Sergio Mattarella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sergio Mattarella
Sergio Mattarella Presidente della Repubblica Italiana.jpg
Sergio Mattarella
Presidente de Italia
Período31 de xaneiro de 2015
actualidade
AntecesorGiorgio Napolitano
Xuíz Constitucional
Período11 de outubro de 2011
2 de febreiro de 2015
Ministro de Defensa
Período22 de decembro de 1999
20 de xuño de 2001
AntecesorCarlo Scognamiglio
SucesorAntonio Martino
Vice-primeiro ministro
Período21 de outubro de 1998
21 de decembro de 1999
AntecesorWalter Veltroni
Sucesorningún
Ministro de Instrución Pública
Período22 de xullo de 1989
27 de xullo de 1990
AntecesorGiovanni Galloni
SucesorGerardo Bianco
Ministro de Relacións co Parlamento
Período28 de xullo de 1987
22 de xullo de 1989
AntecesorGaetano Gifuni
SucesorEgidio Sterpa
Datos persoais
Nacemento23 de xullo de 1941
 Palermo
OrganizaciónPartito Democratico (PD)
PaiBernardo Mattarella
NaiMaria Buccellato
CónxuxeMarisa Chiazzese
(† 2012)[1]
FillosBernardo Giorgio Mattarella e Laura Mattarella
Alma máterUniversidade de Roma La Sapienza e Universidade de Palermo
Profesiónxuíz e político
Relixióncatólico romano
Mattarella firma.svg
Na rede
http://www.quirinale.it/page/biografia
editar datos en Wikidata ]

Sergio Mattarella, nado en Palermo o 23 de xullo de 1941, é o actual presidente de Italia, cargo que ocupa dende o 31 de xaneiro de 2015. É o primeiro siciliano nomeado presidente do país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

É fillo do ministro democristián e antifascista Bernardo Mattarella e irmán de Piersanti Mattarella, presidente do Goberno Rexional de Sicilia asasinado en 1980 pola Mafia. Licenciado en Dereito na Universidade de Roma La Sapienza e docente de Dereito parlamentario na Universidade de Palermo.

É viúvo dende 2012, cando faleceu a súa muller, Marisa Chiazzese. Con ela foi pai de tres fillos: Laura (que asumiu a función de primeira dona), Francesco e Bernardo Giorgio.[2]

Carreira política[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira política na Democrazia Cristiana. Electo deputado en 1983 e reelecto en 1987, foi ministro de Relacións co Parlamento entre 1987 e 1989, e logo, entre 1989 e 1990, ministro de Educación.[3] Ademais, foi o autor da lei electoral italiana, chamada "Mattarellum", vixente entre 1993 e 2005, que combinaba o voto maioritario en distritos uninominais e o voto proporcional.[4][5]

Logo dos escándalos de corrupción que afectaron aos partidos políticos italianos a principios da década de 1990, militou no Partito Popular Italiano, por cuxa coalición, L'Ulivo, foi electo deputado en 1994 e 1996. Foi vicepresidente do Consello de Ministros sendo primeiro ministro Massimo D'Alema entre 1996 e 1999, e ministro de Defensa entre 1999 e 2001.

Opositor a Silvio Berlusconi, foi un dos fundadores da Margherita, partido de centro esquerda que hoxe está inserto no Partido Democrático. Foi membro da Cámara de Deputados en todas as lexislaturas dende 1983 ata 2008. En 2009 foi designado membro do Consello da Presidencia de Xustiza Administrativa deixando de militar politicamente por iso.[6] Logo, en 2011 foi nomeado para o cargo de xuíz do Tribunal Constitucional.[7]

Presidente da República Italiana[editar | editar a fonte]

Foi electo Presidente da República o 31 de xaneiro de 2015, con 665 votos sobre 1009 votantes[8], xurando o cargo o 2 de febreiro seguinte. Durante o seu mandato, Sergio Mattarella mediou en varias crises políticas. Deste xeito, en 2016, logo da dimisión de Matteo Renzi, logrou propor un goberno dirixido por Paolo Gentiloni,[9] e, en 2021, tras a fin do executivo de Giuseppe Conti, encomendou a formación dun a Mario Draghi.[10] Ademais, tamén tivo relevancia nas negociacións para formar goberno logo das eleccións parlamentarias de 2018.[11] Naquela altura o Movemento 5 Estrelas e a Liga Norte fixéronse socios de goberno, mais Sergio Mattarella vetou o nomeamento de Paolo Savona como ministro de Economía debido o seu euroescepticismo.[12] Esta acción foi criticada por algúns sectores do Movemento 5 Estrelas, que chegaron a formular un xuízo político ao presidente Mattarella; posteriormente cualificaron a idea como un "erro".[13][14]

Á fin do seu primeiro mandato era unha figura moi valorada pola opinión pública de Italia.[15][16]

Durante as eleccións presidenciais de 2022, ante falta de apoios doutros candidatos (entre os que soaron Silvio Berlusconi, Mario Draghi ou Andrea Riccardi),[17][18][19] comezou a formularse a reelección de Sergio Mattarella.[20] Aínda que semellaba que non era favorable á posibilidade de continuar no Quirinal, o consenso que espertaba o seu nome levaríao a reconsiderar a súa posición.[21][22] Deste xeito, o 29 de xaneiro de 2022, Sergio Mattarella foi reelecto Presidente da República.[23] Sumou 759 votos na oitava votación, sendo o segundo xefe do Estado italiano con máis apoio, só superado por Sandro Pertini en 1978 cando logrou 832.[24] O 3 de febreiro de 2022 xurou de novo ante o parlamento inaugurando o seu segundo mandato.[25]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Marisa Chiazzese: chi era la moglie di Sergio Mattarella (en italiano)
  2. TG24, Sky. "Sergio Mattarella bis, rieletto presidente della Repubblica". tg24.sky.it (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  3. "Addio al maestro unico, così Mattarella cambiò la scuola". Corriere della Sera (en italiano). 2015-01-30. Consultado o 2022-01-29. 
  4. "riforma, de profundis". web.archive.org. 2015-09-27. Consultado o 2022-01-29. 
  5. "Sartori: il " Mattarellum " e le idee sbagliate". web.archive.org. 2009-06-27. Consultado o 2022-01-29. 
  6. "Giustizia: La Camera ha eletto i membri laici delle magistrature speciali - News 24 - L'Unione Sarda". web.archive.org. 2015-01-29. Consultado o 2022-01-29. 
  7. "Il democratico Sergio Mattarella eletto a giudice della Consulta con un voto di scarto". Il Sole 24 ORE (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  8. "Mattarella eletto al Quirinale con 665 voti. "Pensiero a difficoltà e speranze dei cittadini"". la Repubblica (en italiano). 2015-01-31. Consultado o 2022-01-29. 
  9. informatici, Segretariato generale della Presidenza della Repubblica-Servizio sistemi. "Il Presidente Mattarella ha conferito l'incarico all'onorevole Paolo Gentiloni". Quirinale (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  10. "O Goberno de Mario Draghi en Italia toma posesión dos seus cargos". www.crtvg.es. Consultado o 2022-01-29. 
  11. informatici, Segretariato generale della Presidenza della Repubblica-Servizio sistemi. "Formazione del nuovo governo 2018". Quirinale (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  12. "Perché Mattarella ha detto 'no' a Paolo Savona". www.agi.it. Consultado o 2022-01-30. 
  13. online, Redazione (2018-05-27). "Di Maio: «Impeachment per Mattarella»". Corriere della Sera. Consultado o 2022-01-30. 
  14. "Il mea culpa di Luigi Di Maio: "Fu un errore chiedere l'impeachment di Mattarella"". la Repubblica (en italiano). 2020-04-21. Consultado o 2022-01-30. 
  15. Balmer, Crispian (2022-01-29). "Italy's Mattarella drops retirement plan, stays on as president". Reuters (en inglés). Consultado o 2022-01-30. 
  16. "Sergio Mattarella: At 80, Italy president re-elected on amid successor row". BBC News (en inglés). 2022-01-29. Consultado o 2022-01-30. 
  17. Zapperi, Paolo Decrestina e Cesare (2022-01-22). "Silvio Berlusconi ha rinunciato alla candidatura al Quirinale". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  18. COLOMBO, ETTORE MARIA (1643086507818). "Draghi presidente della Repubblica: le condizioni del premier per Quirinale e governo". Quotidiano Nazionale (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  19. TG24, Sky. "Chi è Andrea Riccardi, tra i nomi per l’elezione al Quirinale". tg24.sky.it (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  20. "Mattarella bis, c’è l’intesa dei leader di maggioranza: "Oggi sarà rieletto"". Corriere della Sera (en italiano). 2022-01-29. Consultado o 2022-01-29. 
  21. "Mattarella contro la sua rielezione". Il Post (en italiano). 2021-12-04. Consultado o 2022-01-29. 
  22. "Quirinale, intesa sul Mattarella bis. Intanto arriva la settima fumata nera". RaiNews (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  23. Online, Gianluca Mercuri e Redazione (2022-01-29). "Sergio Mattarella è stato rieletto presidente della Repubblica". Corriere della Sera (en italiano). Consultado o 2022-01-29. 
  24. "Quirinale, Mattarella rieletto presidente della Repubblica con 759 voti - Politica". Agenzia ANSA (en italiano). 2022-01-28. Consultado o 2022-01-29. 
  25. "Campás, canóns e avións para a toma de posesión de Matarella en Roma". G24. Consultado o 2022-02-05. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Presidentes de Italia

Segue a:
Giorgio Napolitano
Sergio Mattarella
(2015-presente)

Precede a:
Partito Democratico - PD