O Planeta de Hoxe en Día

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Planeta de Hoxe en Día (tamén coñecido polas siglas PHD) é unha canle de YouTube en galego de contido relacionado, xeralmente, coa xeografía e coa historia.

Historia[editar | editar a fonte]

O Planeta de Hoxe en Día naceu o 10 de decembro de 2021, data no que se publicou o seu vídeo de presentación[1]. Ao remate deste vídeo resúmese o contido desta canle a través dunha frase:

“Cada xesto, palabra, acción que facemos pode ter consecuencias grandes ou pequenas, e o conxunto deses xestos, palabras e acción leváronnos ao Planeta de Hoxe en Día”.

O 4 de abril dese ano estréase a campaña Facendo visible o invisible[1].

O mes de febreiro de 2023 foi o mellor mes da súa historia grazas aos vídeos sobre o hidróxeno verde, o Festival da Canção e Mariupol[2].

Outros servizos[editar | editar a fonte]

O Planeta de Hoxe en Día creou un servizo de noticias chamado O Planeta de Hoxe en Día Noticias[1] e outro de música, O Planeta de Hoxe en Día Música.

Redes sociais[editar | editar a fonte]

O Planeta de Hoxe en Día pódese atopar, ademais de YouTube, en Instagram, Facebook e TikTok, onde crea contido propio para estas redes sociais, Twitter, Mastodon e Spotify.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Páxina web do Planeta de Hoxe en Día". O Planeta de Hoxe en Día. Consultado o 27/05/2023. 
  2. "O Planeta de Hoxe en Día, DITO E FEITO". YouTube. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]