuduIO#Help us at gl.wikipedia (from WP:BTR). Gracias. — Kudu ~I/O~ 18:32, 9 de setembro de 2011 (UTC)

I've finished running the bot. Please tell me on my talk page on en.wikipedia if you need anything else. — Kudu ~I/O~ 21:15, 13 de setembro de 2011 (UTC)

Marcador[editar a fonte]

Está perfecto. Moitas grazas. --Atobar (conversa comigo) 14:37, 14 de setembro de 2011 (UTC)

Carl von Linné[editar a fonte]

Boas Toliño moito me da que estas a borrar traballos solo por que che peta e sin poñelo en consulta, borraches dous modelos que non sei se te decataches pero facian falta para que funcionase a paxina Carl von Linné penso que se non estas de acordo sempre o poderas espoñer ante a comunidade ainda que penso que deverias antes falar comigo e se esistiran modelos que fixesen o mesmo traballo mo deverias facer saber e eu non teria menor inconvinte en trocalos, tamen creo que deverias respetar o traballo que estou a facer pois desde o 28 de outubro de 2005 nadie fixo unha achega en serio o artigo, tan so arranxiños e avisos, e agora que eu estou a facer o traballo de traducilo desde a wiki en catalan e castela empezan as achegas en forma de intromisions no traballo do editor que son eu. Rogariache que te mantiveras o lado e cando acabe se dexesas facer algun troco vas a ter o artigo a tua disposición Un saudo--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 06:58, 26 de setembro de 2011 (UTC)

Rogariache, se pode ser, que volveras a facer os modelos pois os que ti propos non traballan igual, e seo fan, comentame como se usan. Se tes algo que modificar ou añadir o artigo espero que mo espoñas na páxina de conversa do artigo para asi a ser posible facer o cambio ou as melloras que propoñas sen conflitos de edicións. Grazas--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 07:15, 26 de setembro de 2011 (UTC)

Estas desculpado pero o que pasou é que cando fixen os modelos xa era tarde e queria ver como funcionaban polo que deixei o resto sen facer polo tanto casi que tamen che devo unha desculpa. Cando pola mañań miro os traballos xa os mirei borrados e paso a poñer os modelos que ti indicabas pero non traballabán confeso que nun principio me molestou ainda que mirando as tuas desculpas creo que parte da culpa tamén a tiven eu. De todas as formas teñoche que confesar que non sei seria capaz de facelo tamben como o fixeches ti. Grazas e desculpame se fun un pouco brusco--Alfonso (fálame sempre e pitame nas curvas) 15:12, 26 de setembro de 2011 (UTC)

Logo TVG[editar a fonte]

Esta claro que antes de poñerse a traballar hai que procurar que o traballo non estea xa feito ;-)

Agora temos tres. Amais do Ficheiro:A galega.jpg, temos File:Televisión de Galicia Logo.svg (que eu xa vira e non me lembraba) subida por un alemán no mes de maio e File:Logo+TVG.svg que atopei na rede e que acabo de subir eu.--. HombreDHojalata.conversa 17:31, 28 de setembro de 2011 (UTC)

E grazas!!! pola actualización do modelo Information. Xenial! A min nin se me ocorrera pensalo. Iso vai simplificar moitas cousas. Agora saltaron uns cantos centos en Categoría:Imaxes sen orixe e en Categoría:Imaxes tarefas pendentes. Vai dar traballo ir arranxándoas, pero paga a pena--. HombreDHojalata.conversa 17:31, 28 de setembro de 2011 (UTC)

Modelo[editar a fonte]

O Modelo:Pixar está na páxina de Steve Jobs, que seguro será bastante visitada estes días. Tratei de pechalo para que non quede aberto pero non son moi aleuto con estes temas. Pódestes encargar ti? Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:49, 6 de outubro de 2011 (UTC)

Pois eu sigo a velo aberto, Toliño. E outra cousa: tamén sucede que agora mirando páxina co modelo de escritor vexo que este modelo e mais a foto saen á esquerda e non como deben. Ex.: Fina Casalderrey ou Paco Martín. É un problema meu ou ti tamén o ves mal? Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 20:59, 6 de outubro de 2011 (UTC)
E non sei se me estará a pasar con todos os modelos, porque acabo de entrar en Romain Rolland e o mesmiño me sucede co dos Nobel. E outra cousa rara: a túa páxina de conversa de usuario sáeme como Utilizador Discussão:Toliño. Son eu o é o 'sistema'? --Atobar (conversa comigo) 21:09, 6 de outubro de 2011 (UTC)
Correcto. Eu daría a fin de semana de marxe, por exemplo. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 21:27, 6 de outubro de 2011 (UTC)
Os mesmos. Teño Ubuntu e uso Firefox, que é onde teño o problema. Co Chrome non me pasa. Co outro ordenador da casa, tamén Ubuntu e Firefox, de novo o mesmo problema, que é con todos os modelos, por certo. E como che dixen, os do final (monumentos de Galicia, música latinoamericana etc.) sáenme abertos (malia o collapse) e desleixados (sen os bordes), así como os marcadores. Graciñas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:23, 11 de outubro de 2011 (UTC)
  • Milagre!: de socate está todo ben. Xa vexo todo como debera velo sen cambiar nada na configuración nin cousa así, de modo que imaxino que seguen a argallar co sistema e xa o solucionaron. Queda pois o do utilizador e discussao. --Atobar (conversa comigo) 21:28, 11 de outubro de 2011 (UTC)

Re:Traducións de páxinas en Commons[editar a fonte]

Se o proxecto de pasar as imaxes a Commons vai para adiante haberá que preparar algunhas páxinas para axudar todo o posible, e eses textos teñen moi boa pinta. Xa tomei nota da tradución que me comentas e polo que vin de pasada parece que ten moi boa pinta, seguramente só haberá que actualizala un pouco. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:41, 6 de outubro de 2011 (UTC)

Commons Ticker[editar a fonte]

Boas, ¿sabes usar esa ferramenta?, ¿sabes ónde deixa os avisos dos cambios nas imaxes?, e por último, ¿sabes se segue funcionando na Galipedia?. Atopeina esta semana aínda que me sona ler cousas dela por aí adiante aínda que nunca lle prestara atención, estou pensando se seria interesante seguila ou facela funcionar aquí. Nesta páxina di que está activo pero nestoutra atopei unha serie de mensaxes de erro que pararon no 2008 e por iso non sei se funciona agora ou non. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Elisardojm (conversacontribucións) o 9 de outubro de 2011‎ ás 02:42

Era o que me parecía, moitas grazas e un saúdo!, --Elisardojm (conversa) 22:04, 9 de outubro de 2011 (UTC)

MediaWiki 1.18[editar a fonte]

Boas Toliño. Con respecto ó que comentei na Taberna, ¿sabes como se lle pode quitar a icona de información ós reprodutores de son? E que no Galizionario estabamos ligando coa páxina de información cunha ligazón de texto, que quedaba mellor ordenada na visualización do modelo {{son}}.
Observei que na Galipedia tamén desaparecera a cor de fondo do indicador de edición feita por un bot na lista de cambios recentes. ¿Sabes como restauralo?
Unha última cuestión: antes con poñerlle NOEDITSECTION á sección de maior grao, xa ningunha das seccións menores era editable. Agora si que o son. Realmente este non sería un problema se ó darlle a "editar" puideramos editar a sección e non o modelo que crea a sección (mira por exemplo wikt:cabalo). Coñeces algunha solución sinxela.
Graciñas. [ Furagaitas * ] 20:10, 12 de outubro de 2011 (UTC)

Para a icona da edición feita por bot, proba a cambiar .bot por .botedit en MediaWiki:Vector.css. [ Furagaitas * ] 16:41, 18 de outubro de 2011 (UTC)
Os cambios xa son visibles, proba a actualizar o navegador :) [ Furagaitas * ] 16:59, 18 de outubro de 2011 (UTC)

Corrector ortográfico[editar a fonte]

Menos mal que andabas por aquí para quitar ese alcalde omnipresente... :).

Mira, quería saber se podería haber algún problema en que solicitara instalar o corrector ortográfico que propuxo VivaelCelta na taberna. Eu penso que non porque se activa dende as preferencias e con iso cada un decide se o quere usar ou non. ¿Ti que dis?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:43, 19 de outubro de 2011 (UTC)

E outra cousa que non ven con isto. Acabo de mirar o rexistro do usuario AsCuFo e pon: "Conta de usuario creada automaticamente", ¿isto que quere dicir?, ¿que foi unha conta creada globalmente ou que?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:46, 19 de outubro de 2011 (UTC)

Preguntaba non fora a ser que pudera haber problemas con algunha outra cousa. Vou ver si o inpoden instalar entón, graciñas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:55, 19 de outubro de 2011 (UTC)
Parece ser que o corrector xa ten creado o script no Toolserver, agora, según entendo, só fai falta engadir o trebello na Galipedia, do xeito á castelá só cambiando "/~apper/sc/es/" por "/~apper/sc/gl/". Se está ben, ¿podes instalo ti?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:43, 31 de outubro de 2011 (UTC)
Grazas! :), saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:49, 1 de novembro de 2011 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Boas!! Simplemente darche as grazas e dicirche que a partir de agora empregarei o outro modelo. É agradable saber que aprecian o traballo dun. Parabéns a ti tamén. --Breogan2008 14:47, 20 de outubro de 2011 (UTC)

Parques zoolóxicos[editar a fonte]

Boas Toliño. Só a título de comentario interno e sen máis intencióin que expresar unha opinión. Discrepo totalmente na categorización dos parques zoolóxicos como Zooloxía. A Zooloxía é unha ciencia que estuda os animais, e os parques zoolóxicos son un simple espectáculo con intereses comerciais onde pechan diferenctes animais dentro de gaiolas ou espazos pechados. Non só non son zooloxía senón que os considero anti-zooloxía. Pode haber algunha excepción, ou máis exactamente algunha sección dalguún zoolóxico, pero como norma non son outra cousa que cárceles de animais. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:37, 23 de outubro de 2011 (UTC)

  • Non o borro da cat. Zooloxía por coherencia coas outras wikis e porque non quero introducir consideracións persoais, pero engado a cat. Espectáculos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:00, 23 de outubro de 2011 (UTC)

Redireccións[editar a fonte]

Moitas grazas. Levo só uns poucos días afastado da Galipedia, e sei que xa perdín as mañas. O problema era que non sabía que osíxeno aparecía en dúas entradas, Osíxeno (atómico) e Osíxeno (molecular), cousa pouco habitual en química; o normal, nos elementos químicos, é introcucilos polo seu nome, facendo logo remisións a outras formas. A xeito de exemplo, na Wiki es español podemos ver:

"Oxígeno.
Este artículo trata sobre el elemento químico (O).
Para otros usos de este término, véase Oxígeno (desambiguación).
Para el compuesto químico O2, véase Dioxígeno."

O problema era porque o termo oxíxeno (que é normativo), aparecía en vermello na páxina Ciencia (agora, xa está ben, grazas) e... esquecín o do lixo. Saúdos. --XoioÉche o que hai 12:54, 27 de outubro de 2011 (UTC)

Entorno[editar a fonte]

Boas! Segundo os dicionarios de Xerais que manexo, a palabra galega para o castelán entorno sería contorna ou contorno. A min case que me gusta máis a primeira, en feminino. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 13:13, 31 de outubro de 2011 (UTC)

L'autre monde ou les états et empires de la Lune[editar a fonte]

Por que non lle vexo a cursiva no título, Toliño? --Atobar (conversa comigo) 16:53, 31 de outubro de 2011 (UTC)

Fotos elementos químicos[editar a fonte]

Iso é debido a que a ese medio centenar de artigos metinlle a ficha {{Elemento químico}} onte. A ficha que metín en tódolos casos está absolutamente baleira. De feito a maioría dos artigos so teñen unha liña e están sen tocar dende que os creou Agremon no 2005. A ficha baleira vale así porque mostra unha imaxe baleira. En realidade é a imaxe dun tubo de ensaio cheo de hidróxeno, e dicir, non amosa a imaxe de nada. En concreto a solución para o das imaxes é sinxela, so hai que ir completando as fichas e automaticamente aparece a foto correcta. De feito so fai falla poñer o símbolo é o peso atómico [7]. Comprométome a ilo facendo.

Todo isto o fixen pensando que as fichas as pode cubrir calquera, mesmo un escolar que o estea estudando no colexio. O que non estaba ó alcance de calquera é saber que hai unha ficha, conseguir atopala, copiala, metela no artigo...--. HombreDHojalata.conversa 10:30, 1 de novembro de 2011 (UTC)

GedawyBot[editar a fonte]

Hi. I made a request for bot flag, I hope you approve it. Thanks.--محمد الجداوي 19:17, 2 de novembro de 2011 (UTC)

Wikipedia:Detector de homónimos[editar a fonte]

Toliño podes crear o código Javascip do Wikipedia:Detector de homónimos e poñela en "Trebellos" a partires desta es:MediaWiki:Gadget-DetectaDesambiguaciones.js? E que eu non podo porque non son administrador. -- Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 18:09, 3 de novembro de 2011 (UTC)

Grazas Toliño. Este foi moito máis sinxelo que o corrector ortográfico. -- Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 18:59, 3 de novembro de 2011 (UTC)

Categoría:Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros[editar a fonte]

Boas!. Mira unha cousa, estou amañando os artigos desa categoría pero agora quedan só 10 que non dou amañado porque son modelos que xeneran o nome dunha imaxe a partires dun parámetro. ¿Ti sabes como se pode facer para que non se creen esas ligazóns rotas?. Creo que teño visto nalgúns modelos algún trebello para que o modelo non se "aplique" na mesma páxina do modelo pero non sei ónde o vin nin se valería para estes casos... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:06, 9 de novembro de 2011 (UTC)

Deixa o de antes, creo que xa din co problema e agora vou ver se o dou amañado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12:47, 9 de novembro de 2011 (UTC)

FYI[editar a fonte]

This, have a nice day! --Vituzzu 21:07, 9 de novembro de 2011 (UTC)

Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros[editar a fonte]

Boas!. Mira, estiven mirando esas páxinas e hai dous modelos que están nesa categoría, o de situación de parroquias e o de elementos químicos. O problema que teñen é que constrúen o nome da imaxe dentro do modelo, un con Toliño/Arquivo 5.jpg e o outro con {{{símbolo}}},{{{número}}}.jpg. A solución que hai é cambiar o modelo e facer que en vez de crear o nome da imaxe se lle pase como parámetro na chamada. Fixen unha proba con SituaciónDeParroquia nas miñas subpáxinas, nesta o modelo e nestoutra unha proba do mesmo. Para o modelo de situación da parroquia non habería moito problema, só hai unhas 20 páxinas que a usan, pero a outra, a de elemento químico, ten sobre 100 páxinas. E a cousa é, ¿cambiarei 150 páxinas para amañar a ligazón rota de dous modelos?. Ademais que con ese cambio o uso deses modelos é un pouco máis complicado porque tal e como están agora os modelos non precisan ningún parámetro para a imaxe e si os cambiamos habería que engarirllo. Así que non sei si será moi convinte fedellar nisto, ¿ti que dis?. Eu non o digo polo traballo que me pode dar, que iso é igual se non fago iso fago outra cousa, o que máis me preocupa é o de complicar un chisco máis o uso do modelo para tan pouco beneficio. Ainda que tamén é certo que maioría dos outros modelos usan esa forma de pasar os parámetros, poñendo o ficheiro que se mostrará no artigo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:53, 13 de novembro de 2011 (UTC)

Pois non sei moi ben por qué eses modelos xa non están na categoría..., supoño que os cambios que fixeches en Elementoquímico funcionaron, o que non sei é o que pasou con SituaciónDaParroquia que xa non aparece. Boeno, o que importa é que a categoría vaise valeirando :). Moitas grazas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 13:41, 14 de novembro de 2011 (UTC)

Federal Bureau[editar a fonte]

Claro que si. Fareino hoxe. --Atobar (conversa comigo) 11:28, 14 de novembro de 2011 (UTC)

Translatewiki.net[editar a fonte]

Toliño canto tempo tardan en visualizarse os cambios que fixen en Translatewiki.net na Wikipedia? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 19:26, 14 de novembro de 2011 (UTC)

Modelo:Libro[editar a fonte]

Ola, Toliño; a ver se me podes axudar; no Modelo:Libro o título (que aparece no recadro vermello) aparece escorado á esquerda; no artigo El Buscón púxenlle o parámetro <center>, pero pode modificarse directamente o modelo para que apareza centrado en todos os artigos con este modelo? Por outra banda, é posible que o parámetro 'Título orixinal' apareza sempre en cursiva?
Xa me contarás; un millón! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:19, 29 de novembro de 2011 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

;) --Xabier Cid Talk 2 me, please 15:57, 1 de decembro de 2011 (UTC)

Username rename request: White Cat -> とある白い猫[editar a fonte]

I'd like to request a username rename per SUL. -- Cat chi? 16:49, 11 de decembro de 2011 (UTC)

Rename of account[editar a fonte]

Ola Toliño, I need to have my account renamed here, from Maedin to Julia W (to match my main account on English Wikipedia, [8]). As you are a bureaucrat, could you do this for me, please, using Special:RenameUser? Thank you very much! Maedin 18:38, 16 de decembro de 2011 (UTC)

Modelo:Ópera[editar a fonte]

Toliño, Piquito pediu axuda para traer o modelo do castelán. Cando teñas tempo podes botarlle unha man? Moitas grazas. --. HombreDHojalata.conversa 21:43, 17 de decembro de 2011 (UTC)

Grazas maestro! --. HombreDHojalata.conversa 23:02, 18 de decembro de 2011 (UTC)

Modelo ópera[editar a fonte]

Moitas grazas Toliño!! A verdade é que eu non son un gran experto e non controlo o suficiente como para crear modelos de 0, por eso os collo doutras wikis ou adapto os que hai na galega. Un saúdo e grazas nóvamente, Piquitoconversa 13:35, 18 de decembro do 2011

Trasladar artigos[editar a fonte]

Xa sabía que hai que mover os artigos coma ti me dis, o que pasa é que neste caso, xa existía o artigo ó cal move-lo artigo, o que si non sabía é que había que anuncialo antes no taboleiro dos administradores, pensei que chegaba coa discusión na propia páxina de conversa, erro meu, non volverá a acontecer.--Xabier Cancela (fálame) 16:25, 18 de decembro de 2011 (UTC)

Merrrddd ...... O historial de revisións ... en que carallo estaría pensando!!! Que erro, esquecino totalmente!!! e graciñas polos parabéns--Xabier Cancela (fálame) 16:34, 18 de decembro de 2011 (UTC)!!!

Ligazóns do INE[editar a fonte]

Sorry! A verdade é que copiei a estrutura dunha páxina (xa non lembro cal) pois a ligazón externa leva á parte da web do INE onde se buscan os datos poboacionais. Non hai problema, xa continúo poñendo unha ligazón interna e irei correxindo as que fixen, iso si, fareino o vindeiro ano que hai que chegar aos 80.000 como sexa antes de fin de ano. Veña que isto está feito!--Xosé Antonio (fálame sempre) 19:37, 30 de decembro de 2011 (UTC)