Cumiar, Ponteareas
| Cumiar | |
|---|---|
| Concello | Ponteareas[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°11′24″N 8°27′03″O / 42.19, -8.45083333 |
| Poboación | 123 hab. (2022) |
| Entidades de poboación | 9[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santo Estevo de Cumiar é unha parroquia que se localiza no concello de Ponteareas. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 123 habitantes (55 homes e 68 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santo Estevo de Cumiar é románica. O arco triunfal é semicircular, pero moi irregular, probablemente por algunha reconstrución. Apoia en columnas entregas con capiteis moi deteriorados. No muro existe unha talla dun gran león moi esquemático coas catro patas dobradas cara a adiante. Por unha inscrición sábese que a igrexa se edificou orixinalmente no século XII.
Este templo está moi reformado, pero aínda que conserva a portada occidental e o arco triunfal refeito. Nesta portada hai unha inscrición que data a igrexa no ano 1184, aínda que é probable que se trate dunha primeira fase pois moitos dos elementos da igrexa parecen máis tardíos.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cumiar
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Cumiar no concello de Ponteareas (Pontevedra) | |
|---|---|
|
O Areal de Fontes | O Calvario | Candeira | Carballas | A Coutada | O Cruceiro | As Eiras | A Mo | Santa Cruz |
Parroquias de Ponteareas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.