Consellería do Mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Consellería de Pesca")

A Consellería de Mar foi unha consellería da Xunta de Galicia con competencias en pesca, acuicultura e instalacións portuarias. A súa última titular foi Rosa Quintana.

Historia[editar | editar a fonte]

A consellería de Mar naceu con nome de consellería de Pesca en 1982, xa no primeiro goberno autonómico de Xerardo Fernández Albor. En todos estes anos mudou en varias ocasións de nome, pero non modificou de forma considerable as súas competencias ata que en 2009 se fixo cargo da xestión dos Portos de Galicia, que ata daquela pertenceran á consellería de Política Territorial. Porén, entre 1984 e 1986 foi integrada na consellería de Agricultura. En 2012 volveu fusionarse con esta, nesa altura xa chamada Consellería do Medio Rural. Foi novamente creada en outubro de 2015[1]

Conselleiros[editar | editar a fonte]

  1. José Baldomero Fernández Calviño (1979-1982). Como conselleiro de Pesca.
  2. Ramón Díaz del Río (1982-1983). Como conselleiro de Pesca.
  3. Xoán Manuel Páramo Neira (1986-1987). Como conselleiro de Pesca, Marisqueo e Cultivos Mariños.
  4. Xosé Henrique Rodríguez Peña (1987-1990). Como conselleiro de Pesca.
  5. Henrique López Veiga (1990-1993). Como conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
  6. Xoán Caamaño (1993-1997).
  7. Amancio Landín Jaraiz (1997-2001).
  8. Henrique López Veiga (2001-2005). Primeiro como conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, e despois duns meses, aínda en 2001, como conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos.
  9. Carmen Gallego (2005-2009).
  10. Rosa Quintana (2009-2012). Como conselleira de Mar.
  11. Rosa Quintana (2015-). Como conselleira de Mar.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]