Conversa usuario:85.91.67.17

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 85.91.67.17 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 15:51, 27 agosto 2006 (UTC)

artigos do Detective Conan[editar a fonte]

ola! Anímote a facer artigos de personaxes da serie, o artigo principal é bastante grande e viríalle ben ir dividíndoo.

Cando deixes unha mensaxe nas páxinas de conversa, lembra asinala (co cuarto botón empezando pola dereita que hai sobre o recadro de texto), para saber quen a deixou. Asimesmo, anímote a rexistrarte como usuari@.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:00, 27 agosto 2009 (UTC)

RE: Imaxes[editar a fonte]

A política de imaxes da Wikipedia en inglés é diferente á nosa. Alí poden usar imaxes suxeitas a copyright; podes consultar Wikipedia:Política de uso de imaxes para máis información. Síntocho. Deica! --Toliño Fala aquí comigo 11:13, 2 setembro 2009 (UTC)

RE: Episodios de O detective Conan[editar a fonte]

Intenta facer a táboa co modelo:Lista de episodios. Se non dás, avísame e xa che axudo eu sen problema. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:12, 15 setembro 2009 (UTC)

referencias[editar a fonte]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, 85.91.67.17. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de novembro de 2017 ás 17:20 (UTC)[responder]