Grillón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Véxase tamén: Grillón (náutica).
Modelo con grillóns.
Grillóns taiwaneses

Un grillón é unha peza de ferro en forma de aro que serve para suxeitar unha cadea a algunha parte. Tamén se denomina así ao obxecto consistente en dous aros, unidos por unha cadea, usado para suxeitar os tornecelos dos presos.[1], a diferenza doutro similar para suxeitar os pulsos das persoas detidas pola policía, ou presas, que reciben o nome específico de esposas.[2]

Uso tradicional dos grillóns[editar | editar a fonte]

Grillóns chineses.

Os grillóns foron utilizados desde tempos inmemoriais para impedir os presos que se moveran libremente, de xeito que pasaron a simbolizar a opresión, como se pode ler na Marsellesa (o himno de Francia, no Himno da Independencia do Brasil ou no Manifesto Comunista de Marx e Engels.

Os grillóns foron utilizados para o transporte de escravos, nas galeras para manter os remeiros (moitos deles condenados) nos seus bancos, e cando os presos tiñan que desprazarse fóra das prisións ou penitenciarías.

Os grillóns como instrumento de tortura[editar | editar a fonte]

Grillóns en Stobo Kirk.

Un tipo especial de grillóns utilizáronse como instrumentos de tortura principalmente en Escocia, os Países Baixos e outros países do norte de Europa. Consistían nun colar de aceiro unido á parede ou a unha árbore por medio dunha cadea curta.

O aro metálico poñíase no colo do torturado, canda outros nos pulsos, asegurado cun cadeado.

A súa utilización máis común era na picota para delincuentes eclesiásticos ou civís.

Algúns casos deste tipo de tortura déronse aínda a principios do século XX en Escocia.

Sir Walter Scott fíxose cos grillóns que existían no Castelo Threave (situado en Dumfries e Galloway) e os colocou na porta principal da súa casa grande, Abbotsford House.[3]

Prohibicións[editar | editar a fonte]

En Europa, soamente os países de fóra da UE usan legalmente grilllóns. Fóra de Europa, úsanse en numerosos países, incluídos os Estados Unidos de América.

Os grillóns na cultura popular[editar | editar a fonte]

Na banda deseñada os grillóns tornáronse a imaxe de marca dos Irmáns Dalton de Lucky Luke.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición do dicionario da RAG. Grillón Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
  2. Definición do dicionario da RAG. Esposas Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine.
  3. Napier, George G. (1897): The Home and Haunts of Sir Walter Scott, Bart. Glasgow: James Maclehose. p. 153.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]