Elisa Loncón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Elisa Loncón
Elisa Loncón.png
Nome completoElisa Loncón Antileo
Nacemento23 de xaneiro de 1963
 Chile
NacionalidadeChile
EtniaMapuches
Alma máterUniversidade de La Frontera, International Institute of Social Studies, Universidade de Regina, Universidade Autónoma Metropolitana, Universidade de Leiden e Pontificia Universidade Católica de Chile
Ocupacióninvestigadora, professor de línguas, escritora, tradutora, lingüista, ensaísta, activista e autora
editar datos en Wikidata ]

Elisa Loncón Antileo, nada o 23 de xaneiro de 1963 na comunidade de Lefweluan de Traiguén, na rexión de Araucanía, é unha lingüista e política mapuche, activista dos dereitos indíxenas. En 2021, Loncón foi elixida como unha das representantes do pobo mapuche para a Convención Constitucional. Logo da creación do órgano constituínte, Loncón foi elixida Presidenta da Convención Constitucional o 4 de xullo de 2021.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Loncón naceu en Lefweluan, unha comunidade mapuche preto de Traiguén, na rexión de Araucanía.[1] Loncón medrou na pobreza, lembrando que a súa familia sofría inseguridade alimentaria a longo prazo. Nunha entrevista do ano 2017, Loncón declarou que o centro cerimonial mapuche local de Lefweluan foi destruído en favor dun vertedoiro e viu como os seus irmáns desenvolvían infeccións cutáneas mentres xogaban no lixo.[2]

Un dos seus bisavós loitou contra a invasión chilena de Araucanía (1861–1883) e foi aliado de José Santos Quilapán.[3] A súa familia participou na recuperación da propiedade da terra antes e durante a reforma agraria chilena (1962–1973). Por mor da súa pàrticipación na recuperación da terra, o avó materno de Elisa Loncón, Ricardo Antileo, foi encarcerado pola ditadura militar de Augusto Pinochet.

Loncón estudou inglés na Universidade de La Frontera.[4] Ten estudos de posgrao no Instituto Internacional de Estudos Sociais da Haia e na UAM Iztapalapa de Cidade de México. É doutora pola Universidade de Leiden e doutora en literatura pola Pontificia Universidade Católica de Chile.

Loncón é profesora a tempo completo na Universidade de Santiago, centrada na investigación sobre o ensino da lingua mapuche e a súa persistencia no contexto contemporáneo.[4] Escribiu diversos libros e publicacións, principalmente sobre innovación e expansión dos recursos léxicos da lingua mapuche.[5]

Activismo político[editar | editar a fonte]

Formou parte da organización cultural Ad Mapu e do Aukiñ Wallmapu Ngulam (AWNg ou Consello de Todas as Terras).[6] Como parte do AWNg, participou no deseño da bandeira mapuche, a Wenufoye.[7] O traballo de Loncón foi nomeado polas Nacións Unidas nun comunicado de prensa de 2017 que instaba ao goberno chileno a deixar de empregar a lei antiterrorista contra activistas mapuches.[8]

En 2021, foi candidata á Convención Constitucional chilena, en representación da poboación mapuche das rexións de Coquimbo, Valparaíso, Santiago, O'Higgins e Maule. Rercibiu unha pluralidade de votos, converténdose nun dos membros da Convención. O 4 de xullo de 2021, despois da inauguración da Convención, foi elixida presidenta. Recibiu 96 votos na segunda volta, principalmente das coalicións de esquerda e centro esquerda ("Apruebo Dignidad", "La lista del pueblo" e parte da "Lista del Apruebo").[1]

Pouco despois de ser elixida presidenta da Convención Constitucional, Loncón declarou o seu obxectivo de debater os temos de liberación dos chamados presos da revolta e dos presos políticos[9] do conflito mapuche.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Elisa Loncón, representante del pueblo mapuche, se transforma en presidenta de la Convención Constitucional". Diario y Radio U Chile (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2021. Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  2. "Elisa Loncon: “Nuestras profesoras a veces nos pegaban por ser indias” « Diario y Radio U Chile" (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  3. "Quién es Elisa Loncon, la profesora mapuche elegida presidenta de la Convención Constituyente de Chile" (en castelán). 4 de xullo de 2021. Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Departament of Education - University of Santiago (ed.). "Elisa Loncon Antileo". Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  5. "Elisa Loncon". Aula Intercultural (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2021. Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  6. Loncón, Elisa. "Presentación". Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  7. Palabra Pública (ed.). "Elisa Loncón: “Se habla tanto del racismo en Estados Unidos, pero no se habla del de Chile” – Palabra Pública" (en castelán). Consultado o 4 de xullo de 2021. 
  8. Noticias ONU, ed. (2017-10-06). "Expertos de la ONU piden a Chile no utilizar la Ley Antiterrorista contra los mapuche" (en castelán). Consultado o 5 de xullo de 2021. 
  9. Plaza, Francisca (12 de decembro de 2020). "Director de Human Rights Watch: “No hay presos políticos en Chile”". Radio Agricultura (en castelán). Consultado o 2021-03-19. 
  10. "Convención Constitucional discutirá petición de amnistía "para los prisioneros de la revuelta y del Wallmapu"" (en castelán). 4 de xullo de 2021. Consultado o 4 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]