Virginia Maestro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVirginia Maestro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Virginia Maestro Díaz Editar o valor em Wikidata
29 de setembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Linares, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Sevilla Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositora Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Music Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm3069152 Musicbrainz: c6a03ebf-a2e1-4c88-9009-ed00bbb7e333 Songkick: 4425853 Discogs: 1379254 Genius: Virginia-maestro Editar o valor em Wikidata

Virginia Maestro Díaz, nada o 29 de setembro de 1982[1] en Linares (Xaén), é unha cantante e cantautora andaluza. Deuse a coñecer no programa de televisión Operación Triunfo (2008). Arestora pertence ó grupo Labuat que ven sendo a voz cantante.

Biografía[editar | editar a fonte]

Virginia pasou a súa adolescencia entre Córdoba e Mairena del Aljarafe (Sevilla), cidade onde estudou Maxisterio musical[2] e na que foi Soprano do Coro da Universidade de Sevilla.[3]

Dende cativa toca a guitarra de xeito autodidacta despois de compó-la súa primeira canción ós 12 anos de idade[4]. Desde os 15 anos participou como vocalista en diversas bandas: Fundación Virginia, Little Vicky & the Shout Band, 7Funk, The Flik Flak Duo e Boogie Flu. Os seus proxectos musicais ampliábanse coa participación en multitude de jam sessions de jazz e blues, compartindo escenario con bandas tales como Black Jack Bob & the New Deal ou Mingo & The Blues Intruders, esta última do que fora armonicista de Caledonia Blues Band, Mingo Balaguer.[5]

O seu desexo de obter unha carreira discográfica[6] levoulle a se presentar ós castings da segunda e terceira edición de Operación Triunfo, así como ó que realizaba o grupo La Oreja de Van Gogh para elixir nova vocalista.[7]

Operación Triunfo[editar | editar a fonte]

Deuse a coñecer como concursante na sexta edición de Operación Triunfo. O seu estilo senlleiro e timbre vocal atraeu a un amplo e enchente apoio do público.

Os seus primeiros éxitos de vendas chegaron namentres estaba dentro do programa, cando a súa versión do tema Creep de Radiohead chegou ó número 1 de iTunes[8]. Os temas My baby just cares for me e Moonlight Shadow tamén acadaron o primeiro posto na devandita lista. Outros cinco dos temas gravados por ela: Lovefool, Cómo hablar, Isla de palma, I love to love e I'll stand by you chegron os postos 2, 19, 22, 30, e 56, respectivamente.

O 22 de xullo do 2008 proclamouse gañadora do concurso co 55% dos votos, conseguindo deste xeito un contrato discográfico con Sony BMG[9].

Labuat[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Labuat.

O 5 de decembro de 2008 anunciouse o nome baixo o cal editaría o seu primeiro traballo discográfico[10][11]. Así nacía Labuat, proxecto artístico que se define coma un "triángulo equilátero" composto por 3 vértices: The Pinker Tones, Risto Mejide e a propia Virginia Maestro. Presentouse oficialmente ós medios nunha rolda de prensa celebrada no Círculo de Bellas Artes de Madrid o 4 de febreiro do 2009[12]. Froito deste proxecto é o seu álbum debut, de título homónimo, que foi publicado o 24 de febreiro do 2009 e debutou no posto número 2 das listas españolas.[13]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • Soy tu aire (2009)
  • De pequeño (2009)
  • Carta de Otoño (2009)
  • The Time Is Now (2011)

Videoclips[editar | editar a fonte]

  • Soy tu aire (2009)
  • De pequeño (2009)
  • The Time Is Now (2011)

Outros álbums[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Muñecas (2010) — Curtametraxe xunto á actriz Victoria Vera.
  • Late (2010) — Curtametraxe xunto á súa ex-compañeira Tania G.
  • Day-57 (2010) — Película dirixida por James J. Wilson.

Premios e candidaturas[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Premio Resultado
2009 Disco do ano de TVE Nomeada
Revelación do ano Must! Awards Nomeada

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Virginia: "Puedo defender Labuat donde sea, incluido en OT" Arquivado 06 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Qué.es
  2. Cumpleaños de Virginia Maestro Arquivado 02 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. BlueBBVA
  3. Ficha de Virginia Maestro Arquivado 28 de xullo de 2009 en Wayback Machine. Operación Triunfo.com
  4. "Breve autobiografía musical". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2009. Consultado o 04 de agosto de 2009. 
  5. "Virginia Maestro: perfil y trayectoria artística". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2009. Consultado o 04 de agosto de 2009. 
  6. Entrevista a Virginia Maestro (26/09/2008) -parte I-
  7. Las teorías de Iván sobre Mimi 08-06-08 (youtube.com)
  8. Virginia arrasa en Itunes Arquivado 22 de setembro de 2008 en Wayback Machine. Corazón digital.com
  9. Virginia gana la final de 'OT' El Periódico.com
  10. "LABUAT, nombre del proyecto de Virginia Maestro". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2009. Consultado o 04 de agosto de 2009. 
  11. "Virginia ahora es Labuat". Arquivado dende o orixinal o 06-03-2009. Consultado o 04-08-2009. 
  12. Rueda de prensa de presentación de Labuat Telecinco.es
  13. "Lista Afyve de ventas de discos de música do 23 de febreiro ao 1 de marzo de 2009". Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2009. Consultado o 04 de agosto de 2009. 
  14. “AGUA” EL DISCO DE OPERACIÓN TRIUNFO 2008 Arquivado 04 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. Vale Music.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Lorena Gómez
Gañadores de Operación Triunfo
2008
Sucesor:
Mario Álvarez