Saltar ao contido

Hipopotasemia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hipopotasemia
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención! Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, consúltello ao médico.
Imaxe
 Oposto a
Características
 Especialidade médica
Códigos e identificadores
Freebase/m/03vmt0 Editar o valor en Wikidata
MeSHD007008 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC37974 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB6445 Editar o valor en Wikidata
CIE-111586177000 Editar o valor en Wikidata
CIE-10E87.6 Editar o valor en Wikidata
CIE-9276.8 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000479 Editar o valor en Wikidata
eMedicine767448 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778242168 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A hipopotasemia é un trastorno hidroelectrolítico no que a concentración sanguínea de potasio é menor de 3,5 mEq/l.

Causas de hipopotasemia

[editar | editar a fonte]

Son varias as causas de hipopotasemia:

  1. Déficit dietético de potasio: é moi infrecuente xa que o potasio se atopa en moitísimos alimentos. Só hai déficit en pacientes con dieta sen ningún contido de potasio.
  2. Exceso de aldosterona: a aldosterona estimula a bomba de sodio-potasio e cando hai un exceso desta hormona, na nefrona distal excrétase moito potasio, tanto como para orixinar unha hipopotasemia.
  3. Nalgúns síndromes que afectan á reabsorción tubular, como o síndrome de Barther. Neste síndrome non hai reabsorción tubular proximal de sodio e chega unha gran cantidade deste ion á nefrona distal. Isto induce un alto funcionamento da bomba Na+/K+, co que se reabsorbe moito sodio e se excreta moito potasio.
  4. Co uso dalgúns diuréticos proximais, que favorecen a excreción de potasio á luz do túbulo renal.
  5. Trala inxección de insulina ou con descargas β adrenérxicas (abundantes no dellirium tremens).
  6. Nas alcaloses.

Manifestacións clínicas

[editar | editar a fonte]

Aparecen nas hipopotasemias moderadas ou graves, sobre todo a nivel coronario. No electrocardiograma reflíctese cun descenso na intensidade da onda T e a aparición da onda U.