Wikipedia:Sobre Galicia/setembro 2009

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Emilia Pardo Bazán, nada na Coruña en 1851 e finada en Madrid en 1921, foi unha das escritoras españolas máis eminentes do século XIX. Malia ser coñecida principalmente como novelista, escribiu máis de 500 obras empregando unha variedade de xéneros literarios. Asemade, ao igual que a ilustrada Concepción Arenal, foi unha destacada feminista que desexaba unha educación e formación intelectual para as mulleres igual cá dos homes. Nas súas obras aparecen a miúdo reflectidos aspectos tradicionais da sociedade galega do seu tempo, como a organización social semi-feudal do agro galego, o caciquismo, a miseria e dureza da vida campesiña, a emigración e o conseguinte desarraigo das súas xentes.