Constanza II de Sicilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Constanza de Hohenstaufen»)
Constanza II de Sicilia
Raíña de Sicilia
Constanza de Hohenstaufen, raíña de Aragón.
Genealogia dos Reis de Portugal (1530-1534)

Reinado12821285
Outros títulos
  • Nacemento1249
    Catania, Reino de Sicilia
    Falecemento9 de abril de 1302
    Barcelona
    ConsortePedro III de Aragón
    DescendenciaVéxase Descendencia

    Escudo de Constanza II de Sicilia
    Escudo da Constanza II de Sicilia, raíña de Atragón
    Na rede
    WikiTree: Staufer-74 Find a Grave: 8062250 Editar o valor em Wikidata

    Constanza II de Sicilia, tamén coñecida como Constanza de Hohenstaufen, Constanza de Suabia e Constanza de Aragón, nada en 1247 en Catania (Reino de Sicilia) e finada o 8 de abril de 1302 en Barcelona,[1][2] foi raíña consorte de Aragón e de Valencia e condesa consorte de Barcelona (1276-1285), e raíña de Sicilia (1282-1302), despois da intervención aragonesa durante a Vésperas sicilianas, conxuntamente co seu marido.[3]

    Foi proclamada beata pola Igrexa católica.[4]

    Traxectoria[editar | editar a fonte]

    Orixes familiares[editar | editar a fonte]

    Constanza era filla de Manfredo I de Sicilia e de Beatriz de Savoia. Neta do emperador do Sacro Imperio Frederico II Hohenstaufen por parte paterna e do conde Amadeu IV de Savoia por parte materna.[1]

    Matrimonio e primeiros anos[editar | editar a fonte]

    O 15 de xullo de 1262, en Montpellier Constanza casou co infante de Aragón Pedro,[2] fillo de Xaime I de Aragón o Conquistador (rei de Aragón, Valencia e Mallorca, conde de Barcelona, Xirona, Ausona, Besalú, Cerdaña e Rosellón, e señor de Montpellier e Carladès) e Violante, filla do rei de Hungría André II e da princesa de Constantinopla, Iolanda de Courtenay. O cronista Ramón Muntaner informou que Constanza "la fille de Mainfroi roi de Sicile, Constance" casou co herdeiro ao trono de Aragón, "Pietro (le seigneur infante Pierre)" e que Constanza tiña 14 anos.[2]

    Moi devota do franciscanismo, a princesa fundou en 1266 o mosterio de Santa Clara en Huesca e, en 1294, fixo conmstruír outro en Messina.

    En 1266, o pai de Constanza, Manfredo de Sicilia, na súa loita polo Reino de Sicilia co outro rei Carlos de Anjou, foi derrotado (e morto) na batalla de Benevento, e as familias máis influentes de Sicilia, partidarias de Manfredo, como os Lauria, os Lanza (a familia da avoa de Constanza) e Procida, refuxiáronse no Reino de Aragón.[5]

    Raíña de Sicilia[editar | editar a fonte]

    Algúns anos máis tarde, en 1268, Carlos de Anjou enfrontouse a Conradino, primo de Constanza, na batalla de Tagliacozzo, na que Conradino foi feito prisioneikro e decapitado, desaparecendo así o último descendente varón da dinastía de Hohenstaufen.

    Moeda de ouro do reinado de Pedro I e Constanza II de Sicilia, cuñada ca. 1282-1285.

    Constanza, entón, como última e lexítima herdeira dos Hohenstaufen, intentou tomar posesión do Reino de Sicilia, empuxando ao su marido a intervir nos asuntos deste Reino (cousa que, ademais, favorecía os intereses de Pedro pola expansión da coroa aragonesa polo Mediterráneo).[6]

    En 1276 Costanza, xunto co seu marido, foi coroada como raíña consorte de Aragón, en Zaragoza, probabelmente o 17 de novembro, [7] nunha cerimonia na que Pedro cancelou a vasalaxe que co papado concertara o seu avó Pedro II (o que ocasionou, loxicamente, un enfrontramento co papa.

    Pedro III, que pretendía reconquistar o Reino de Sicilia para a súa esposa, mantivo contactos coa nobreza que estaba descontenta coa dominación anxevina, en 1281 promoveu unha cruzada contra os territorios musulmáns do norte de África e, sen nin a aprobación nin o diñeiro pedido ao papa Martiño IV, en xuño de 1282 desembarcou na Berbaría, non lonxe de Tunisia. Tras a revolta das Vésperas sicilianas da primavera de 1282, Constanza persuadiu ao seu esposo para que apñoiara aos sicilianos. Pedro aceptou e en agosto desembarcou en Trapani, con 600 soldados e 8 000 almogávares (forzas mercenarias de choque, formadas por infantaria lixeira, que servían principalmente á Coroa de Aragón, famosos pola súa valentía e crueldade).

    Carlos I de Anjou, que o 25 de xullo sitiara Messina, despois do desembarco dos aragoneses tratou en van de facer un último asalto á cidade, e logo retirouse. Pedro ocupou pouco despois o resto da illa. Constanza foi coroada raíña de Sicilia en Palermo o 30 de agosto de 1282, xunto co seu esposo. Ambos os dous gobernaron conxuntamente (aínda que os sicilianos consideraban a Constanza como a verdadeirao soberana), e foron cuñadas moedas coas nom es de ambos. De feito, porén, gobernou sobre todo o marido.[8].

    Inmediatamente despois da coroación, Pedro enviou unha embaixada a Carlos de Anjou, que se encontraba en Mesina, instándoo a recoñecelo como rei de Sicilia e a abandonar a illa. A derrota da frota anxevina en Nicoreta, a mans do almirante Roger de Lauria, obrigou a Carlos a deixar Mesina e refuxiarse na parte continental do seu Reino (onde tiña a súa capital, Nápoles). A dominación anxevina conclúe na illa e conduce á división do Reino de Sicilia en 1282 no "reino de Sicilia peninsular" ou "reino de Nápoles", baixo dominio anxevino, e o "reino de Sicilia insular", baixo dominio aragonés.[9]

    Últimos anos[editar | editar a fonte]

    Despois da morte do seu marido en 1285 Constanza continuou ocupándose do goberno de Sicilia, en nome do seu fillo Xaime, ao que prefiriu deixar a titularidade da coroa dos seus antepasados.

    Só despois da morte do primoxénito Afonso (1295), cando en 1297 Xaime concluíu a paz cos franceses e abandonou Sicilia e ao seu irmán Frederico á súa sorte, Constanza, deixando en Sicilia ao seu fillo favorito, volveu a Aragón. Decidiu, segundo o seu desexo, dedicarse á meditación e á vida relixiosa retirándose na clausura dun convento de clarisas en Barcelona, onde pasou os últimos anos da súa vida.[10]

    A última intervención pública que a raíña nai fixo antes do retiro foi permitir o matrimonio da súa filla Violante con Roberto de Anjou, rei de Nápoles e sobriño do seu inimigo Carlos I, coa esperanza duna paz duradeira entre as dúas dinastías.

    Sepulcro de Constanza[editar | editar a fonte]

    Á dereita, sepulcro da raíña Constanza II de Sicilia, na Catedral de Barcelona.

    Á morte da raíña, o 9 de abril de 1302, o seu cadáver recibiu sepultura no Convento de San Francisco de Barcelona, onde ao longo da Idade Media recibiron sepultura numerosos membros da familia real aragonesa, incluíndo ao propio fillo de Constanza de Sicilia, Afonso III o Liberal. Alí permaneceu sepultado o cadáver da esposa de Pedro III durante varios séculos, até que en 1835 o Convento de San Francisco foi demolido, e a maioría dos restos das persoas reais alí sepultadas, incluíndo a raíña Constanza e ao seu fillo Afonso, foron trasladados á Catedral de Barcelona, a instancias da raíña Isabel II de España, a súa descendente.[11]

    No século XX, os restos da raíña foron colocados nun sepulcro, no lado esquerdo do altar maior da Catedral de Barcelona, no que tamén se encontran os restos mortais doutras dúas raíñas de Aragón, a raíña María de Chipre, esposa de Xaime II de Aragón, e a raíña Sibila de Fortiá, cuarta esposa de Pedro IV o Cerimonioso. No mesmo sepulcro tamén descansan os restos da raíña Leonor de Aragón, raíña de Chipre polo seu matrimonio con Pedro I de Chipre, e neta de Xaime II de Aragón. Os sepulcros, nos que os restos das raíñas se depositaron en 1998, foron realizados polo artista catalán Frederic Marès.

    Os actuais Borbóns de España, de Nápoles (Borbón-Dúas Sicilias) e de Parma (Borbón-Parma), son os únicos descendetes, a través de Constanza, de Frederico II e dos Hauteville: o último varón dos Hohenstaufen foi Conrradino, executado en Nápoles o 29 de outubro de 1268.[12]

    Descendencia[editar | editar a fonte]

    O matrimonio de Constanza II de Sicilia con Pedro III de Aragón tivo os seguintes fillos:[1][13]

    Antepasados[editar | editar a fonte]

    Antepasados de Constanza II de Sicilia (tres xeracións)
    Constancia II de Sicilia Pai:
    Manfredo de Sicilia
    Avó paterno:
    Frederico II Hohenstaufen, emperador do Sacro Imperio
    Bisavó paterno:
    Henrique VI, emperador do Sacro Imperio
    Bisavoa paterna:
    Constanza de Sicilia
    Avoa paterna:
    Bianca Lancia
    Bisavó paterno:
    Descoñecido
    Bisavoa paterna:
    Descoñecida
    Nai:
    Beatriz de Savoia
    Avó materno:
    Amadeu IV de Savoia
    Bisavó materno:
    Tomé I de Savoia
    Bisavoa materna:
    Margarida de Xénova
    Avoa materna:
    Margarida de Borgoña
    Visavó naterno:
    Hugo III, duque de Borgoña
    Visavoa materna:
    Beatriz de Albon

    Veneración[editar | editar a fonte]

    Pola súa vida virtuosa, que influíu na dos seus fillos (incluíndo a Santa Isabel de Portugal), pronto comezou a ser venerada e falouse das aparicións aos seus fillos Frederico e Xaime. Foi finalmente proclamada beata pola Igrexa pola súa actitude favorábel á política papal. A súa festa celébrase o 17 de xullo.

    Constanza II de Siclia na literatura[editar | editar a fonte]

    Dante lóaa no Purgatorio (III, 143), da Divina Comedia, chamándoa a buona Costanza.

    «Poi sorridendo disse: "Io son Manfredi,

    nepote di Costanza imperadrice;
    ond'io ti priego che, quando tu riedi,
    vadi a mia bella figlia, genitrice
    de l'onor di Cicilia e d'Aragona,
    e dichi 'l vero a lei, s'altro si dice.
    ...
    Vedi oggimai se tu mi puoi far lieto,
    revelando a la mia buona Costanza
    come m' hai visto, e anco esto divieto;

    ché qui per quei di là molto s'avanza"».

    Dante Alighieri, Divina Comedia, Purg. c. III, vv. 112-117 e 142-145.

    Predecesor:
    Carlos I de Sicilia
    Raíña de Sicilia
    (Xunto a Pedro III de Aragón)

    12821285
    Sucesor:
    Xaime I

    Notas[editar | editar a fonte]

    1. 1,0 1,1 1,2 Albertí i Casas, Elisenda 2007, pp. 59-72.
    2. 2,0 2,1 2,2 Constanza of Sicily en Sicily/Naples: counts & kings, Cap. 3. Projets MedLands (en inglés)
    3. Pierotti Cei, Lia 1995, p. 214.
    4. Beata Costanza d’Aragona.
    5. Runciman, Steven 2009, pp. 100 e 119.
    6. Pierotti Cei, Lia 1995, p. 22.
    7. Soldevila, Ferran 1995a, p. 90.
    8. Runciman, Steven 2009, p. 55.
    9. Vísperas Sicilianas. En ecwiki, Enciclopedia católica on line (en castelán). Consultada o 3 de novembro de 2016.
    10. Pierotti Cei, Lia 1995, p. 120.
    11. Runciman, Steven 2009, p. 234.
    12. Pierotti Cei, Lia 1995, p. 158.
    13. Aragon, kings. Cap. 3. Kings of Aragon (Condes de Barceloa) en Projets MedLands (en inglés)

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Bibliografía[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]

    Ligazóns externas[editar | editar a fonte]