Ramón Díaz del Río
Ramón Díaz del Río | |
---|---|
Nacemento | 11 de decembro de 1940 |
Lugar de nacemento | Vigo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramón Díaz del Río Jáudenes, nado en Vigo o 11 de decembro de 1940, é un enxeñeiro naval e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciado na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Navais de Madrid (1968), traballou en diversas empresas do sector naval.
Militante de Alianza Popular foi conselleiro de Pesca (1982-1983) e de Industria, Enerxía e Comercio (1984-1985) da Xunta de Galicia. Foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento de Galicia 1985, pero deixou o seu escano en 1987 cando foi elixido deputado nas eleccións ao Parlamento Europeo de 1987. De 1988 a 1989 foi vicepresidente da delegación para as relacións cos países do Magreb do Parlamento Europeo. En 1996 foi nomeado director xerente da Fundación Provigo.
Predecesor: Baldomero Fernández Calviño |
![]() Conselleiro de Pesca 1982 - 1983 |
Sucesor: Juan Manuel Páramo Neira |
Predecesor: Juan Manuel de la Fuente |
![]() Conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio 1984 - 1985 |
Sucesor: Luciano Asorey |
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ramón Díaz del Río Jaudenes na EGU.
- Ficha do Parlamento Europeo Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)