Conversa usuario:Fxtorres

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Fxtorres!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 22:45, 15 setembro 2009 (UTC)

Témporas e outros[editar a fonte]

Bo día, Fxtorres. Sempre é un pracer ver que novos editores achegan as súas contribucións ao proxecto, por iso parabéns. Mira, contáctoche moi rapidamente porque onte tiven que pór o marcador de atención no artigo Témporas que creaches. O artigo está ben, pero carece de formato galipédico, e iso é imprecindíbel. En calquera caso, é normal. Ese fallo non hai practicamente ninguén que non o tiveses nos comezos. Xa sabes, ninguén nace aprendido. O caso é que sería bo que artigo comezase dando unha explicación do que son as témporas, de aí xa pasas á metodoloxía, os cálculos, os tipos e todas esas cousas que eu apenas dou entendido. Haino que facer o máis accesíbel posíbel ao lector medio, eu por exemplo, que chego a el non sabendo nadiña. Tamén é importante que miras de pór ligazóns internas e que procuras categorizarlo dentro da categoría que consideres máis acaída. Finalmente, é tamén de igual importancia que engadas as iw's, é dicir, as ligazóns a ese mesmo artigo noutras linguas. Para todo isto, válete de calquera artigo rematado a modo de guieiro. Ao principio vaiche custar, pero verás que en horas ou todo o máis días, o vas dar feito de forma rutineira. O dito, que é un pracer terte por aquí e calquera cousa que precisas ou calquera dúbida que che xurda, non temas en contactar comigo ou con calquera outro editor dos que choian nisto de xeito habitual. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:48, 16 setembro 2009 (UTC)

Ola, Fxtorres. Como me pedía no e-mail, boteille un ollo a Témporas e adapteino un pouquiño máis. Un par de cousiñas: non redirecciones sobre un erro, é dicir, non fagas redirección de Temporas (sen o til) a Témporas. Non facemos iso na Galipedia. Doutra banda, mira de metelo nunha categoría que xa existe ou ben crea a categoría; unha terceira opción sería deixalo PendenteCategoría, cando non sabes onde o meter. É tamén importante que metas referencias, bibliografía e ligazóns internas. En calquera caso, está moi ben para ser o teu primeiro artigo. A seguir mellorando, meu. Última cuestión: é mellor que me deixes a mensaxe na miña páxina de conversa ca no e-mail, porque en calquera caso hai unha alerta que me chega en forma de correo para saber que teño mensaxe nova. E así todo queda máis claro, e se non che respondo eu, sempre pode facelo outro editor que ande por aquí e que o vexa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:52, 22 setembro 2009 (UTC)

categorías[editar a fonte]

Ola Fxtorres ! Benvido na Galipedia e sempre da gusto ver novos usuarios !
Hoxe veño comentarche sobre as categorías da Galipedia. Categorizar un artigo é metelo nuha estrutura para que se atope en unha ou varias categorías xuntadoó con artigos do mismo tema. Nesta páxina tes ligazóns internas para entender o traballo que andamos a facer. Xa sei que non é faena rapida nin pratica, é cousa mui complexa e dificil de traballar nela. Polo tanto permitome comentarche algo :

Proteccións[editar a fonte]

En primeiro lugar, dicir que a protección fronte á edición non a puxen eu. En calquera caso, o estado de autoconfirmación concédese automaticamente e acádase pasados uns días e tras facer algunhas edicións; tes información en Wikipedia:Usuarios autoconfirmados. Desde que estou na Galipedia, o artigo sobre Galicia estivo sempre semiprotexido (en concreto, desde o 10 de setembro de 2006 ás 20:31) debido a que é moi susceptible a recibir vandalismos. Non obstante, vendo os teus dereitos de usuario vexo que apareces como membro dos autoconfirmados. Proba de novo a ver se agora podes. Se segues a ter problemas, xa sabes onde estou. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 17:20, 23 de febreiro de 2011 (UTC)