Súdwest-Fryslân
| Zuidwest-Friesland (nl) Súdwest-Fryslân (fy) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
| País | Países Baixos | ||||
| Provincias | Frisia | ||||
| Capital | Snits | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 89.999 (2021) | ||||
| Número de fogares | 36.612 (2015) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 841,56 km² | ||||
| Auga | 45,38 % | ||||
| Bañado por | Johan Frisokanaal (en) | ||||
| Altitude | 2 m | ||||
| Comparte fronteira con | Enkhuizen De Fryske Marren Waadhoeke (pt) Hollands Kroon Medemblik Harlingen (en) Leeuwarden (2018–) | ||||
| Creación | 2011 | ||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Súdwest-Fryslân (en) | Jannewietske de Vries (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 8529–8774 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | sudwestfryslan.nl | ||||


Súdwest Fryslân é un concello neerlandés da provincia de Frisia formado o 1 de xaneiro de 2011 ao se fusionaren os concellos de Boalsert, Nijefurd, Snits, Wûnseradiel e Wymbritseradiel. O novo concello ten 82.000 habitantes e ten 69 entidades de poboación. A decisión de formar un só concello tomouse a finais de 2009 cando se xuntaron nun concello especial os concelleiros de todos os cinco municipios que adoptaron a decisión por ampla maioría.
Política
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Como en todos os concellos dos Países Baixos o goberno municipal deténtao o College van burgemeester en wethouders que está formado por concelleiros (wethouders) elixidos pola corporación municipal, o secretario do concello (gemeentesecretaris) elixido polo goberno municipal e o alcalde (burgemeester) nomeado polo goberno central e que preside o goberno municipal pero non dita a política municipal. Desde o 1 de xaneiro de 2010 o primeiro alcalde do concello é o exministro de agricultura Haijo Apotheker do partido Demócratas 66. A corporación municipal está composta por 37 concelleiros, celebrándose as eleccións en novembro de 2010 e deron a seguinte repartición de concelleiros[1]: Chamada Demócrata Cristiá 10, Partido do Traballo 7, Partido Nacional Frisón 6, Partido Popular pola Liberdade e a Democracia 5, EsquerdaVerde 2, Unión Cristiá 2, GemeenteBelangen Súdwest Fryslân 2, Demócratas 66 1, Totaal Lokaal 1 e Verenigd Links - Feriene Lofts 1.
- Wethouders:
- A. Offinga (CDA)
- G. Akkerman-Wielinga (CDA)
- W. Sinnema (PVDA)
- A. Ekhart (PVDA)
- L.P. Stoel (VVD)
Lista das entidades de poboación
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "verkiezingen.fusiesudwestfryslan.nl". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2010. Consultado o 01 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial Arquivado 25 de setembro de 2017 en Wayback Machine. (en neerlandés)
