Carlos González Reigosa
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de setembro de 1948 (76 anos) Lagoa, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Formación profesional | Ciencias da información e ciencias políticas |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Xénero artístico | Narrativa, poesía e ensaio |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Carlos González Reigosa, nado en Lagoa (A Pastoriza) o 2 de setembro de 1948, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]É licenciado en Ciencias da información e Ciencias políticas. Comezou a súa carreira xornalística en La Voz de Galicia. Redactor da axencia EFE desde 1974, foi o seu director de información (1990-1997) e director de publicacións (1997-2004).
É autor de multitude de artigos de crítica literaria e teatral e de política internacional, publicados en xornais e revistas tanto españois como americanos.
Publicou as novelas Oxford, amén (1982), Crime en Compostela (1984) (gañadora do primeiro Premio Xerais e a iniciadora da novela negra na literatura galega, ademais dun dos libros máis vendidos en lingua galega), O misterio do barco perdido (1988), A guerra do tabaco (1996), Narcos (2001) e Intramundi (2002).
Publicou así mesmo libros de relatos curtos (Homes de Tras da Corda, As pucharcas da lembranza, Irmán Rei Artur e Os outros disparos de Billy) e de investigación e ensaio xornalístico, destacando entre eles La agonía del león (Premio Internacional Rodolfo Walsh de Literatura Testimonial en 1996).
Dirixiu varios cursos de verán sobre xornalismo e literatura nas universidades Complutense, Menéndez Pelayo (UIMP), Rey Juan Carlos e Santiago de Compostela, ademais de en diversas institucións americanas (En Miami e Os Ánxeles). Algúns destes cursos foron recollidos en libros: La información internacional en el mundo hispanohablante (1995), Información y Sociedad (1996) ou Hemingway desde España (2001).
É profesor no mestrado de Relacións Internacionais da Universidade Complutense de Madrid e no mestrado de Xornalismo de Axencias da Universidade Rey Juan Carlos e a Axencia EFE.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Homes de Tras da Corda (1982, Xerais).
- Crime en Compostela (1984, Xerais).
- As pucharcas da lembranza (1986, Xerais).
- O misterio do barco perdido (1988, Xerais).
- A guerra do tabaco (1996, Xerais).
- Narcos (2001, Xerais).
- Intramundi (2002, Xerais).
- Pepa A Loba (2006, Xerais).
- A vida do outro (2009, Xerais).
- Xentiario (2009, Galaxia).
- A lei das ánimas (2010, Galaxia)
- Tras da Corda (2012, Xerais)
- A vitoria do perdedor (2013, Xerais).
- A vinganza do defunto (2014, Xerais).
- Segredos de Bretaña (2016, Xerais).
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Irmán Rei Artur (1987, Xerais).
- Dous máis dous (1998, Sotelo Blanco).
- A soidade do asasino (2018, Xerais) (Teatro)
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Fuxidos de sona (1989, Xerais).
- O doutor Livingstone, supoño (1998, Xerais).
- Eidos do xornalismo (2007, Galaxia).
- Laxeiro por si mesmo (2008, Xerais).
- A Galicia máxica de García Márquez (2013, Xerais).
- A morte de Valle-Inclán. O último esperpento (2016, Xerais, con Javier del Valle-Inclán e José Monleón).
Poesía
[editar | editar a fonte]- Kid Salvaxe (2014, Xerais).
Conversas
[editar | editar a fonte]- Conversas de Gonzalo Torrente Ballester con Carlos G. Reigosa (1983, SEPT).
- Colmeiro por si mesmo (2015, Xerais).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- A Gran Novela e outras narracións. Traballos premiados no 7º Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro (1982, Ediciós do Castro).
- Premios Pedrón de Ouro. X Certame Nacional Galego de Narracións Curtas "Modesto R. Figueiredo" (1985, Ediciós do Castro).
- Contos eróticos. Eles (1990, Xerais).
- O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990) (1990, Galaxia).
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
- Poetas e narradores nas súas voces. I (2001, Consello da Cultura Galega).
- Palabra por palabra. Contos da Policía (2003, Ir Indo).
- Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Xerais no 1984, por Crime en Compostela.
- Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo no 1981, por O tesouro de Petro Xesto.
- Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo no 1984, por Cantar sen xesta de Lanzarote do Lago.
- Premio Torrente Ballester no 2008, por A vida do outro [1].
- Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego no 2012, por Paraíso case baleiro.
Obras en castelán
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Oxford, amén (1982). Publicado en galego no 2006, por Xerais.
- Los otros disparos de Billy (1986). Publicado en galego no 1991, por Xerais, como Os outros disparos de Billy.
- El regreso de los maquis (1992). Publicado en galego no 2004, por Xerais, como O regreso dos maquis.
- La agonía del león (1995). Publicado en galego no 2011, por Xerais, como A agonía do león.