Gardacostas de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gardacostas de Galicia
Escudo del Servicio de Guardacostas de Galicia.svg
Escudo dos Gardacostas de Galicia.
Información xeral
Formación 21 de abril de 2004 (14 anos)
Precedente Servizo de Busca e Salvamento (1990)
Xurisdición Entre outras: Actividade marisqueira e pesqueira en Galicia.
Sede central Sar, 75 - 15703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Empregados 239
Medios aéreos: 18 pilotos, 9 operadores de guindastre, 9 rescatadores, 10 técnicos de mantemento e 1 administrativo.
Sitio web
gardacostas.xunta.gal

O Servizo de Gardacostas de Galicia, tamén coñecido de modo extraoficial como Gardacostas de Galicia, é o organismo encargado de velar pola garda costeira, vixilancia pesqueira, busca e salvamento e protección do medio mariño nas augas da comunidade autónoma de Galicia, España. Depende directamente da Consellería do Mar por medio da Subdirección Xeral de Gardacostas.

A súa fundación coma corpo de gardacostas data do ano 2004, a raíz da promulgación da Lei 2/2004, de 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia.[1] O corpo de gardacostas naceu a partir de servizos que xa estaban a funcionar Galicia, como eran o Servizo de Vixilancia Pesqueira e o Servizo de Busca e Salvamento. No servizo traballan 239 persoas (incluído persoal colaborador doutras empresas) [2], entre eles 112 axentes [3] e conta con 2 helicópteros, 19 embarcacións, 60 vehículos e 3 camionetas [4].

Historia[editar | editar a fonte]

Dende a promulgación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1981, a comunidade autónoma de Galicia dispón de exclusividade en competencias de materia de pesca en augas interiores, marisqueo e acuicultura, e de desenvolvemento e execución da lexislación española en materia de ordenación do sector pesqueiro.[5]

En base a esas competencias, o Parlamento de Galicia aprobou a súa primeira normativa en materia pesqueira, a Lei 5/1985, de 11 de xuño, de sancións en materia pesqueira, marisqueira e de cultivos mariños. Esta normativa, quedaría posteriormente derogada pola Lei 6/1991, de 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros, que sentaría as bases para a creación do Servizo de Inspección e Vixilancia pesqueira.[6]

O mesmo tempo, en abril do ano 1990, a Consellería de Pesca, creou o Servizo de Busca e Salvamento, co obxectivo de «mellorar a calidade de vida do pescador galego». A necesidade da creación dun servizo de busca e salvamento propio naceu a raíz dos numerosos accidentes marítimos nas costas de Galicia, e na falta dun servizo de salvamento a nivel estatal, xa que non sería ata dous anos mais tarde cando nacese a Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima. Este servizo constituíuse coma o primeiro deste tipo en España, e o segundo en Europa, sendo pioneiro no emprego de medios aéreos civís para as misións de salvamento.[7]

Tras unha década dende a creación de estes dous servizos, estimouse necesaria a creación dunha estrutura única, tendo en conta a nova situación socioeconómica do sector e do tráfico marítimo. En 2004 promulgouse a Lei 2/2004, de 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia,[1] que englobaba todas estas funcións.

IP-601 «Punta Roncadoira» en Celeiro.
IP-700 «Paio Gómez Chariño» en Vigo.
O «Sebastián de Ocampo» en Viveiro.
O buque «Irmáns García Nodal» en Vigo.

Unidades de intervención[editar | editar a fonte]

Para a realización das súas tarefas, o Servizo de Gardacostas de Galicia dispón de distintos medios marítimos e aéreos. Dentro das unidades marítimas dispón dun total dun buque remolcador, o Sebastián de Ocampo, un buque de salvamento e inspección marítima, o Irmáns García Nodal, e varias embarcacións de patrulla. As unidades aéreas están formadas por dous helicópteros Sikorsky S-76, mais un terceiro helicóptero para cubrir as paradas de mantemento.

Unidades marítimas[editar | editar a fonte]

Embarcacións do Servizo de Gardacostas de Galicia
Código Nome Ano Estado Base Observacións
IP-601 Punta Roncadoira En servizo Viveiro Embarcación da Clase Rodman-58.
IP-208 Os Cairos En servizo Viveiro Embarcación tipo Zodiac.
IP-309 A Miranda En servizo Ferrol
IP-120 Serra do Galiñeiro En servizo A Coruña
IP-303 Illa Vionta En servizo A Coruña
IP-600 Punta Festiñazo En servizo Muxía Embarcación da Clase Rodman-58.
Illas Sisargas En servizo Muxía Embarcación tipo Zodiac
IP-117 Punta Faladoira En servizo Porto do Son
IP-312 Illa de Onza En servizo Porto do Son
IP-123 María de Pazos En servizo Ribeira
IP-118 Pena Forcadas En servizo Ribeira
IP-311 Illas Malveiras En servizo Ribeira
IP-112 Xistral En servizo Ribeira
Gaivotiña En servizo Ribeira Exhibición e ás veces Inspección
IP-122 Serra do Faro En servizo Vilagarcía de Arousa
IP-308 Illa de Cortegada En servizo Vilagarcía de Arousa
IP-119 Pena Trevinca En servizo Pontevedra
IP-209 María Figueroa En servizo Pontevedra Embarcación tipo Zodiac
IP-121 Serra do Caurel En servizo Pontevedra
IP-111 Serra do Barbanza En servizo Vigo
IP-310 Illa de San Simón En servizo Vigo
Valentín Paz Andrade En servizo Vigo Buque Escola e Inspección
IP-700 Paio Gómez Chariño En servizo Itinerante Embarcación da Clase Rodman-101
Sebastián de Ocampo 2005 En servizo Itinerante Buque remolcador
Irmáns García Nodal 2005 En servizo Itinerante Embarcación de inspección e salvamento
Sikorsky S-76 Pesca 1 en Vigo.
Pesca 2 en Viveiro.

Unidades aéreas[editar | editar a fonte]

Os medios aéreos do Servizo de Gardacostas de Galicia son dous helicópteros coñecidos como «Pescas», máis un empregado para coberturas de mantemento. Son as sequintes aeronaves:

Aeronave Orixe Matrícula Versión Base Observacións
Sikorsky S-76 Estados Unidos de América Estados Unidos EC-JES S-76C+ Aeroporto de Vigo Coñecido coma Pesca 1. Propiedade da Xunta de Galicia e operado por Helicsa.[8]
Sikorsky S-76 Estados Unidos de América Estados Unidos EC-JET S-76C+ Heliporto Costa Norte Coñecido coma Pesca 2. Propiedade da Xunta de Galicia e operado por Helicsa.[9]
Eurocopter Dauphin Flag of France.svg Francia EC-HIM AS-365N-2 Dauphin 2 Heliporto Costa Norte Basado en Viveiro para coberturas. Unidade alugada a Helicsa. Anteriormente operou dende a mesma base, antes de ser substituído polo Sikosrky S-76.[10]

Tamén, con anterioridade, outros modelos de helicópteros foron empregados coma medios aéreos do Servizo de Gardacostas de Galicia coma «Pescas»:

Aeronave Orixe Matrícula Versións Base Observacións
Eurocopter Dauphin Flag of France.svg Francia EC-HCL AS-365N-2 Dauphin 2 Aeroporto de Vigo Empregado coma Pesca 1.[11]
Agusta-Bell 212 Italia Italia/Estados Unidos de América Estados Unidos EC-FBM AB-212 Heliporto Costa Norte Empregado coma Pesca 2.[12]
Agusta-Bell 212 Italia Italia/Estados Unidos de América Estados Unidos EC-FBL AB-212 Aeroporto de Vigo Empregado coma Pesca 1.[13]
Agusta-Bell 412 Italia Italia/Estados Unidos de América Estados Unidos EC-GSK AB-412 Aeroporto de Vigo Empregado coma Pesca 1.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Lei 2/2004, de 21 de abril, pola que se crea o Servizo de Gardacostas de Galicia.". DOGA. Consultado o 8 de setembro de 2017. 
  2. "Estrutura", Gardacostas de Galicia
  3. "Mar reforzará el Servizo de Gardacostas incorporando quince nuevos agentes", La Voz de Galicia, 28 de decembro de 2017
  4. "Medios", Gardacostas de Galicia
  5. "ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA - Título II: Das Competencias de Galicia". Xunta de Galicia. Consultado o 15 de xaneiro de 2011. 
  6. "Lei 6/1991, de 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros. (Vixente ata o 20 de febreiro de 2005)" (PDF). Parlamento de Galicia. Consultado o 8 de setembro de 2017. 
  7. Rodríguez Somoza, E. P. (11 de agosto de 2010). "Los guardacostas celebran 20 años y más de 1.300 rescates". ABC. Consultado o 15 de xaneiro de 2011. 
  8. FOTOS, J.A. "LEVX_EC-JES_Sikorsky S76C+". flickr. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  9. Pernas, Enrique. "Sikorsky S 76 C+ (EC-JET) @ Helipuerto Costa Norte". flickr. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  10. Pernas, Enrique. "Eurocopter AS-365N2 Dauphin II EC-HIM @ Helipuerto Costa Norte". flickr. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  11. Bobadilla, Javier F. "Picture of the EC-HCL Aerospatiale AS-365N-2 Dauphin 2 aircraft - Xunta de Galicia". airliners.net. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  12. Acuña, Fabio. "Picture of the EC-FBM Bell 212 Twin Two-Twelve aircraft - Xunta de Galicia". airliners.net. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  13. Acuña, Fabio. "Picture of the EC-FBL Bell 212 Twin Two-Twelve aircraft - Xunta de Galicia". airliners.net. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 
  14. Acuña, Fabio. "Picture of the EC-GSK Bell 412 aircraft - Helicsa". airliners.net. Consultado o 16 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]