Conversa usuario:Adorian/Arquivo 3

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da Conversa usuario:Adorian

Nesta páxina atópanse os fíos tratados na Conversa usuario: Adorian que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destas conversas comeza un novo tema na Conversa usuario:Adorian.

Arquivos: 1, 2, 3, 4


Fotos rúa Díaz Castro de Lugo[editar a fonte]

Graciñas. Non había présa ningunha. --. HombreDHojalata.conversa 27 de agosto de 2013 ás 20:55 (UTC)[responder]

Singapur[editar a fonte]

Boas Adorian! Hai contidos da ampliación que fixeches do artigo Singapur que non especificaches de ónde veñen, poderías incluílos na páxina de conversa do artigo? Grazas de antemán, Piquito (conversa) 29 de agosto de 2013 ás 23:15 (UTC)[responder]

Páxinas con ligazóns rotas a ficheiro[editar a fonte]

Boas Adorian. Resulta que hai algo na túa páxina de usuario que fai que se categorice na categoría de "Páxinas con ligazóns rotas cara a ficheiros", aínda que non hai ningunha ligazón rota na túa páxina. Creo que é algún pequeno problema do sistema que se resolve actualizando a páxina, cando teñas un momento, ¿poderías modificar algunha pequena cousa dela e grabala para ver se se amaña? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de agosto de 2013 ás 11:18 (UTC)[responder]

Moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de agosto de 2013 ás 20:28 (UTC)[responder]

Xuntanza[editar a fonte]

Boas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 09:04 (UTC)[responder]

Gornición e guarnición[editar a fonte]

Mudei un cambio no que indicabas que a RAG recomenda gornición que eu non atopo en parte ningunha, a igualdade de guarnición/gornición xa está nas NOMIGs e o dicionario define en gornición (por ser alfabeticamente a primeira forma, como é o habitual nos dicionarios) pero indica que é sinónimo a guarnición.--Sernostri (conversa) 20 de setembro de 2013 ás 19:45 (UTC)[responder]

Sei que o fixeches con toda a boa intención do mundo, como podes ver por exemplo en bidueiro, cando recomenda unha ou máis formas o dicionario indícao claramente (forma/s máis recomendada ou forma/s menos recomendadas: [1]--Sernostri (conversa) 20 de setembro de 2013 ás 20:20 (UTC)[responder]

Temperaturas de Lisboa[editar a fonte]

Conversa:Portugal#Temperaturas de Lisboa. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 29 de outubro de 2013 ás 23:01 (UTC)[responder]

Xuntanza o sábado día 30[editar a fonte]

Despois de moitas voltas, perdón pola parte que me toca a este respecto, parece que este vindeiro sábado día 30 vai ser cando se faga a xuntanza. Pasa pola conversa da taberna e vota pola cidade na que queres que nos xuntemos. Tamén podes propor co teu voto unha hora de quedada e así imos perfilando os detalles. A ver se nos vemos o sábado! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 09:32 (UTC)[responder]

Proposta nova[editar a fonte]

Boas Adorian! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 13:58 (UTC)[responder]

Ola Adorian.

Podes botarlle un ollo o modelo:Cidade de Austria?

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 22 de decembro de 2013 ás 18:53 (UTC)[responder]

Proposta na taberna[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar organizar un traballo conxunto da comunidade, se che interesa comenta alí o que che parece, a proposta está aberta e se a comunidade o decide pode ser adaptada ó que faga falta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 01:29 (UTC)[responder]

Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos[editar a fonte]

Ola Adorian/Arquivo 3.

É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:

  PreferenciasTrebellosNavegación Homónimos: Activar o detector de homónimos   (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).

Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 18 de xaneiro de 2014 ás 16:44 (UTC)[responder]

Proposta de categorización[editar a fonte]

Boas Adorian! Fixen unha proposta na taberna para organizar as categorías sobre entidades de poboación. Se queres podes opinar. Piquito (conversa) 3 de febreiro de 2014 ás 15:59 (UTC)[responder]

Votación para anunciar as votacións de artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, cando teñas un momento, poderías revisar e achegar as túas ideas e voto nesta proposta?. Grazas, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 02:08 (UTC)[responder]

Refencias antes/despois do signo de puntuación[editar a fonte]

Boas noites. Vin que fixeches cambios no artigo de Castelao sobre a colocación das referencias despois do punto, cando estaban antes do punto. A min, persoalmente, gústame máis que a referencia vaia antes dos signos de puntuación pero non sei se haberá recomendacións ó respecto, nin xenéricas nin na Galipedia. ¿Hai algo que me perdín? Non pretendo que revertas eses cambios, nin moito menos, só entender as razóns. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de marzo de 2014 ás 21:20 (UTC)[responder]

Nova Zelandia[editar a fonte]

Boas Adorian! Varios usuarios estiveron colaborando para mellorar a ortografía do artigo e melloralo (por exemplo creando os artigos principais). Se aínda queres deixar algún comentario estas a tempo! Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Nova Zelandia Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 17:37 (UTC)[responder]

Volvín a poñer a outra táboa de sucesión no artigo. Deixei un comentario na conversa do artigo no que explico o por que do cambio. Non o tomes como un ataque, é máis para unificar os artigos. Un saúdo! --AMPERIO (conversa) 30 de marzo de 2014 ás 01:25 (UTC)[responder]

Debate artigo "Felipe Criado Boado"[editar a fonte]

Boas. Moitísimas grazas pola túa aportación nese debate. Estou totalmente dacordo contigo. O que me levou a solicitar unha opinión neutral é que penso que a outra persoa malinterpretou a miña alusión á relación persoal. Precisamente por iso non quixen modificar o artigo e só puxen "cómpre referencia". Graciñas de novo.--AArizaga (conversa) 4 de abril de 2014 ás 09:15 (UTC)[responder]

Abrín a conversa do artigo para que se debata alí, de forma tranquila e ordenada, o problema e se trate de chegar a un consenso. Os interesados poden achegar alí o seu punto de vista, información e referencias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2014 ás 10:33 (UTC)[responder]

Gueldria[editar a fonte]

Boas Adorian! Vin que creaches ti o artigo Gueldria. Hai fontes do nome en galego? Grazas! --Norrin (Fálame) 11 de abril de 2014 ás 07:38 (UTC)[responder]

No caso do Brabante e de Limburgo sí é mais probable que haxa fontes. Podemos pescudar un pouco... --Norrin (Fálame) 12 de abril de 2014 ás 13:31 (UTC)[responder]
Boas! Atopei referencias para Güeldres, Brabante, Limburgo e Groninga. Saúdos! --Norrin (Fálame) 14 de abril de 2014 ás 11:19 (UTC)[responder]

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta na taberna, dado que é un asunto que afectaría á portada creo que canta máis xente opine mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 17:31 (UTC)[responder]

Solicitude[editar a fonte]

Ola Adorian.

Poderías ampliar un chisco Reino de Portugal?

Moitas grazas.

Un abrazo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 22 de abril de 2014 ás 20:08 (UTC)[responder]

Tranquilo, non hai présa ningunha. --. HombreDHojalata.conversa 22 de abril de 2014 ás 21:45 (UTC)[responder]

Mundial de Fútbol Brasil 2014[editar a fonte]

Ola, Adorian. Que non che esqueza que lle tes posto o marcador enuso e Mundial de Fútbol Brasil 2014 dende o 9 de abril. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 8 de maio de 2014 ás 19:24 (UTC)[responder]

Romanización[editar a fonte]

Boas Adorian! Xa está a política de transliteracións para votación. Saúdos! --Norrin (Fálame) 28 de maio de 2014 ás 09:37 (UTC)[responder]

image/imaxe[editar a fonte]

Ola Adorian.

Podes prestarlle atención a este tema?: Wikipedia:A Taberna (axuda)#Non se visualiza a imaxe.

Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 10 de xuño de 2014 ás 20:51 (UTC)[responder]

Tradución das citas[editar a fonte]

Boas Adorian! Abrín un debate na Taberna para tentar aclararnos sobre a tradución/non tradución das citas, sería boa cousa contar coa túa participación. Saúdos! --Norrin (Fálame) 16 de xuño de 2014 ás 08:07 (UTC)[responder]

Opinión[editar a fonte]

Boas, fixen unha nova proposta na taberna e creo que é importante que opine o maior número de usuarios posible, polo que pido a túa opinión. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de xullo de 2014 ás 14:42 (UTC)[responder]

Celta 2014-15[editar a fonte]

Ola, Adorian! Podes actualizar o cadro de xogadores do Celta deste ano, con cadanseu dorsal? Non sei onde se pode buscar a info. Amais, cópmre indicar a baixa de Jota por cesión. É importante, porque ao ser un artigo de calidade, é necesario actualizar a info. Graciñas! Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de agosto de 2014 ás 22:26 (UTC)[responder]

Galencontro 2014[editar a fonte]

Propuxen na taberna facer un novo galencontro de galipedistas, en Coruña ou en Lugo dependendo da aceptación da xente. Tamén se poden propor temas para tratar no encontro aínda que non se poida asistir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 23:37 (UTC)[responder]

Patrimonio de Lugo[editar a fonte]

Hola Andorán. ¿Por qué desfixeches a miña contribución sobre a capela do Carme?

Arranxado entón.

Actividade e galencontro Coruña[editar a fonte]

Boas, anunciei unha actividade na taberna que podería ser do teu interese, tes máis información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 11:36 (UTC)[responder]

Nova proposta na taberna[editar a fonte]

Fixen unha nova proposta na taberna, cando teñas un momento bótalle un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de decembro de 2014 ás 01:49 (UTC)[responder]

Ola Adorian.

Poderías completar as fichas Modelo:Xogador de baloncesto retirado/uso (Modelo:Xogador de baloncesto retirado) e Modelo:Xogador FIBA/uso (Modelo:Xogador FIBA)?

Moitas grazas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2015 ás 14:41 (UTC)[responder]

recoñecemento[editar a fonte]

Ola, Adorian! Por favor, ao creares un artigo lembra indicar no resumo a orixe dos datos. É moi importante. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de xaneiro de 2015 ás 14:05 (UTC)[responder]

Aviso na taberna de axuda[editar a fonte]

Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 17:41 (UTC)[responder]

Bos días Adorian,

Vin que és quen fixo o modelo Infpolitico e teño un problema co modelo do político italiano Sergio Mattarella. Non sei porque os cargos cos números de orde 5 e 6, introducidos no modelo, non aparecen na caixa ao público. Non sei se podes botarlle un vistazo, porque eu non estou moi familiarizado con isto e xa me cansei de facer probas para tratar de arranxalo.

Gracias de antemán e un saúdo!--Castelao (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 08:09 (UTC)[responder]

Gracias e un saúdo!--Castelao (conversa) 4 de febreiro de 2015 ás 12:28 (UTC)[responder]

Aviso de wikimaratón en Vigo[editar a fonte]

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)[responder]

Opinión[editar a fonte]

Boas! Deixei un comentario na conversa do libro de estilo que fai referencia ás notas nos artigos, se podes e queres podes deixar a túa opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 4 de marzo de 2015 ás 10:09 (UTC)[responder]

Doce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.

Adaptación do formato dos números no sistema wiki[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Nados en Moldavia[editar a fonte]

Boas Adorian! Vin que incluíches o artigo de Angela Gheorghiu na Categoría:Nados en Moldavia. Non concordo co nome da categoría, non fun vendo caso por caso, pero Gheorghiu naceu en Romanía e poñendo na categoría que naceu en Moldavia pode levar a confusión... é certo que a rexión na que naceu chámase Moldavia, pero pode confundirse co país, polo que creo que deberías plantexarte cambiar o nome da categoría por "Categoría:Nados na Rexión de Moldavia" ou "Categoría:Nados en Moldavia (Romanía)", ou unha cousa polo estilo (a min paréceme máis clara a primeira, pero a decisión é túa) Un saúdo!! Piquito (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 13:09 (UTC)[responder]

Perdón! Confundinme de usuario!!!! Piquito (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 13:12 (UTC)[responder]

Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:29 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:42 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Ola, Adorian; podes botarlle un ollo ao artigo Club Ourense Baloncesto e mirar de actualizalo? Posiblemente estes días sexa visitado, e non é cousa telo moi desfasado.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de xuño de 2015 ás 21:23 (UTC)[responder]

Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama[editar a fonte]

Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Encarga de fotografía[editar a fonte]

Ola Adorian.

Queríache encargar unha foto, se puideras facela.

Aquí: 42°47′25.15″N 7°26′53.50″O / 42.7903194, -7.4481944, en A Vilerma, Maside, Sarria, hai unha placa adicada a Xela Arias.

Pódese ver aquí e aquí.

Poderías, un día, ir ata alí, e tirarlle unhas fotiños? Viríanos moi ben para os artigos de Xela Arias, Valentín Arias, A Vilerma, Maside...

En calquera caso, moitas grazas. Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 29 de xuño de 2015 ás 16:36 (UTC)[responder]

Proposta de cambio do logotipo para o Día de Galicia[editar a fonte]

Na taberna hai unha proposta para cambiar o logotipo da Galipedia no Día de Galicia. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 11:05 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

entrevista[editar a fonte]

Ola Adorian. Escríboche de El Progreso para facer unha reportaxe sobre a Galipedia. A ver se puideras contactar comigo.

Grazas,

Sabela Corbelle--178.60.37.51 4 de agosto de 2015 ás 18:25 (UTC)[responder]

Ola! Como non tes conta e supoño que mirarás aquí para encontrar unha resposta (normalmente as respostas fanse na páxina de conversa do usuario que escribe :) ). Eu encantado de colaborar no que sexa preciso, pero sería recomendable contactar con toda a comunidade para realizar a reportaxe. Explícome, cando se quere realizar unha reportaxe sobre a Galipedia, normalmente faise a proposta aquí: Wikipedia:A Taberna (xeral), para que todos os usuarios poidan vela. É máis aconsellable xa que desta forma podes contactar con usuarios que teñen experiencia á hora de facer actividades de divulgación. Ademais, sempre se consulta a toda a comunidade para este tipo de asuntos para decidir que será o voceiro, etc. De todas formas fico por aquí para axudarte no que sexa preciso :) Saúdos! Adorian (conversa) 5 de agosto de 2015 ás 06:29 (UTC)[responder]

Peso nos modelos de xogador de baloncesto[editar a fonte]

Boas!

Entendendo que o peso que se indica nos modelos de xogadores de baloncesto é o "oficial" logo, o listed weight para os gringos, e sendo así debería indicarse como tal. Ocórreseme Peso listado / Peso indicado / Peso oficial coma opcións no canto de indicar só Peso.

Aínda sendo unha medida oficial, supoño que si cambiará ao longo do tempo segundo as circunstancias do xogador en concreto non? Actualizaráse cada X tempo supoño? Anual? Ou é estático independentemente dos cambios físicos? Non atopei moita información a verdade, pero sospeito que será unha especie de actualización anual antes da free agency e demáis.

Habería que definir esta especificación de Peso listado / Peso indicado / Peso oficial no modelo. Logo, por unha banda estaría ben indicar da data de oficialidade dese peso, no caso de que varíe anualmente ou dalgunha outra forma; e por outra banda, faría falta unha referencia en cada caso que verifique que o valor indicado é o oficial, igual que coas alturas. NBA.com para USA supoño será o máis "oficial", non sei se a FIBA tamén ten rexistros de peso.

Saúdos Banjo tell me 20 de agosto de 2015 ás 21:01 (UTC)[responder]

  • Tal e como comentas supoño que sí haberá cambios pero serán casos particulares, polo que a data entendo non é importante. Poñemos logo a denominación de peso oficial, haberá que ir engadindo referencias pouco a pouco en cada caso. Grazas pola aclaración meu :) Banjo tell me 22 de agosto de 2015 ás 10:41 (UTC)[responder]

Fotos de parroquias[editar a fonte]

Boas Adorian, que tal andamos?! :) Mira, viña facerche unha petición se che é posible. Resulta que temos unha páxina para conseguir fotos de todas as parroquias de Galicia, aquí, e como podes ver a provincia de Lugo, xunto coa de Ourense, está bastante deixada. O que quería saber é se ti terías fotos das parroquias do concello de Lugo que faltan, ou se terías posibilidade de achegarte ata elas e tirarlles algunhas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 09:40 (UTC)[responder]

Moi ben, moitas grazas. Da cidade de Ourense non te preocupes moito porque xa avisei a outra xente, en Lugo ti es o único corresponsal da Galipedia ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 11:51 (UTC)[responder]

Proposta para o 2017[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para desenvolver un grupo de artigos relevantes e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 17:16 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

El Progreso[editar a fonte]

Contactaron contigo os do Progreso? É que parece que aínda andan a preguntar por aí, hoxe preguntaron a un colega meu pero non sei o que pasa co tema... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2015 ás 12:17 (UTC)[responder]


Agora xa contactou comigo. Pídeme máis contactos. Se me enviades un correo, doucos o seu e amañamos.--Agremon(contacto) 29 de setembro de 2015 ás 20:03 (UTC)[responder]

Adorian xa che mandei un correo co seu contacto, simplemente dille que es un galipedista de Lugo e que che avisei eu, xa che manda ela as preguntas para facer a entrevista do artigo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de setembro de 2015 ás 20:32 (UTC)[responder]

Invitación á entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha invitación para asistir á cerimonia da entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional concedido á Wikipedia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 11:24 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! MediaWiki message delivery (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:41 (UTC)[responder]

Anuncio da segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta para organizar a Segunda malla de artigos da Galipecia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de outubro de 2015 ás 04:09 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Nomes de organizacións[editar a fonte]

Boas! Estou a tratar de redactar unha política sobre nomes de organizacións. Poderías opinar aquí sobre o que deberíamos facer cos títulos dos partidos políticos? --Norrin (Fálame) 8 de outubro de 2015 ás 15:44 (UTC)[responder]

Boas! Estou a traballar nunha proposta de política para os títulos dos artigos sobre organizacións (nomeadamente partidos políticos e sindicatos, organizacións internacionais, centros educativos e equipos deportivos). Agradeceríache que lle botaras unha ollada e que fixeras os comentarios e achegas que consideraras na conversa. Se adoitas traballar en artigos sobre equipos deportivos a túa axuda sería de especial interese, pois está moi verde o tema. Tamén convén un pulo especial á proposta de partidos. Grazas! --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2015 ás 20:16

Segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Esta semana, do 19 ó 25 de outubro, ambos inclusive, organízase a Segunda malla de artigos da Galipedia. A idea é que durante esta semana todos traballemos nos artigos con problemas que están na categoría Atención, para amañalos e que non enchan a Galipedia. Nesa categoría hai agora 355 artigos, se cada usuario activo amaña catro artigos remataremos o choio antes de rematar a semana! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 19 de outubro de 2015 ás 00:31 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego[editar a fonte]

Na taberna hai unha información sobre o Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego que pode ser do seu interese. Tamén hai unha votación para engadir un aviso na cabeceira dos artigos sobre este evento e para a que se solicita a participación da comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 09:54 (UTC)[responder]

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.