Conversa:Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa dos concellos que non teñen imaxe da casa do concello.

Revisión para facilitar a actualización[editar a fonte]

(Deste listado de concellos pendentes borráronse os xa feitos --Estevo(aei)pa o que queiras... 19:39, 1 de marzo de 2012 (UTC))



Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:28, 12 de febreiro de 2012 (UTC) Engadido: actualización. --Prevertgl 21:27, 13 de febreiro de 2012 (UTC) Engadido: actualización e relación de concellos das provincias de Lugo e Ourense que faltan. --Prevertgl 23:15, 13 de febreiro de 2012 (UTC)

Outra actualización. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:07, 14 de febreiro de 2012 (UTC)
Xa puxen xente a traballar para conseguir algúns concellos máis de Pontevedra :). Por outra banda, coa cantidade de galipedistas que hai nesa provincia ter fotos de todos eses concellos non ha ser complicado. Cousa ben distinta será nas provincias de Lugo e Ourense... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:06, 14 de febreiro de 2012 (UTC)
Moitas grazas. Dos concellos da provincia de Ourense son dos que máis escasos estamos e dos que semella máis difícil conseguir imaxes, mesmo hai cinco concellos que nin sequera teñen galería propia. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:24, 14 de febreiro de 2012 (UTC)
Por curiosidade, ¿cales son eses cinco concellos que non teñen galería?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:18, 14 de febreiro de 2012 (UTC)
Non sei por qué a descrición da imaxe di que é o antigo concello, polo momento na web oficial aparece unha imaxe do mesmo edificio dicindo que é a casa do concello. Eu penso que está ben, pero non poño a man no lume, que conste :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19:56, 14 de febreiro de 2012 (UTC)
  • Re: Concellos da provincia de Ourense sen galería de imaxes:
Gomesende, Larouco, Petín, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:33, 14 de febreiro de 2012 (UTC)
Moitas grazas, haberá que organizar excursións por eses sitios! ;). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19:51, 14 de febreiro de 2012 (UTC)
Tampouco atopo imaxes do concello de Trabada en Lugo, a galería que ten só mostra un gráfico do escudo e o mapa de situación... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:25, 17 de febreiro de 2012 (UTC)
No mesmo caso que Trabada ou semellante penso que hai algún concello máis. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:26, 17 de febreiro de 2012 (UTC)

Xa me fixeron as fotos de A Cañiza e Covelo, estou esperando a que as suban a Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:15, 13 de marzo de 2012 (UTC)

Pontevedra está a punto de caramelo... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:07, 17 de marzo de 2012 (UTC)

Concellos sen imaxe[editar a fonte]

Que os concellos sen imaxe aparezan dá lugar a confusión; creo que é mellor que na galería aparezan só as imaxes reais. --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:41, 30 de abril de 2012 (UTC)

Estou dacordo... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:08, 30 de abril de 2012 (UTC)

O que non chora...[editar a fonte]

Tamén se pode pedir axuda a través de flickr. Os usuarios FreeCat e Amaianos teñen publicado varias imaxes de Dozón, por exemplo, baixo licenza compatible. --. HombreDHojalata.conversa 08:31, 22 de maio de 2012 (UTC)

Case é o mesmo que dixen eu, mira :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:40, 22 de maio de 2012 (UTC)

Pontevedra oe!![editar a fonte]

Xa están tódalas imaxes de casas de concellos de Pontevedra, parabéns a tódolos colaboradores!! Agora a polas outras... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:41, 13 de xuño de 2012 (UTC)

A Coruña oe!![editar a fonte]

Xa están tódalas imaxes de casas de concellos da Coruña, parabéns a tódolos colaboradores!! Agora a polas outras... :) Dous aniños máis tarde, non está mal... ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de novembro de 2014 ás 19:03 (UTC)

Negueira de Muñiz[editar a fonte]

Ola. Detectei un erro na foto da Casa do Concello de Negueira de Muñiz. Esa non é a Casa do Concello..., a Casa do Concello está diante. O podedes comprobar con el Street View de Google Maps. Así que me temo que haberá que engadir ese concello nos que faltan da provincia de Lugo. Saúdos, La fabrica de nubes (fálame) 10 de agosto de 2015 ás 20:57 (UTC)

Tes razón La fabrica de nubes, aínda que pode ser que sexa a antiga casa do concello, está claro que esa non é a actual. Métoa na lista. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de agosto de 2015 ás 07:40 (UTC)

Novas galerías de placas altimétricas[editar a fonte]

Boas, estes días fixen novas galerías relacionadas cos concellos, as galerías das placas altimétricas que indican a localización e a altitude de cada concello segundo o IGN. Podedes velas en Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia de Ourense, Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia da Coruña, Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia de Lugo e Galería de imaxes de placas altimétricas dos concellos da provincia de Pontevedra. Hai xa bastantes e dunha ollada rápida a provincia que menos ten paréceme que é a de Coruña. Outra tarefa máis para ir visitando o país! Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de maio de 2017 ás 18:48 (UTC)

Xa está listo Ourense![editar a fonte]

Parabéns a todos! Grazas ás últimas achegas de La fabrica de nubes, xa temos tódalas casas de concello da provincia de Ourense, tan só faltan agora as 8 casas da provincia de Lugo. A por elas que son poucas e teñen medo! ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 08:05 (UTC)

Concello de Abadín[editar a fonte]

Unha pregunta, esta imaxe é válida? Hai pouco tamén atopei esta imaxe do concello de Maceda, pero a sustituín por unha miña... La fabrica de nubes (fálame) 6 de decembro de 2018 ás 00:41 (UTC)

Por ser, si, é válida, porén hai que intentar conseguir fotos de mellor calidade, mais mentres non hai outra cousa... Na Galipedia sempre tratamos de mellorar os contidos, e as imaxes forman parte importante deles, polo que tódalas melloras son benvidas :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de decembro de 2018 ás 01:11 (UTC)