Consellería do Medio Rural
Consellería do Medio Rural | |
---|---|
Tratamento | Excelentísimo señor |
Ámbito | Comunidade Autónoma de Galicia |
Designado por | Presidencia da Xunta |
Duración | Catro anos, sen límite de mandatos |
Creación | outubro de 2015 (como tal) |
Primeiro titular | Alfredo Suárez Canal |
Sitio web | mediorural.xunta.gal |
A Consellería do Medio Rural é unha consellería da Xunta de Galicia con competencias na xestión e promoción da agricultura, da gandaría, dos produtos con denominación de orixe, e da política forestal. O seu titular actual é José González Vázquez.
Historia
[editar | editar a fonte]A consellería de Medio Rural e do Mar é, a pesar das mudanzas de nomes, unha das máis estables da historia dos gobernos autonómicos en canto a funcións e competencias. A variación máis importante foi a incorporación, entre 1983 e 1986 das políticas relacionadas coa pesca e a acuicultura que antes, coma o foron despois, tiveron unha consellería de seu. Estas competencias foron recuperadas trala remodelación de goberno producida en 2012. Non obstante, en 2015 a Consellería divídese en Consellería do Medio Rural, dirixida por Ángeles Vázquez, e a Consellería do Mar, dirixida por Rosa Quintana.
Conselleiros
[editar | editar a fonte]- Jaime Rey de Roa (1982-1984). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
- Fernando Garrido Valenzuela (1984-1986). A partir de 1985, como conselleiro de Agricultura, Pesca e Alimentación e uns meses despois, como conselleiro de Agricultura.
- Ángel Ruiz Fidalgo (1986-1987).
- Francisco Sineiro (1987-1990).
- Xosé Manuel Romay Beccaría (1990-1991). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Forestal.
- Tomás Pérez Vidal (1991-1997). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes.
- Cástor Gago (1997-2001). Como conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
- Xoán Manuel Diz Guedes (2001-2004). A partir de 2001, uns meses máis tarde, como conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
- José Antonio Santiso Miramontes (2004-2005).
- Alfredo Suárez Canal (2005-2009). Como conselleiro de Medio Rural.
- Samuel Juárez (2009-2012).
- Rosa Quintana (2012-2015). Como conselleira de Medio Rural e do Mar.
- Ángeles Vázquez Mejuto (2015-2018). Como conselleira de Medio Rural.
- José González Vázquez (2018-).
Estrutura interna
[editar | editar a fonte]Secretarías e direccións xerais
[editar | editar a fonte]Ademais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, que ocupa Joaquín Macho Canales[1], a consellería do Medio Rural conta coas seguintes secretarías e direccións xerais:[2]
- Dirección Xeral da Defensa do Monte: Manuel Rodríguez Vázquez
- Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal: José Luis Chan Rodríguez
- Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias: José Balseiros Guinarte
- Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural: Inés Santé Riveira
Entes asociados
[editar | editar a fonte]As seguintes entidades están asociadas á consellería:[3]
- Fondo Galego de Garantía Agraria
- Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
- Axencia Galega de Calidade Alimentaria
Outros entes
[editar | editar a fonte]- Bantegal, que xestiona o Banco de Terras de Galicia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "DECRETO 95/2023, do 22 de xuño, polo que se nomea secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural a Joaquín Macho Canales". Diario Oficial de Galicia.
- ↑ "Organigrama da Consellería do Medio Rural". Consellería do Medio Rural.
- ↑ "Entidades adscritas". Consellería do Medio Rural.