Groninga
| Groningen (nl) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
| País | Países Baixos | ||||
| Provincias | Groninga | ||||
| Concello | Groningen | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 238.147 (2023) | ||||
| Lingua oficial | lingua neerlandesa Gronings (en) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 83,69 km² | ||||
| Bañado por | Noord-Willemskanaal (en) | ||||
| Altitude | 7 m | ||||
| Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Koen Schuiling (2019–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 9700–9747 | ||||
| Prefixo telefónico | 050 | ||||
| Código BAG | 1070 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Katowice Odense Newcastle upon Tyne Tianjin Talín Graz (1965–) Oldenburg (1989–) Múrmansk (1989–) Kaliningrado (1998–) Bremen (2009–) | ||||
| Sitio web | groningen.nl | ||||
- Para a provincia homónima, véxase Provincia de Groninga.

Groningen é unha cidade de 181.113 habitantes, nos Países Baixos setentrionais, capital da provincia homónima.
Pola súa universidade e pola súa vida cultural, Groninga está considerada como a cidade máis importante do norte dos Países Baixos. Chamada polos provinciais a Stad (cidade) e Groot Loug (grande aldea), os seus habitantes son denominados correntemente Stadjers, é dicir "os cidadáns", por contraste coa rexión circundante que é sobre todo un país agrícola.
Historia
[editar | editar a fonte]Groningen foi fundada arredor do ano 1000. Foi un dos primeiros membros da Liga hanseática: no 1251 obtivo un monopolio sobre o comercio de graos na rexión, o que asegurou a súa prosperidade durante os séculos seguintes.
En 1614 foi inaugurada a universidade, con sona especialmente polos seus estudos de teoloxía. Na actualidade aínda a universidade ten grande importancia na vida cidadá de Groninga, na que hai uns 40.000 estudantes.
Economía
[editar | editar a fonte]Desde un punto de vista industrial, Groningen é importante polos próximos xacementos de gas natural (talvez os maiores en Europa), sitos na veciña localidade de Slochteren. É coñecida tamén polas súas industrias alimentarias, en particular as de refinamento de azucre de remolacha.
Municipio
[editar | editar a fonte]Groninga é un dos 483 municipios de Holanda. O seu concello ou gemeente comprende varias localidades de importancia como: Dorkwerd, Engelbert, Hoogkerk, Leegkerk, Middelbert, Noorddijk, Noorderhoogebrug, Oosterhogebrug, Roodehaan, Ruischerbrug e Vierverlaten.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]Entre outros salientan:
- Igrexa de San Martiño (Martinikerk), do século XV, cunha torre de 94 m (Martinitoren); a ábsida está decorada con frescos do século XVI;
- Casa do Concello (Stadhuis), edificación neoclásica de 1810;
- Het Goudkantoor, edificio clasicista do século XVII;
- Prinsenhof, antigo pazo arcebispal desde 1559;
Paseando por rúas e prazas poden verse, e ás veces visitarse, algunhas casas antigas e outras obras dignas de mérito (como un xardín do XVII).
Museos
[editar | editar a fonte]- Museo de Groningen (Groninger Museum), con variadas coleccións, desde porcelanas chinesas a obras pictóricas desde o século XVI á actualidade;
- Museo Naval do Norte (Noordelijk Scheepvaartmuseum);
- Museo do Tabaco (Tabaksmuseum), todo tipo de obxectos en relación co tabaco
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Groninga |
