Conversa usuario:Justinoguerra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Justinoguerra!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --RubenWGA (conversa) 22 de marzo de 2021 ás 01:27 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Justinoguerra. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 27 de decembro de 2022 ás 23:49 (UTC)[responder]

Gracias, se intenta!! Justinoguerra (conversa) 28 de decembro de 2022 ás 22:55 (UTC)[responder]

Ola, Justino. Permíteme insistir no da ortografía. A ferramentas recomendadas pódenche axudar moito. --. HombreDHojalata.conversa 13 de febreiro de 2024 ás 18:32 (UTC)[responder]

Alameda de Pontevedra[editar a fonte]

Bos días Justinoguerra e grazas pola túa mensaxe e polo enlace!

Sabes se por casualidade hai planos ou debuxos ou outras informacións do actual cuartel de San Fernando proxectado e construido nos primeiros anos do século XX (1900-1905; 1906-1909) como os que atopaches dos cuarteis precedentes do cuartel actual? Un saúdo!--MJSB73MP (conversa) 2 de xaneiro de 2023 ás 11:43 (UTC)[responder]

Por ahora no los he encontrado, pero estoy en ello! Saludos, disculpa pero estoy añadiendo al articulo existen solo con un orden cronológico, pero habrá que darle una vuelta al final al conjunto. Justinoguerra (conversa) 2 de xaneiro de 2023 ás 12:28 (UTC)[responder]
http://www.mcu.es/ccbae/es/consulta/registro.do?id=179356 en el plano del siglo XVIII también aparece la avenida arbolada previa. Saludos Justinoguerra (conversa) 2 de xaneiro de 2023 ás 16:53 (UTC)[responder]

Mexillón e miticultura[editar a fonte]

Boas Justino. As túas achegas nestes dous artigos están cheos de erros de ortografía e redacción. Ademais a cita non ten o formato axeitado e está sen traducir. Por non falar de que é longa de máis. As citas serven para contextualizar un dato non para reproducir o texto completo. Agradeceríase manter a calidade nas edicións para evitar seren revertidas. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 7 de maio de 2023 ás 11:00 (UTC)[responder]

Boa tarde Breogan2008
O Articulo orixinal ten un erro de base sobre a data e a forma en que comezou a miticultura en Galicia, creo por iso que é o punto máis importante a considerar, se como indicas ten unha chea de erros, podes correxirlos (e é de agradecer) non eliminalos....
Creo que este documento é suficientemente importante como para cambiar a perspectiva que tiñamos de como comezou o seu cultivo, pero si consideras que é mellor manter a redacción orixinal, non sei...
A Cita está nunha das dúas entradas, polo que no se por que eliminas ambas?
Citas noutros idiomas hai en todas as wikipedias, pode engadirse o texto en varias linguas, tal e como o deixou o autor e a a súa tradución; agradecería a colaboración como comentaba, non a eliminación completa Justinoguerra (conversa) 7 de maio de 2023 ás 17:23 (UTC)[responder]

Ligazóns externas[editar a fonte]

Ola, Justinoguerra; como se explica en Wikipedia:Ligazóns externas, deben incluírse na sección de "Ligazóns externas" ó final dos artigos, nas referencias e citas ao pé e en situacións particulares nalgunhas caixas de información e/ou táboas. En todo caso as ligazóns ao DBE poden ir como nota a pé se é que esas biografías do DBE serven como referencia para indicar que os persoeiros foron capitáns xenerais de Galicia, que á fin e ao cabo é do que vai o artigo Capitáns xenerais de Galicia. De non ser así, enténdese que as persoas que acceden ao artigo teñen destrezas dixitais abondo para buscar información sobre esas persoas. Doutra banda, tamén sería importante seguir a indicación 4: "En xeral, cómpre evitar ligar a múltiples páxinas dun mesmo sitio web, e tentar atopar a ligazón máis axeitada dentro do propio sitio web". Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de novembro de 2023 ás 14:34 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Justinoguerra. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --. HombreDHojalata.conversa 13 de febreiro de 2024 ás 18:25 (UTC)[responder]