Usuario:Elisardojm/Covelas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

San Vicente de Covelas é unha parroquia do concello lugués de Ribadeo na comarca da Mariña Oriental.

Os seus limites son: ao norte coas parroquia de Vilaframil e parte da de Piñeira, polo leste coa de Ove, excepto en Vilausende, nestas o río Grande failles de separación. Ao sur, o mesmo río a separa de Cedofeita e o río Lexoso a separa de Arante polo oeste, xunto coa parroquia da Devesa. A parroquia pertence ao arciprestazgo de Ribadeo, conta con 451 habitantes agrupados en 19 entidades e un lugar cunha densidade de poboación de 29'6 hab/km² segundo censo do 2004.

As entidades de poboacion son as seguintes: As Anzas (81), Os Batais (13), A Cabana (4), A Capela (abandonado), Os Carboeiros (6), A Casa da Hedra (15), Celeirós (5), O Esfolado (19), Marelle (14), A Ponte (5), O Pousadoiro (abandonado), Reme de Arriba (17), Sa (34), Salcedo (36), San Vicente (76), A Silveira (abandonado), Somo (8), O Vilar (23) e Vilela (95).

  • Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: O Mondigo.

Situacion xeografica da capital parroquial[editar | editar a fonte]

Situación xeográfica
Mapa de situación en Galicia da parroquia
Elisardojm/Covelas
Concello ó que pertence: [[]]
  • Latitude: 43º 30'
  • Lonxitude: 7º 07'
  • Superficie: 15,21 Km²
  • Altitude media: 160 m.

Historia[editar | editar a fonte]

Esta documentada como 'Covellas' na Alta Idade Media, aínda que xa no ano 1488 aparece como 'Cubelas', nome castelán que aínda convive na actualidade co oficial galego de Covelas. Para outros autores o nome e de dubidosa orixe. Pode derivarse de cuba, procedente do latín -cupa e o sufixo diminutivo -ellus, o mesmo que de cova, (latín cova), con posibilidades semellantes. A longa tradición autóctona decántase pola primeira forma, Cubelas, contra a segunda, Covelas, escollida polo nomenclator da Xunta de Galicia.

En Covelas, Arante e Santalla de Vilausende concentrase a maior parte da produción agricola e gandeira do concello. Por outra parte nesta parroquia atopase o punto máis alto do concello, o monte Mondigo de 571 metros de altitude. Iste feito foi aproveitado pola humanidade para, a prol das novas ternoloxías situar un bon número de repetidores de TV, rádio e comunicacions.

Festas[editar | editar a fonte]

A festa patronal celébrase o 22 de xaneiro, dedicada a San Vicente. O 15 de setembro celébrase a Festa da Virxe das Dores, que presenta un carácter máis festivo que a anterior.