Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Nova Zelandia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Nova Zelandia[editar a fonte]
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 3-03-2014 - 2-04-2014
SI: 8 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 3 de marzo de 2014 ás 09:32 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 03-03-2014 ata o 02-04-2014.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO:Artigo moi completo e con centos de referencias sobre este país de Oceanía. O artigo é unha tradución do artigo homónimo da wikipedia en castelán que está marcado como bueno. --AMPERIO (conversa) 3 de marzo de 2014 ás 09:32 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 3 de marzo de 2014 ás 09:32 (UTC)[responder]
- Concordo --Norrin_strange (Fala-me) 12 de marzo de 2014 ás 09:53 (UTC)[responder]
- Concordo. --Pontevedra78·conversa 12 de marzo de 2014 ás 14:09 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 23 de marzo de 2014 ás 13:17 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego_apc (si?) 29 de marzo de 2014 ás 12:16 (UTC)[responder]
- Concordo. Piquito (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 16:18 (UTC)[responder]
- Concordo--Alfonso mande 29 de marzo de 2014 ás 17:55 (UTC)[responder]
- Concordo--Adorian (conversa) 30 de marzo de 2014 ás 21:24 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Agardar
# Agardar Inda que está ben desenvolto o artigo, hai inda moitas ligazóns mortas relacionadas con el. Pontevedra78·conversa 7 de marzo de 2014 ás 15:27 (UTC)[responder]
- Comentarios
- Comentario. Aínda non o lin en profundidade, mais considero que hai que revisar a ortografía do corpo do artigo e das notas, xa que atopei algún Nova Zelanda e algunha outra cousiña que se quedou do castelán (non sei cómo se refire en galego aos que responden a unha enquisa, pero "encuestados" non creo que sexa). Cando o lea, se hai algo que crea mellorable xa o exporei, polo demáis boa proposta para comezar a saír un pouco de Europa. Piquito (conversa) 3 de marzo de 2014 ás 12:28 (UTC)[responder]
- Comentario Xa está solucionado o das Zelandas e os encuestados. O artigo fun traducíndoo por apartados e pasando o corrector antes de gardalo, de modo que non debería haber moitos erros máis aparte de eses que comentaba Piquito. --AMPERIO (conversa) 3 de marzo de 2014 ás 12:51 (UTC)[responder]
- Comentario Penso que ainda esta moi verde pois acabo de facer 6 arranxiños nun intre--Alfonso mande 4 de marzo de 2014 ás 18:25 (UTC)[responder]
- Comentario Eu se me dades algo de tempo podo facer un pequeno artigo de "Relixión en Nova Zelandia". --Norrin_strange (Fala-me) 6 de marzo de 2014 ás 11:22 (UTC)[responder]
- Comentario. Penso que xa está solucionado o tema da ortografía, polo menos a min non me marca máis erros o corrector. Sobre o que di Pontevedra78, nesta votación estamos determinando a calidade do artigo que temos, non os que non temos. Non quero que soe a tes que votar que si obrigatoriamente, pero penso que a elección deste artigo como de calidade, pode abrir moitas portas á creación de novos artigos relacionados con el.--AMPERIO (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 09:35 (UTC)[responder]
- Comentario. Aínda estou comezando a lelo, mais hai aínda cousiñas de lingua que fun traducindo (moi poucas). Penso que habería que referenciar algunha cousa como a frase "As súas cidades sitúanse entre as de mellor calidade de vida no mundo" (eu non sei ónde se miran esas cousas); por outra banda, creo que habería que especificar que os maorís son a minoría máis numerosa e que outros grupos polinesios son tamén minorías significativas (ata onde sei os maorís son polinesios tamén, como os samoanos, tonganos...); tamén no cabezado, onde se fala da fauna, creo que está un pouco inexacto, os mamíferos que introduciron os humanos se refire aos europeos ou aos maorís? Eu repasaría tamén toda a redacción do último parágrafo do cabezado, a min me soa extraño pero se o resto opina que está ben será cousa miña. A medida que siga lendo irei expoñendo o que vexa mellorable. Piquito (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 10:23 (UTC)[responder]
- Eu persoalmente considero que non deberiamos poñer na sección de "Deportes" como artigos principais "fútbol en Nova Zelandia" (non sei de fútbol, mais non me soa moito como país destacado neste deporte, en tal caso habería que facelo sobre o rugby, pero tampouco o vexo axeitado), "selección de fútbol de NZ", "selección de rugby de NZ"... eu penso que os únicos artigos principais que deberiamos poñer son Deporte en Nova Zelandia e Nova Zelandia nos Xogos Olímpicos, sen primar ningún deporte, por importante que sexa para eles o rugby ou o fútbol para a ampla maioría dos galegos. Piquito (conversa) 12 de marzo de 2014 ás 10:31 (UTC)[responder]
- Comentario Concordo con Piquito. Polo demais, penso que o artigo ten unha base moi boa, pero igual sería acertado aumentar un pouco algúns apartados como o de historia, xa que non existe Historia de Nova Zelandia, e facer todos os "Artigo principal:" tal como se requeriu no artigo de Portugal. Boto en falta moitas seccións que se poden atopar nos referentes deste tipo de artigos como son Alemaña e Portugal, como o coso dos feirados, ect. E sobre todo ordenar os puntos dos artigos do mesmo xeito que se veñen ordenando noutros estados: Etimoloxía, Historia, Xeografía, Política e goberno (onde se inclúen as división administrativas), Demografía, Economía (onde poden ir as infraestruturas) e Cultura. En cultura boto en falta un partado sobre a música e a arquitectura, polo menos. E non viría mal un pouco máis de bibliografía e eliminar vermello, aínda que isto non sexa imprescindible (e un detalliño, as referencias creo que se colocan mellor despois dos signos de puntuación, non é obrigatorio, pero é que se fai así en tódalas wikis).--Adorian (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 10:01 (UTC)[responder]
- Adorian, esta noite e mañán tentarei facer algo coa cultura. Sobre a música, estaba, pero dentro da literatura.
--Piquito (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 10:10 (UTC)[responder]
- Eu xa opinei no seu momento que as ligazóns en vermello, aínda que fosen as de artigo ppal, non deberían ser motivo para non votar a favor. --Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 10:15 (UTC)[responder]
- Feito! o das festividades. Piquito (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 00:04 (UTC)[responder]
- Feito! o da música. Piquito (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 00:04 (UTC)[responder]
- Sobre o apartado de "Historia", eu creo que está ben como está, eu o que faría sería crear os artigos principais relacionados coa historia do país en lugar de saturar o artigo coa historia do país. Piquito (conversa) 15 de marzo de 2014 ás 00:04 (UTC)[responder]
Xa están feitos todos os artigos principais sobre Nova Zelandia:
- Artigos principais
- Historia de Nova Zelandia - Feito!
- Tratado de Waitangi - Feito!
- Economía de Nova Zelandia Feito!
- Política de Nova Zelandia Feito!
- Xeografía de Nova Zelandia Feito!
- Demografía de Nova Zelandia - Feito!
- Relixión en Nova Zelandia - Feito! dentro do artigo da demografía.
- Cultura de Nova Zelandia Feito!
- Música de Nova Zelandia (en tradución por Piquito)
--AMPERIO (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 17:35 (UTC)[responder]
- Comentario Agora xa me parece máis un artigo de calidade (e así o votarei), mais antes só uns detalles insignificantes xa máis persoais que outra cousa. Co tema das fotos penso que hai mesmo demasiadas, sobre todo cara o final do artigo. Eu casi quitaría a que ten de pé: "Talla de madeira que representa o navegante Kupe loitando contra dúas criaturas do mar.", paréceme como cunha cor moi forte e algo rechamante de mais. Como digo é algo puramente persoal (vou ver se fago tamén artigos cos "vermellos" da cabeceira, sección de "outros artigos" e adapato o infobox ao estilo que teñen os outros estados). Por último, e tamén se moita importancia, e persoalemtne (e así se fai en tódalas outras wikis, sexan Wikipedia ou non) colocaría as referencias despois dos signos de puntuación (na gran maioría dos artigos da propia Galipedia é así). --Adorian (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 11:13 (UTC)[responder]
- Comentario Desde que se propuxo para artigo de calidade fixeronse unhas +-90 edicions o que fixo que o artigo o meu modo de ver pasase de ser un máis a poder ser de calidade, isto ben a conto porque penso que se tratasemos todos os artigos que se propoñen coa mesma intensidade a ben seguro que teriamos unha voa morea de artigos dos que poder estar orgullosos. Espero que non sexa este o ultimo.--Alfonso mande 29 de marzo de 2014 ás 17:55 (UTC)[responder]