Conversa usuario:Toliño/Arquivo 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Caixas de usuario[editar a fonte]

Ola Toliño. Penso que a túa proposta de caixas de usuario xa madurou, e debateuse sobre o seu contido, e retocáronse cousas. Haberá que ir votándoa xa, ou vaise agardar certo tempo máis? Máis que nada para que non se esqueza o tema, porque moitas veces comézase con moita forza unha cousa e logo empantánase e esquécese. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 16:02, 28 xaneiro 2009 (UTC)

Si, eu creo que se deberían presentar xuntas..., incluso relacionadas. --Xabier Cid Conversa 20:37, 28 xaneiro 2009 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Ola Toliño: Cando eu comentei "se podo facer alusión a unha persoa no meu artigo" na Taberna, refírome a unha persoa física que me pasou a información de forma directa, a viva voz. Pero non pode ser verificable porque non está publicada con anterioridade. Esta era a dúbida que se me plantexaba e aínda hoxe non teño resolta. O meu nome é cprieto. E aínda teño dificultade en usar este sistema, polo que tampouco sei poñer o meu nome coma outros contertulios. pero hai que ir andando camíño e facendo camiño. Grazas. Cprieto

Un problema técnico[editar a fonte]

Boas noites, Toliño. Seguro que sabes solucionar este pequeno problema: no artigo Partido Popular hai un gráfico de barras no que as cifras do pé se montan unhas sobre as outras. Mira ver se o ancheas un pouco para que se poidan ler ben. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23:52, 6 febreiro 2009 (UTC)

  • Si, claro. Agora as cifras xa son lexibles. Grazas ¡artista! Pedro --Lameiro (conversa) 21:29, 14 febreiro 2009 (UTC)

mm[editar a fonte]

ola Toliño: Un asunto: Dado que a galipedia, a diferencia do galizionario, non diferenza as maiúsculas das minúsculas a comezo de artigo, hai un problema coa redirección de Mm, xa que se mm tamén redirixe a micrómetro. Solución posible? Non se me ocorre, a verdá. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:06, 25 febreiro 2009 (UTC)

Nova categoría raíz[editar a fonte]

Ola. En canto teñas un rato, agradeceríache que te pasaras a dar a túa opinión sobre a necesidade ou non dunha nova categoría raíz. Atentamente, --Iago 22:27, 26 febreiro 2009 (UTC)

Interwikis nos cambios recentes[editar a fonte]

Meu, tu que eres un crack nesto, a ver se me podes mirar onde se poden cambiar os interwikis para a páxina de cambios recentes. Supoño que nalgunha das páxinas do espazo de nomes Mediawiki, pero ata o de agora non din atopado... :S Grazas meu, e a seguir coma sempre. Saudos! :) --Banjo tell me 11:38, 27 febreiro 2009 (UTC)

Tamaño da letra da referencia[editar a fonte]

Ola! Unha cousa: veño dándolle voltas ó tamaño da letra cando engades o modelo:Listaref. Queda moi pequeno. Hai algúns artigos nas que chegada a certa referencia faise a letra máis grande (en reino de Galicia a partir da referencia 46). Penso que o tamaño ideal é o que queda nese artigo a partir da referencia 47. Non sei onde está o erro para que se vexa tan pequenas as referencias. Se tes tempo podes botarlle unha ollada? Grazas adiantadas, un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:40, 2 marzo 2009 (UTC)

Grazas por miralo. Eu tamén tentarei ver se un día aparece a inspiración. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 19:49, 4 marzo 2009 (UTC)
Grazas de novo por seguir perdendo o tempo coas miñas teimas :) Saúdos. Alberte Si, dígame? 14:59, 7 marzo 2009 (UTC)

Ola Toliño[editar a fonte]

Bons dias, Me dirigiré a ti en Español porque como puedes ver en mi user page mi nivel de Gallego es nulo, eso si, tu puedes escribirme en Gallego que leer si que se, he visto la edicion que has deshecho en la lista de episodios de Family Guy, una pregunta, No hay alguna ficha o columna donde meter los episodios por temporadas?. --Ravave 11:32, 19 marzo 2009 (UTC)

No, no te equivocas, esa me puede ser de utilidad. Gracias. xD --Ravave 11:38, 19 marzo 2009 (UTC)
Ahora mismo he recibido el segundo mensaje, una tabla seria lo mejor para el listado de todas las temporadas. --Ravave 11:39, 19 marzo 2009 (UTC)
Ya me he ocupado del color de la primera temporada y los codigos de producción tambien. --Ravave 11:57, 19 marzo 2009 (UTC)

Familia Guy[editar a fonte]

Boas, Toliño. Supoño que levas toda a razón; con todo, vouche deixar a miña pregunta: aínda que as formas son correctas tal como estaban (acerca/verbo de ou temporada/tempada) nos episodios de Family, non era mellor galeguizar o texto un chisco para que sexa máis real? Obviamente, falo sobre percepcións, pero non vexo porque non se pode mellorar a narración no canto de deixar a tradución literal. Nada máis, xa me dirás co que sexa. Saúdos.

Categoria[editar a fonte]

Busco la manera de categorizar este articulo, pero no encuentro el listado de categorias por ninguna parte, haber si tu podrias categorizarlo y de paso te invito a que lo amplies xD. --Ravave 18:34, 22 marzo 2009 (UTC)

Caixa de edición:Referencias[editar a fonte]

  • Non sei se me poderás axudar, antes na caixa de edición había un 1 na dereita de todo onde se podía premer e puña automaticamente o código das referencias, a min érame moi útil pero o caso é que desapareceu da caixa, non sería posible que se puxese de novo.--RNC 21:04, 25 marzo 2009 (UTC)

Mediawiki:Common.js[editar a fonte]

Boas meu! desfíxen o cambio que fixeches no common.js para o de engadir {{Listaref}}. Non sei porqué, pero ao poñelo resulta que os modelos que usan Modelo:Navbox perderon o botonciño da dereita da cabeceira para amosar ou agochar o modelo... Un pouco raro a verdade :S

Gardei os dous cambios que fixeches no texto, só cambiei esto... Agora os navboxes estes van ben, pero non me ten moito sentido que ao poñer {{Listaref}} ahi se fastidie esto... Quizáis sexa polas chaves "{" e "}" que se usan para as funcións en javascript... pero non estou seguro xa que ahi vai entre comiñas ('), formando parte dunha cadea de texto... En fin, o dito, moi raro :S --Banjo tell me 15:04, 26 marzo 2009 (UTC)

Resident Evil[editar a fonte]

Ola! Fun eu o que traduciu o artigo Resident Evil da wiki en español, que debo facer para arranxar o problema do estilo? --Silverfox 20:35, 27 marzo 2009 (UTC)

Lista de episodios de Family Guy[editar a fonte]

terminei a táboa da cuarta tempada, cando poidas, arranxas a cor da mesma e wikificas as datas. --Ravave 16:17, 29 marzo 2009 (UTC) En breve póñome coas demas tempadas

RE: RE Resident Evil[editar a fonte]

Vale, farei unha nova corrección gramatical e linguistica de Resident Evil e intentarei mellorar o formato. O que ocorre é que eu adoito redactar artigos de Medicina e non os doutros temas. --Silverfox 17:40, 29 marzo 2009 (UTC)

Usuario:Jose Manuel Baltar[editar a fonte]

Tolió, fai o favor, bótalle un ollo ap que lle dixemos Xabier Cid e eu ao usuario e fai o que teñas que facer, porque o tipo anda coa teima de desfacer o nome de Feijóo e non hai maneira de que entenda que non son así as cousas. Isto mesmo deixeillo a Xabier na súa páxina de conversa hai uns minutos, pero non debe de estar conectado. Un saúdo e grazas.--Atobar (conversa comigo) 14:45, 6 abril 2009 (UTC)

Eu penso que se debería bloquear por suplantar a personalidade doutra persoa, da súa páxina de usuario dedúcese que é unha personalidade coñecida, cousa que dubido moito que sexa certo, un deputado ou calquera outra persoa pública dificilmente se vai meter en leas dando o seu nome certo.--RNC 14:47, 6 abril 2009 (UTC)
Ola Toliño. Hoxe lin unha entrevista a José Manuel Baltar na que asegura que o tema do usuario da galipedia foi unha suplantación da identidade. Como tal, calquera edición dese usuario contravén as normas, polo que procedín a bloquealo para sempre. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 22:29, 7 abril 2009 (UTC)

usuario:81.202.75.8[editar a fonte]

Bótalle un ollo a esto, Toliño. Hoxe está visto que hai vándalos. O raro é que despois o corrixiu. Aquí. Con todo, non perdas de vista ao usuario. Non vaia ser que argalle unha nova.--Atobar (conversa comigo) 20:24, 6 abril 2009 (UTC)

contido media[editar a fonte]

Toliño, pero agrego a categoría dentro do artigo da imaxe en Commons ou directamente dentro da categoría en cuestión???--Xabier Cancela (fálame 18:53, 13 abril 2009 (UTC)

E dicir que tería que subi-lo arquivo á Galipedia, e no artigo onde esta o arquivo porlle a categoría na que quero que saía, pero se esto é así, daquela non podo usar directamente(dende o Commons) o arquivo da imaxe.--Xabier Cancela (fálame 19:01, 13 abril 2009 (UTC)

Caralludo meu, que moitisimo mellor así a categoría de Categoría:Xúpiter, estaría ben que alguén fixese un artigo con este truquiño (e non mires para min), a ver se durante a semana lle metou algún contido media ás outras categorías de planetas. Graciñas. --Xabier Cancela (fálame 19:13, 13 abril 2009 (UTC)

Hematina ácida de Baker[editar a fonte]

Perdoa :) Estaba a traballar sobre unha revisión vella e non me decatei. Un saúdo! --GallaecioE logo? 19:30, 13 abril 2009 (UTC)

Dúbida[editar a fonte]

Ola Toliño, grazas pola axuda co artigo. Teño unha dúbida, como podo facer para que ó procurar "Tivoli" ou "Tívoli" redireccione directamente ó artigo "xardíns tívoli"? Se é que se pode facer...Moitas grazas--Lala Lugo 19:04, 15 abril 2009 (UTC)

unha consultiña[editar a fonte]

Estou a categorizar voa parte dos artigos que hai na categoría planetas do sistema solar, o que pasa é que nalgunhas das que serían as novas categorías hai moi poucos artigos, ás veces so 1 ou 2, e ¿quería saber se hai algún modelo para pedir arquivos solicitados? Para facer algo así coma unha péquena táboa cos artigos que estaría ben que fosen feitos para esa nova categoría; así non quedaría tan baleira.--Xabier Cancela (fálame 19:13, 15 abril 2009 (UTC)

Redirección[editar a fonte]

Xa está, grazas!--Lala Lugo 19:27, 15 abril 2009 (UTC)

Eliminar vandalismos do historial[editar a fonte]

No artigo Cultura castrexa producíronse o pasado día 15, entre as 12 e as 13 horas, varios vandalismos que semellan obra duns rapaces que andaban a xogar co ordenador. Todas elas foron editadas desde a mesma IP: 213.96.251.72. Sería bo eliminar todo iso do historial desta páxina e seguro que ti sabes como facelo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:55, 17 abril 2009 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Levo un tempo sen moito vagar pra facer cousas na wikipedia. Pero cando entro, vexo que sempre estás corrixindo cousas con precisión, traballando duramente en mellorar a calidade da wiki e concentrándote en aspectos técnicos que aos demais sempre nos quedaron grandes. Como me gusta traballar nun sitio onde traballas ti. Grazas polo que fas. Un saúdo --Xabier Cid Conversa 17:43, 21 abril 2009 (UTC)

Lista de episodios de Family Guy[editar a fonte]

He terminado la lista, echa un vistazo por si hubiese algún error. P.D He retirado la plantilla {{enuso}}. --Ravave 18:34, 22 abril 2009 (UTC)

Retrete[editar a fonte]

Boas, Toliño: a ver se me sabes dicir por que razón no artigo Retrete as referencias me saen con distintos tamaños de letra. Graciñas e saúdos.--Atobar (conversa comigo) 18:11, 4 maio 2009 (UTC)

Artigo calidade de servicio[editar a fonte]

Vexo que me acabas de mover e corrixir servicio por servizo. Acabo de comprobar que segundo o dicionario da Xunta (RAG), o termino correcto é servicio dicionario da xunta a non ser que esa referencia non sexa válida (ben é certo que outros diccionarios atopanse os dous termos). Un saúdo --Jordav 18:18, 4 maio 2009 (UTC)

Modelo:Lixo[editar a fonte]

¿"Modelo:Lixo" marcado para borrar? Entón, ¿cal é modelo que nos queda? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:44, 13 maio 2009 (UTC)

  • O que quería dicir, Toliño, é que "modelo:Lixo" estaba marcado para borrar, pero acabo de darme conta de que o que parece unha mensaxe de borrado non é máis que como se visualiza o marcador. Síntoo. Un saúdo e disculpa, que seguro que tiveches que perde-lo tempo buscando algún problema que só estaba na miña cabesiña. Pedro --Lameiro (conversa) 17:26, 14 maio 2009 (UTC)

Wikipedia:Como editar unha páxina[editar a fonte]

Quitei o marcador {{Enuso}} do artigo tras comprobar que non o editaras dende hai uns meses. Infórmote por se queres volver poñelo, o por se deixaras algo sen cambiar no artigo e o esqueceras (a min adoita ocorrerme). Un saúdo! --GallaecioE logo? 15:12, 16 maio 2009 (UTC)

Axuda técnica[editar a fonte]

Boas Toliño. Un favor: gustaríame que na miña páxina de usuario aparecese primeiro a fotografía da sección "Hai imaxes que valen máis que mil palabras" xusto baixo o recadro de "Páxina de usuario de Wikipedia" e que o índice vaia despois da foto. E tamén que o recadro "Este usuario leva 2 anos..." aparecese ó final de toda da páxina. ¿É posible? De ser posible ¿podes facermo e xa me fixo eu logo como se fai? Graciñas, Pedro --Lameiro (conversa) 15:45, 17 maio 2009 (UTC)

Sonda interestelar[editar a fonte]

Ola, se consideras que ese artigo non debe levar ese nome, quixera saber a razón?--RNC 13:55, 20 maio 2009 (UTC)

Modelo:Temporada de TV[editar a fonte]

Ola! Desculpas polo error, e que non o atopara e pensei que non estaba, vou borrar o que fixen agora mesmo, desculpas de novo e moitas grazas polo aviso.--Adorian 19:20, 20 maio 2009 (UTC)

Gonzo[editar a fonte]

ola!

A raíz do nome do artigo de Gonzo, mirei que temos o formato Antonio Durán, Morris, pero tamén Xosé Manuel Olveira "Pico". Sería bo pórmonos de acordo e homoxeneizar. O certo é que non teño ningunha proposta seria. Quizais o de Morris sexa o formato que máis me gusta.

un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:05, 30 maio 2009 (UTC)

Proposta de imaxe[editar a fonte]

Boas, Toliño. Veño de engadir unha proposta, e posto que se trata da primeira vez que o fago non sei se o fixen ben, porque non vexo que apareza na páxina de propostas xunto coas demais. Comproba se está todo ben cando teñas un momentiño. A imaxe en cuestión esta én Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Seimeira de Vilagocende.JPG. Graciñas e saúdos.--Atobar (conversa comigo) 20:20, 1 xuño 2009 (UTC)

Hipopotasemia/hiperpotasemia[editar a fonte]

Ola! Fun eu quen redactou os artigos hiperpotasemia, hipopotasemia, hipernatremia e hiponatremia. Asignóuselles o cualficativo de Pendentes de Categoría. Ocorréuseme que dentro da categoría Fisioloxía debería haber una nova subcategoría de trastornos hidroelectrolíticos, na que incluír estes e algún outro: hipo/hiper calcemia etc.

Que che parece? --Silverfox 20:02, 3 xuño 2009 (UTC)

  • RE:RE Nova categoría: Pois se non che importa fai ti nun momentiño a categoría e mentres eu vou facendo o artigo de hipercalcemia.

Silverfox 13:42, 4 xuño 2009 (UTC)

Categorizar[editar a fonte]

Boas, Toliño. Ti que coñeces mellor as profundidades da Galipedia, categoriza esta páxina: Páxina de conversa dun artigo. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 21:09, 6 xuño 2009 (UTC)

Agradecimento[editar a fonte]

Vim agradecer pela edição de meu artigo Whigfield (álbum). Como podes ver, sou um usuário brasileiro mas apesar disto o fato de nossas línguas serem proximas não me impediu de traduzir a minha versão da Wikipedia lusófona para cá. MarceloRenard2 16:31, 7 xuño 2009 (UTC)

Correccions traballos Toxicoloxia[editar a fonte]

Son a profesora responsable dos traballos dos alumnos que están editando sobre toxicoloxía e quero matizar algúns aspectos relacionadso con eles:

  • Hoxe empecei a corrixir algúns pero lévame moito tempo, polo que solicito un pouco de paciencia e axuda, e que non os borredes sistemáticamente, porque senon pararemos de traballar. Outros compañeiros nosos,profesores de universidade están a facer o mesmo en Cataluña, e ata onde eu sei non teñen problemas. Entendo que hai que cumprir uns mínimos de rigor e calidade, pero tamén se debería ser algo "tolerante" cos novatos e ensenarlles.
  • Os profesores tratamos de revisar sobre todo a parte científica; é posible que pasen algúns plaxiados, porque non somos capaces de detectar todo, pero en xeral tratamos de disuadir os nosos alunos desas malas prácticas.
  • En relacion o galego, eu non sei escribir galego normativizado, ainda que o galego é a miña primeira lingua. Xa se sabe, daquela non se ensinaba na escola, senon todo o contrario. Estou facendo un esforzo por facelo o mellor que podo, xa pedin axuda o Servizo de normalización da Universidade, pero aínda así toda a axuda que proceda da rede será ben vida. Se considerades que a pesar diso é inaceptable, tamén o entendo, e o vindeiro curso faremos os traballos na version en castelán, lingua na que me sinto competente para escribir e corrixir os traballos.


Penso que é todo o que teño que dicir ata o de agora.

Un saúdo —o anterior comentario sen asinar foi feito por Arquimedes (conversacontribucións) ás 19:56 do 11 de xuño de 2009

Noruega[editar a fonte]

Olla para a páxina de conversa dese artigo. Facemos o troco?--Atobar (conversa comigo) 12:14, 13 xuño 2009 (UTC)

Pois si, por favor. Supoño que soamente é mover a páxina. Así e todo, polo si ou polo non, faino ti, que es o mestre informático. Graciñas e saúdos.--Atobar (conversa comigo) 12:30, 13 xuño 2009 (UTC)

Babel e lingua danesa[editar a fonte]

Ola, Toliño! Son nova aquí e estou redactando a miña páxina de usuario. Atópome cun problema cando intento poñer a miña lingua materna, que é o danes, no modelo Babel. Non podo poñer niveis máis altos ca nivel 1 e nivel 2. É como se non existisen categorías de niveis máis altos. Pódeme axudar coa cousa esa? Un saúdo. Guldhammer 22:11, 13 xuño 2009 (UTC)

Imaxe da semana[editar a fonte]

Boas, Toliño, bótalle un ollo ao que puxen na páxina de conversa da Portada. Graciñas.--Atobar (conversa comigo) 13:04, 15 xuño 2009 (UTC)

Babel e lingua danesa II[editar a fonte]

Vexo que agora funciona perfectamente, graciñas pola axuda. Un saúdo. Guldhammer 22:07, 15 xuño 2009 (UTC).

Conversa:CONCACAF[editar a fonte]

Bótalle un ollo cando teñas tempo, Toliño. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 12:06, 18 xuño 2009 (UTC)

Caixas de datos biográficos[editar a fonte]

Ola Toliño. Andei inserindo imaxes nos artigos de personalidades e semella que aínda temos moitos sen caixas de datos biográficos e moitas inconsistencias entre modelos. Como ti andas no tema de unificar e dar coherencia aos marcadores quería pedirche, se queres e atopas un momento para facelo, que lle botaras unha ollada a ese tipo de marcadores. Neles atopei problemas cos nomes dos campos (para o mesmo dato distinto nome, mesmo quedan algúns noutras linguas), falta de unidade no deseño, táboas no canto de modelos, os nomes dos marcadores son moi heteroxéneos pola súa orixe. Taméns sería bo ter unha páxina que recollera todos os modelos de datos biográficos. Se che parece ben a miña proposta eu comprométome a mudar co bot os nomes dos marcadores que sexan precisos e a revisar polo menos 200 artigos de personalidades para inserir a caixa que lles falta. Pídoche isto porque agora que se achegan os 50.000 artigos creo que é moi importante que os artigos de personalidades cumpran co modelo de formato. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:56, 22 xuño 2009 (UTC)

Non me refiría a combinar modelos (polo de agora non atopei duplicados), refiríame a unidade de estilo, de nomes dos campos, que os nomes dos modelos sigan o mesmo criterio, a ter unha páxina que servira de axuda como temos pro exemplo nos marcadores de licenza de imaxe. Comenteicho a ti porque andas neses temas, para gañar tempo mentres sigo inserindo imaxes nos artigos e modelos nas parroquias. Deixao estar se andas ocupado. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:25, 24 xuño 2009 (UTC)
Non te apures, non é para hoxe nin para mañá, e faino só no caso de que queiras e cando queiras. Non pretendía darche traballo, pareceume que se cho comentaba podiamos obter mellores resultados. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:36, 24 xuño 2009 (UTC)

A Taberna[editar a fonte]

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3AA_Taberna_(propostas)&diff=1204187&oldid=1190999--88.0.214.253 18:06, 22 xuño 2009 (UTC)

Espumoso/Escumoso[editar a fonte]

Ambas as dúas están admitidas. De calquera maneira, ben feito. Eu tamén prefiro escumoso. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:58, 3 xullo 2009 (UTC)

Eu coido que ben o podes deixar con C, porque se cadra é mesmo por descoñecemento do usuario anterior. Amais, non se trata de mudar todos os P por C por defecto, senón de ir variando. Fai como vexas, pero eu non vexo problema ningún, nin se o deixas nin se o restitúes. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:03, 3 xullo 2009 (UTC)

invertir redirección[editar a fonte]

Toliño, tes que invertir a redirección entre Lady GaGa e Lady Gaga. Trátase de que o título do artigo sexa este segundo, que é o correcto, e que logo desapareza o primeiro (*GaGa). ¿Explícome? Saúdos e grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 20:27, 3 xullo 2009 (UTC)

Un segundo cambio: témo-lo artigo Asemblea de Lugo de 1918 ó que redirecciona I Asemblea Nacionalista. Da conversa dedúcese que este segundo debería se-lo título principal e que aquel debe redirixir a este pero, neste caso, mantendo esta redirección. ¿Fa-lo cambio? Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 09:56, 4 xullo 2009 (UTC)

Imaxes da semana[editar a fonte]

Ola Toliño. Temos 187 "imaxes da semana" nunha mesma e única Categoría:Imaxes da semana. A todas luces, excesivo. ¿Sería posible dividir esa categoría por anos? E, para rizar o rizo, dentro da categoría, ¿sería posible ordenalas por nº de semana? Isto segundo é, simplemente, por seguir un criterio, pero se dá moito traballo, pois nada. Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 21:24, 6 xullo 2009 (UTC)

outro problema técnico[editar a fonte]

E van... Bueno, resulta que o outro día pechei a votación da imaxe desta semana que remata (Ficheiro:O aviador Loriga. Lalín.JPG) e hoxe a da semana que vén (Ficheiro:Corpus Ponteareas 01-79.jpg); tamén pechei outra rexeitada (Ficheiro:Praiadaretorta65.JPG).

E agora me fixo en que en Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas pechadas/2009 aparecen dúas en vermello e a terceira en azul. Algo fixen mal, esquecín algún paso, non sei. Vótalle un vistazo e dime onde está o erro. Grazas e disculpa o traballiño. Pedro --Lameiro (conversa) 12:17, 12 xullo 2009 (UTC)

    • Non, se é que o que vale, vale... ;) Pedro --Lameiro (conversa) 15:44, 12 xullo 2009 (UTC)

Categoría:Especies non ameazadas[editar a fonte]

Boas, experto. Xa saberás que Hugo anda a crear e mellorar artigos de bichos. Fixeime en e vin que se categorizaba como "Especies non ameazadas", categoría na que temos 11 animais. Por certo, esta categoría sae en vermello (ver bufo real, pega ou raposo, por exemplo) pero contén 11 artigos, ¿é porque non colga de ningunha outra categoría?. Mandeille unha mensaxe[1] porque non lle vexo sentido a esa categoría e contestoume que non era cousa súa: "A categoría debe ser cousa do modelo, porque eu non a puxen intencionadamente". ¿É posible? Insisto en que esa categoría sobra e, de estar no modelo, habería que evitalo. Ó seu lado temos a categoría: Categoría:Especies ameazadas, que si creo que ten máis sentido, pero que só ten a balea vasca (e ameazadas hai moitas máis). Bótalle un vistazo e dáme unha opinión, please. Pedro --Lameiro (conversa) 12:35, 16 xullo 2009 (UTC)

  • Pois xa non che sei, porque visto desde o modelo, e de asignación automática, a cousa é máis fácil e cobra sentido. Pero semella que hai dous modelos Taxobox distintos, un que categoriza en función do grao de conservación (ver por exemplo, pega) e outro que non (coello); e unha terceira posibilidade: que non haxa taxobox. Non sei a diferenza nin cal será mellor. Ou se isto esixe pasearse por tódolos artigos de bichos e inserir o taxobox categorizador. ¿Que posibilidades hai e qué traballo vai dar cada unha? Saúdos, Pedro
    • Repasando os modelos Taxobox e Taxonomía-animal, vexo que o primeiro inclúe un grao de conservación (cd) que non vén no segundo. No artigo Estado de conservación non vén este nivel "cd". Na páxina da IUCN (http://www.iucnredlist.org/) tampouco. Pedro --Lameiro (conversa) 14:04, 16 xullo 2009 (UTC)

categorías requiridas[editar a fonte]

Boas Toliño. Outra encarga: ando a revisa-las categorías requiridas, corrixindo, borrando ou creando ó meu bo ver e entender. Pero o mesmo que as referidas ás linguas llas encarguei a RNC e as imaxes a Lmbuga, estas de agora semellan ser cousa que ti controlarás mellor. Non sei se están sen colgar, se desapareceron no seu momento ou se romperon por calquera causa, pero digo eu que é bo ir eliminando categorías vermellas ¿non?. Ben, por aí che vai a lista e cando poidas bótalle un vistazo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:26, 19 xullo 2009 (UTC)

  • Wikipedia:Fichas de geografía ‎(3 páxinas)
  • Wikipedia:Modelos de wikipedistas ‎(2 páxinas)
  • Wikipedia:Estados ‎(2 páxinas)
  • Wikipedia:Wikipedistas de Galicia ‎(2 páxinas)
  • Wikipedia:Plantillas de enlaces externos ‎(1 páxina)
  • Wikipedia:Plantillas de ajedrez ‎(1 páxina)
  • Wikipedia:Plantillas Babel ‎(1 páxina)
  • Wikipedia:Modelos de país ‎(1 páxina)
  • Wikipedia:Modelos de formato de texto ‎(1 páxina)
  • Wikipedia:Modelos de avisos ‎(1 páxina)
  • Wikipedia:Localización xeográfica ‎(1 páxina)
  • Wikipedia:Fichas de vexilología ‎(1 páxina)
  • Wikipedia:Fichas de música ‎(1 páxina)
  • Wikipedia:Fichas de ferrocarriles ‎(1 páxina)
  • Wikipedia:Wikipedistas de España ‎(1 páxina)
  • Wikipedia:Plantillas de wikiproxectos ‎(1 páxina)
  • Wikipedia:Plantillas de historia ‎(1 páxina)

Logo temos estoutras catro:

  • Templates de usuario ‎(1 páxina)
  • Graphic templates ‎(1 páxina)
  • Templates using ParserFunctions ‎(1 páxina)
  • Politics by country sidebar templates ‎(1 páxina)

E máis estas "de usuario":

  • Usuario oc(ar) ‎(1 páxina)
  • User it-N ‎(1 páxina)
  • User it ‎(1 páxina)
  • User gl-N ‎(1 páxina)
  • User gl ‎(1 páxina)
  • User es-N ‎(1 páxina)
  • User es ‎(1 páxina)

Remato. En Categoría:PendenteCategoría comezamos con catro ligazóns. A cuarta, Categorías máis ligadas, non leva a ningures.

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 12:25, 22 xullo 2009 (UTC)

Caixas de usuario[editar a fonte]

Feito! Feito!--Hugo22 12:24, 20 xullo 2009 (UTC).

Re: Consulta[editar a fonte]

Ola Toliño. A norma xeral é non tocar as páxinas de usuario agás nos casos refiridos ás regras e as políticas do wiki (tanto as recollidas por escrito como aqueloutras de uso común) ou cando se trata de desfacer vandalismos. Nos casos refiridos non hai dúbida. Nalgún outro wiki permítense editar nas páxinas doutros usuarios en moitas outras circunstancias, mesmo os bots actúan a cotío. No noso caso un usuario especial CommonsDelinker, o bot que elimina as referencias ás imaxes borradas en Commons, edita nas páxinas do espazo usuario sempre que o precisa aínda que nunca debatimos sobre elo, posto que se trata dunha acción administrativa sen repercusións. Pola miña banda prefiro non tocar as páxinas de usuario sempre que se poida evitar, pero o caso do que falas, na miña opinión, pode considerarse unha acción administrativa a desenvolver por un administrador do wiki refirido a unha das regras: na Galipedia os colaboradores non se clasifican por categorías a non ser as debidas aos marcadores de lingua. Outro dato a considerar é que o historial de ambolos usuarios só contén a edición nesas páxinas e despois de moito tempo non volveron. En conclusión penso que un administrador pode eliminar as devanditas categorías porque se refire a unha regra do wiki e entra dentro das competencias do administrador, ademais trátase dunha edición illada e a única prevención que habería que tomar e deixar claro que é unha edición administrativa e que por regra xeral non se edita na páxina de usuario doutros colaboradores. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:23, 21 xullo 2009 (UTC)

Template:Medic[editar a fonte]

Boas, bota un vistazo ó artigo Glosario de primeiros auxilios, que comeza dicindo que "valore a posibilidade de engadir a template Template:Medic, a cal achega o seguinte texto...". Graciñas, Pedro --Lameiro (conversa) 11:25, 29 xullo 2009 (UTC)

Estatísticas[editar a fonte]

Boa noite, Toliño. Acabo de ver que na wiki española hai na páxina de historial de cada artigo, no cadriño das ferramentas, ao carón de 'Número de visitas', un apuntamento importante que denominan estatísticas, este: Estatísticas dun artigo. Coido que serí bo engadilo nós tamén. Dá boa idea de quen, canto e cando editou no artigo. Son trebelliños que da nivel. Veña, xa me dirás que se pode facer. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:42, 29 xullo 2009 (UTC)

arquivo de artigos descatados[editar a fonte]

Supoño que estará previsto pero non o atopo. ¿Hai algún sitio onde levar as propostas pechadas de artigos destacados e artigos sobre Galicia?. Quero dicir que habería que retiralos das páxinas de artigos.../votacións para que queden alí só os que estean aínda en período de votación. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:03, 1 agosto 2009 (UTC)

Una pequeña cosa[editar a fonte]

Hola, ¿le importaría mirar esto? Muchas gracias de antemano por revisarlo. Un saludo. MiguelAngel fotografo 15:02, 3 agosto 2009 (UTC)

Shinichi Kudo[editar a fonte]

Ola, poderíaste encargar de facer unha táboa sobre o personaxe Shinichi Kudo no seu artigo. Hai información dispoñíbel na wikipedia en castelán, catalá ou inglés.

artigo destacado setembro[editar a fonte]

Boas, Toliño. Pechei a votación do artigo célula como artigo destacado para setembro, pero ó ir subila a Wikipedia:Artigo destacado, atopo que está o descatado do mes actual (agosto) e que o do vindeiro mes é outubro (que está dupricado). Falta setembro e nin idea de como se fai iso, así que bótalle un vistazo, corrixe o que sexa e inclúe o artigo célula. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 10:15, 31 agosto 2009 (UTC)

  • Pasa o mesmo co artigo sobre Galicia. Aí non pechei o debate de ningún dos dous: a muralla de Lugo ten máis votos pero a Pardo Bazán é anterior e ten votos de abondo, pero tamén unha indicación de seccións que habería que completar. Eu prefiriría o da muralla e tomarnos ese mes para completar o da Pardo Bazón, pero ti verás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 10:20, 31 agosto 2009 (UTC)

arquivo de imaxes propostas[editar a fonte]

Non sei se xa cho preguntei. As imaxes propostas como imaxe da semana teñen dúas saídas: resultar aprobadas ou resultar rexeitadas. As primeiras bórranse de Wikipedia:Imaxe da semana/Votacións e van parar a Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas pechadas/2009; categorizadas como "Categoría:Imaxe da semana". Pero ¿e as segundas? Neste momento segue estando na páxina de votacións a do Ficheiro:Fosil de Ichthyosaurus.1 - Aquarium Finisterrae.JPG, que foi rexeitada. Se se borra esa ligazón, ¿onde se almacena? ¿ou non se almacena? Espero terme explicado, pero o resume sería: ¿que se fai coas imaxes rexeitadas? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:40, 31 agosto 2009 (UTC)

  • E os artigos destacados e os artigos sobre Galicia ¿non deberían estar nunha categoría que os identificase como tal destacado. Algo así como as imaxes da semana, que contan cunha categoría propia. Pedro --Lameiro (conversa) 11:46, 31 agosto 2009 (UTC)
    • Non, iso son só os resumes dos artigos que aparecen na portada. Eu dicía unha categoría do artigo propio. É dicir, que Os Pinos apareza categorizado como "Categorías: Himnos nacionais | Política de Galicia | Patrimonio inmaterial de Galicia", pero tamén como Artigo destacado sobre Galicia. Se as imaxes aparecen coas categorías que lle correspondan máis a de "Imaxe da semana", ¿por que non os artigos? Pedro --Lameiro (conversa) 11:56, 31 agosto 2009 (UTC)
      • Se non existen esas categorías, e confirmalo era máis que nada a intención da miña pregunta -e se ti non as coñeces é que non existen- entón claro que haberá que facer unha proposta á comunidade. Pero nin debería ser unha categoría oculta nin o deberiamos confundir cos artigos de calidade, coa súa estreliña e todo iso que temos previsto pero esquecido. O exemplo que che dou das imaxes destacadas, con categoría de seu, creo que é claro. Só lle vexo un problema menor: que o nome debería ser "Categoría:Artigos destacados sobre Galicia", e esa palabra de "destacados" pode levar a confusión sobre os "artigos destacados" xerais (non sobre Galicia). Bueno, pensarei sobre isto e sobre cómo facer a proposta, á vez que recuperar a proposta da estrela nos artigos de calidade. Graciñas, Pedro --Lameiro (conversa) 12:11, 31 agosto 2009 (UTC)

Célula[editar a fonte]

Toliño, dúas observacións no teu artigo célula:

  • "O retículo endoplasmático ou endoplásmico é un conxunto de tubos planos e sacos comunicados entre si que forman unha rede de mucosas interconectadas como cisternas". Pero resulta que a mucosa é unha capa celular dos epitelios, así que non entendo a que se refiren esas "mucosas".
  • Na nota 5ª falas do "capítulo 1 do libro de texto de Alberts". Máis adiante dás a cita completa deste libro (supoño): Alberts B, Johnson A, Lewis J. et al. Molecular Biology of the Cell, 4e. Garland Science. 2002. De ser así deberías modificar esa primeira aparición.

Máis nada. Repasa as correccións que lle fixen por se queres reverter algunha. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:15, 31 agosto 2009 (UTC)

Ai Haibara[editar a fonte]

Pódese colocar unha imaxe no artigo de Ai Haiabra. Hai unha que aparece na wikipedia en inglés. Oe acaso a licenza non permite copiar a imaxe da versión inglesa e pasala á versión galega?

Modelo JP de lingua[editar a fonte]

Toliño, a ver se podes argallar aí o modelo de xaponés entre {{}}. Para, entre outros, este artigo que acabo de crear, o de Yukio Hatoyama. Un saúdo e graciñas.--Atobar (conversa comigo) 21:08, 3 setembro 2009 (UTC)

Re: Tarefa para o bot[editar a fonte]

Ola Toliño. De acordo, poñerei o bot a facelo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:19, 5 setembro 2009 (UTC)

Feito en Categoría:Efemérides Destacadas. En Wikipedia:Efemérides destacadas/5 de setembro telo que facer ti porque está protexida. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:32, 5 setembro 2009 (UTC)
O das imaxes fareino outro día, agora non che podo asegurar se poderei usar o formato que sinalas teño que comprobalo cando faga a proba (inflúen varias cousas: o script utilizado e os erros do sistema, nas efemérides o mes de agosto foi un problema). Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:54, 5 setembro 2009 (UTC)
Fixen a mudanza nos artigos das efemérides destacadas, pero por algunha razón que non chego a determinar neste momento o sistema nalgunhas das categorías non funciona correctamente, insire saltos na orde alfabética. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:09, 6 setembro 2009 (UTC)

Artigo destacado[editar a fonte]

Unha dúbida que me asalta. Cando un navega ao chou pola rede e dá cun artigo que nalgún momento acadou a consideración de destacado, ben de Galicia ou ben en xeral, é posíbel sabelo? É dicir, hai algunha estreliña nunha esquina ou algo así para os artigos coma Francia - France, Che Guevara e outros? Se non a hai, non cres que é momento de que os resaltemos? Ao meu ver, todo serían vantaxes, comezando porque non se proporían por segunda vez, que se pode dar o caso, pois un non anda mirando o arquivo moi seguido. Bueno, co que sexa coméntame como é o tema. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:15, 5 setembro 2009 (UTC)

Conversa categoría:Xogadores do Al-Hilal[editar a fonte]

Olla para aí e a ver que opinas. Porque o usuario Krisko, coa mellor das intencións, anda a crear moitas novas categorías, e non sei eu se non será unha mala idea. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:23, 11 setembro 2009 (UTC)

Inskape[editar a fonte]

[[Ficheiro:Phase change - gl 2.svg|300px|right]] Non me gusta traballar con ese programa. O problema que ti tiveches xa o tiven eu e non sei solucionalo. Teñoperdido moito tempo intentando solucionar algo así e non ser capaz. Por ese motivo decidín facer un ficheiro novo, pero ou o programa non vai ben ou non me vai ben a min. Subín o ficheiro novo á Galipedia (Ficheiro:Phase change - gl 2.svg). No meu ficheiro as letras non superpoñen os rectángulos, ó subilo, si. Supoño que se debe ó tipo de letra. Acabo de varialo, a ver se agora queda mellor-- Lmbuga / Conversa comigo  07:45, 12 setembro 2009 (UTC)

Puxen a letra máis pequena e non variou nada. Quizais sexa cousa da caché. Mirarei máis tarde. Se non varía nada (cousa que xa me ten ocorrido), tería que volvelo facer enteiro-- Lmbuga / Conversa comigo  07:50, 12 setembro 2009 (UTC)
Creo que xa está mellor, pois si que mudou a letra. Se queres, se che convence, podo subilo a Commons ou podes subilo ti mesmo-- Lmbuga / Conversa comigo  08:04, 12 setembro 2009 (UTC)
A letra non se escala coa imaxe. Se ves a imaxe a tamaño real, verás que as proporcións do texto son adecuadas. Ó ve-la imaxe máis pequena non acontece iso. -- Lmbuga / Conversa comigo  08:12, 12 setembro 2009 (UTC)
Non entendo nada, en tamaño pequeno véxoa ben-- Lmbuga / Conversa comigo  08:15, 12 setembro 2009 (UTC)

Que eu saiba, o único lugar de Commons para pedir axuda deste tipo son as tabernas: en inglés], ou eu español. Non se me ocorre outro sitio. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  11:30, 12 setembro 2009 (UTC)

Correo[editar a fonte]

Toliño, deixéiche un correo. Mírao cando teñas un momento. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:50, 12 setembro 2009 (UTC)

Episodios de O detective Conan[editar a fonte]

Ola. Teño uns resumos sobre os episodios da serie. Poderías crear unha táboa co nome do capítulo, o número (numeración galega) e a data de estrea en Galicia. Eu non dou feito a táboa. Grazas (se non che importa, podes facer unha táboa para cada tempada?) —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.67.17 (conversacontribucións) o 15 de setembro de 2009 ás 12:03

Re (2): Tarefa para o bot[editar a fonte]

Ola Toliño. Hai uns días rematei o que me encargaras. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:51, 15 setembro 2009 (UTC)

Artigo destacado[editar a fonte]

Coido que a declaración de Arbroath ten votos de abondo para metela na portada deste. Bótalle unha ollada, Toliño. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 09:21, 1 outubro 2009 (UTC)

Conflicto de Modelos?[editar a fonte]

Deixei unha mensaxe en Wikipedia:A Taberna (novas) sobre un posíbel conflicto entre o modelo {{Lugar}} e o modelo {{Entidade}}. Habería que solucionalo... --Xas (fálame) 13:07, 12 outubro 2009 (UTC)

Re: Modelos lugar e entidade[editar a fonte]

Ola Toliño. Estes días ando moi xusto de tempo e teño varios temas pendentes, en canto teña un momento libre poño o bot a funcionar e facer o cambio. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:23, 15 outubro 2009 (UTC)

Feito de xeito manual para corrixir outras cuestións refiridas ao formato e para engadir a categoría sen imaxes. Agora só ligan con ese modelo dúas conversas e as novas da taberna. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:57, 16 outubro 2009 (UTC)


Solicitud[editar a fonte]

¡Hola! Antes de todo, quería disculparme por hablar en castellano. Tengo una solicitud para usted, y en general para el grupo de Administradores. Actualmente, soy reversor en 5 wikipedias de WIKIMEDIA project, y me gustaría ser administrador en esta enciclopédia. ¿Por qué? Tengo mucho tiempo libre para combatir vandalismos, spams y creaciones de páginas que no se adequan a las políticas actuales de la enciclopédia. Considero que los administradores de otras enciclopédias tienen una gran confianza en mi, de hay que me otorgen flags como el de reversor, en la wiki en Sueco y Sloveno aunque no conozca la lengua. En este caso, la lengua me es familiar y quedría colaborar en el proyecto. Muchas gracias por la atención, y un saludo. Puede comprobar todo lo esmentado aquí. --Javierito92 20:33, 1 novembro 2009 (UTC)

Táboa[editar a fonte]

Boas Toliño. Na miña sección de Datos e datas fixen unha táboa co consumo de carne en Galicia e España dos últimos anos. Quixera que ma arranxaras de modo que o ano (2006, 2007, 2008) apareza nunha fila superior, abarcando cada ano os datos de Nacional e Galicia correspondentes a ese ano. ¿Pódesme facer ese favor? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 16:21, 16 novembro 2009 (UTC)

  • O estilo que ten váleme perfectamente pero ¿podían ser un pouco máis anchas as columnas, co texto centrado? Cousa de estética, nada máis. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 17:38, 16 novembro 2009 (UTC)
    • Perfecta. Déboche unha. Pedro --Lameiro (conversa) 18:23, 16 novembro 2009 (UTC)

Fusión[editar a fonte]

Toliño, ti que sabes destas cousas a ver se podes fusionar Open Source co outro que xa verás aí. Cando teñas tempo, que présa non hai. Un saúdo e graciñas. --Atobar (conversa comigo) 13:30, 19 novembro 2009 (UTC)

Sobre as citas[editar a fonte]

Boas Toliño, pude ver que no artigo sobre o Escudo de Andalucía puxeches "(algunhas correccións; cómpre unha revisión da tradución da segunda cita (ou non traducila))", entón ¿cres que e mellor que as próximas citas as deixe na súa lingua orixinal (no caso de que estean en castelán)? ou ¿debo seguir traducindoas? Un saúdo--AMPERIO 18:16, 25 novembro 2009 (UTC)

Sinal de historia en progreso[editar a fonte]

Ola! Estou redactando unha serie de artigos sobre a Primeira Guerra Mundial e púxeme a modificar ese artigo en concreto. Ten posto un sinal de historia en progreso e estou expandíndoo. Sabes con quen podo falar para retirar o sinal cando remate? A ser posible alguén que saiba de historia para que me poida indicar se debería modificar ou ampliar algunha sección. Grazas de antemán.--Silverfox 18:35, 26 novembro 2009 (UTC)

  • Grazas pola axuda, xa engadín un par de libros sobre o tema que confirman a información do artigo, pero están en castelán. Que eu saiba non foron nunca traducidos ao galego.

--Silverfox 19:22, 27 novembro 2009 (UTC)

Modelo:Gobernante[editar a fonte]

Toliño, revisa que é o que fixen mal. Quixen mudar o DEPOIS a DESPOIS e por algunha razón desapareceu o amarelo do fondo das instrucións. Outra cousa, supoño que agora cómpre cambiar todos os DEPOIS dos cadros de sucesión dos artigos a DESPOIS, para que se vexa ben. Infórmame que disto pouco sei. Saúdos e graciñas. --Atobar (conversa comigo) 13:06, 29 novembro 2009 (UTC)

Estás a todo. Co do amarelo refírome ás instrucións. Olla para aquí. Metete na versión antes da miña edición e verás que o fondo era amarelo, e agora xa non. --Atobar (conversa comigo) 13:12, 29 novembro 2009 (UTC)
Non sei por que razón, agora o amarelo non aparece nin nas versión precedentes. En calquera caso, refírome a isto. --Atobar (conversa comigo) 13:15, 29 novembro 2009 (UTC)
Explícaste. Grazas. --Atobar (conversa comigo) 13:16, 29 novembro 2009 (UTC)

Acento nos Modelos[editar a fonte]

En programación nonse poñen acentos agora ben no que se mira si, fixate no que sae na vista do modelo e poderas ver que sae o acento en cónxuxe. Un Saudo--Alfonso Márquez 19:06, 4 decembro 2009 (UTC)

Episdios de O detective Conan[editar a fonte]

Ola Toliño! Terías tempo para no artigo da Lista de episodios de O detective Conan poñer a seguinte táboa:

            Episodios         Estrea
            

1ª Tempada 1-79 2006 2ª Tempada 80-199 2006-2007 3ª Tempada 200-300 2007-2008 —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.67.17 (conversacontribucións) o 4 de decembro de 2009 ás 20:42

El Porvenir[editar a fonte]

Ola Toliño, onte movín o artigo El Porvenir a El Porvenir, 1875 para facer sitio para a pax de homónimos. Sen decatarme movín tamén a pax de conversa do artigo, que non debería terse movido. Poderías revertir o cambio da pax de conversa? Grazas. Saúdos. --Xas (fálame) 09:24, 5 decembro 2009 (UTC)

Mopdelo:Astronauta[editar a fonte]

Non sei se existirá, pero no artigo Valentina Tereshkova, o modelo:infobox astronauta non funciona. ¿Podes botarlle un vistazo? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 15:11, 5 decembro 2009 (UTC)

Imaxe da semana[editar a fonte]

Toliño, a ver se puideses pechar as votacións dalgunhas imaxes e pór a imaxe desta semana, que estamos sen ela. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:25, 7 decembro 2009 (UTC)

Re:Votacións[editar a fonte]

Por suposto que o comprendo. Gracias polo aviso, non tiña nin idea. Saúdos--Jackirtash 16:58, 10 decembro 2009 (UTC)

A Barciela[editar a fonte]

Ola Toliño. Poderías borrar o artigo A Barciela que acabo de mover a A Barciela (homónimos) pois quería mover aí o artigo A Barciela, Santiago de Compostela xa que se trata dunha parroquia dividida entre dous concellos: Santiago de Compostela e Oroso. Eu non podo (ou non sei) facelo. Grazas e saúdos. --Xas (fálame) 13:37, 16 decembro 2009 (UTC)

Grazas. E tamén polo apuntamento. Imos aprendendo. Saúdos.--Xas (fálame) 19:37, 16 decembro 2009 (UTC)

caixa de usuario[editar a fonte]

Boa noite! Xa está feito; Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:42, 21 decembro 2009 (UTC)

Imaxes pechadas 2010[editar a fonte]

Boas Toliño. Tes que crear unha páxina á que leva-las propostas pechadas das imaxes da semana do ano que vén (Propostas pechadas/2010). Xa teño pechadas as imaxes para as dúas primeiras semanas. De paso, vota un vistazo ó que fixen (pechar propostas aprobadas e rexeitadas, sacalas da páxina de propostas e dispoñelas para que se visualicen cando lles toque) non sexa o demo que fixera algo mal. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 11:12, 22 decembro 2009 (UTC)

  • Toliño, non esquezas comprobar que a imaxe da semana que vén (xa mañá luns) está ben enlazada e que aparecerá correctamente na portada. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 12:19, 27 decembro 2009 (UTC)

caixa de artista (...)[editar a fonte]

Boa noite, Toliño! Podes botarlle un ollo ao artigo Virginia Maestro, que visualiza mal a caixa?

Un saúdo, e graciñas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:14, 22 decembro 2009 (UTC)

Nino Bravo[editar a fonte]

Pido desculpas pola gran cantidade de lusismos no artígo, pouco a pouco intentarei mellorar. xD --Ravave 16:49, 27 decembro 2009 (UTC)