Wikipedia:Artigo destacado/setembro 2009
Aparencia
A célula é a unidade estrutural e funcional mínima con vida, capaz de realizar tódalas funcións características ou vitais de calquera organismo vivo: a nutrición, a relación co medio que a rodea e a reprodución. Os seres vivos existentes posúen, cando menos, unha célula (organismos unicelulares), mentres que se están constituídos por un conxunto de ata millóns de células reciben o nome de organismos pluricelulares. As células divídense en eucarióticas, cun núcleo celular diferenciado, que contén o material xenético, e procarióticas, que carecen de moitos dos orgánulos da célula eucariótica.